viernes, 13 de noviembre de 2009

RECOMENDAMOS AOS PROPIETARIOS DOS TERREOS DE CADRECHE QUE COBREN, NADA DE FINANCIAR Ó CONCELLO

En data 26/10/07 os Socialistas, denunciabamos nos medios de comunicación o mal estado das instalacións do campo de fútbol do Xobre. Naquel entón diciamos que a iluminación era insuficiente, os vestiarios escasos, con pouca hixiene e fallaba a auga quente. Afirmabamos que faltaba area no recinto de xogo e que afloraban pequenas pedras e que os rapaces se lesionaban frecuentemente.
Solicitabámoslle ó Concello que corrixira todas estas deficiencias e que planificara as actividades deportivas no campo da Alta.

Pasaron, nada menos, que dous anos e o concello fai caso omiso as reivindicacións feitas polos socialistas en nome do colectivo de usuarios do campo do Xobre, e o máis grave, que é incapaz de resolver e solucionar os problemas que afectan ao deporte da vila. Nos ofrecen a tódolos veciños uns cuantos titulares de prensa ca finalidade de convencernos e que pensemos que xestionan eficazmente.

O tempo transcorrido e as hemerotecas son testemuñas da ineficacia deste goberno municipal presidido polo Sr. Isaac.

Vai sendo hora de que o equipo de goberno se conciencie da necesidade de ofrecer alternativas a mais de 200 nenos/as que adestran no campo de fútbol Ramón Franco. Non ten xustificación posible que por ter en réxime de aluguer este campo de entreno non podan practicar deporte os usuarios. Mentres non se habiliten outras alternativas para o uso deportivo é imprescindible que os vestiarios do Ramón Franco teñan condicións hixiénicas e que os poderes públicos fomenten a vida saudable a través da practica deportiva, sen que elo lle supoña riscos e lesións aos usuarios.

É inconcibible que o concelleiro de deportes diga “ que se trata dun terreo de titularidade privada e pouco se pode mellorar”, ¿E que as persoas que teñen as vivendas en aluguer están ata destruílas por completo sen arranxar o deterioro que produce a vida diaria? ¿Potencia o PP comportamentos incívicos? As persoas que teñen responsabilidades públicas, como mínimo, deben ser prudentes cos seus comentarios e tratar de ser referente para as demais persoas a través dos feitos.

Por outra banda, é importantísimo advertir aos propietarios dos terreos que pretende adquirir o concello en Cadreche, e que din que os terán comprados antes de que acabe o ano, que cando fagan a escritura pública, ante Notario, procuren cobrar o pactado. Tan sinxelo como, o terreo para o concello e os cartos para o propietario. Recordarlle que o Alcalde declaraba o día 31 de outubro, hai 11 días, e dicía: “Gracias a deus que esta mañá recibimos cartos da Xunta e da Diputación e por elo podemos pagar a extra de Navidad”. Palabras textuais do rexedor, si teñen dificultades para pagar a nómina dos empregados do concello, dificilmente lle van a pagar aos propietarios os terreos que adquiran. Recordar as dificultades e os anos que pasaron para que a familia que vendeu os muíños da Ponte Barbanza puidera cobrar, se non denunciamos os socialistas aínda agora non tiñan cobrado.

Propuxemos hai un ano a alternativa da ampliación do campo da Alta. Esta opción era a máis económica para as arcas do concello que tan endebedadas están, e concentraría a práctica do fútbol (compatibilizada co atletismo) nun estadio multifuncional. Con esta decisión incluso se abarataría o mantemento das instalacións deportivas pois na actualidade o estadio da Alta xa conta con servicios municipais.

Desbotaron esta iniciativa sen negociar a viabilidade co Ministerio de Medio Ambiente nun derroche de absolutismo e prepotencia. A consecuencia: o abandono, a desidia, a despreocupación, a ineficacia do Sr. Isaac polo deporte deste pobo.

martes, 10 de noviembre de 2009

PRIMEIRA VISITA Á POBRA DE MARISOL SONEIRA

Despois de que o pasado sábado o Congreso elixira en A Coruña novo Secretario provincial, achegouse ata A Pobra a responsable de pesca no Parlamento galego e Sª de Acción Electoral recen nomeada, Marisol Soneira Tajes quen tomou un primeiro contacto coa nosa Sª Xeral e o resto de Executiva local. Marisol, que xa é vella amiga desta agrupación, se comprometeu a facer un seguimento das necesidades e problemas que lle poidan xurdir á agrupación. A responsable de Acción electoral vai manter un contacto fluído coa nosa agrupación co obxectivo de darlle un pulo importante co reto das eleccións municipais de 2011 no horizonte.


Podedes ver a nova na Voz de Galicia


viernes, 6 de noviembre de 2009

CRISPADO E INTOLERANTE

Esta imaxenn pertenece ó Pleno de onte no Concello da Pobra. É a fotografía da crispación e do amargor per se, é a cara da rabia. O voceiro do PP non é quen de sorrir nin tan siquera nun pleno como o de onte, onde se trataba un so asunto de mero trámite; é un home incapaz de relaxarse e de dar un tono distendido aos asuntos mais triviales. Esta imaxen fala por si soa e outorga a verdadeira dimensión deste home que ve inimigos por todas partes. e que busca ensañarse co adversario político.
A man dereita e executora de Maceiras, o seu home de máxima confianza, é isto, o que vedes na fotografía.
PURA INTOLERANCIA.

lunes, 2 de noviembre de 2009

OS SOCIALISTAS FACEMOS PROPOSTAS, NOVO PLAN E:. ¡MAIS MEDIOAMBIENTE!

O PSdeG da Pobra quere aportar o seu gran de area para que o noso concello medre de xeito sostible. Co novo Plan E do Goberno de Zapatero vanse seguir facendo obras e creando emprego. Dende e para os municipios. E por iso que NÓS queremos deixar constancia da nosa inquedanza polo MEDIOAMBIENTE. Para elo vimos de presentar unha nova MOCIÖN para que o noso fermoso pobo non quede atrás, PROPOÑENDO MEDIDAS concretas e actuacións que entendemos son NECESARIAS. Deixámovos a nosa proposta e xa nos diredes que vos parece


Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a contribuír a sostenibilidade ambiental e instalar enerxías renovables nos edificios públicos municipais.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Estamos ante un desafío histórico que supón o cambio climático e o esgotamento dos combustibles fósiles. Debemos ter en conta que as decisións que tomemos van a afectar, de maneira definitiva o futuro de moitas xeracións de cidadáns. Se necesita un modelo enerxético baseado na idea de “desenrolo sostible”.

A máis importante tarefa colectiva concreta que debería ter calquera sociedade nos momentos actuais é moi clara e sinxela: diminuír radicalmente a cantidade de combustións de sustancias fósiles que conteñan carbono. Non debemos esquecer que o gasto en electricidade deste pobo debe ser importante, (descoñecemos o dato pese a ser solicitado por escrito á Alcaldía), e a instalación de enerxía renovable contribuiría a un aforro notable na factura do mes.

O modelo enerxético actual é insostible polo seu elevado nivel de consumo e de emisións contaminantes, tal e como sinala nos seus informes a Axencia Internacional da Enerxía. É necesaria unha reflexión que permita concibir un modelo enerxético orientado a garantir o subministro de enerxía e o mesmo tempo protexer o medio ambiente.

Sen lugar a dubidas, estamos ante o fin dunha era, a dos combustibles fósiles, e estamos ante o comezo dunha nova Revolución Industrial protagonizada polas enerxías renovables.

Os últimos cinco anos foron suficientes para demostrar que a aposta política e empresarial por este sector en España non é ningunha quimera. En pouco tempo as enerxías renovables conseguiron consolidarse e demostrar que posúen unhas enormes potencialidades medioambientais, económicas e industriais no noso país.

Contamos cun dos sectores de enerxías renovables máis desenrolados e dinámicos do mundo, somos líder mundial, en producción e innovación tecnolóxica.

Pódese cubrir a demanda eléctrica exclusivamente con enerxías renovables, aínda que España seguira consumindo enerxía cas altas taxas actuais, e considerando diferentes escenarios de crecemento da poboación e da actividade económica, non habería ningún problema en cubrir esa demanda con enerxías renovables si o desenrolo desas fontes de enerxías recibira o impulso adecuado.

En definitiva, temos a ocasión na Pobra do Caramiñal de poder contribuír a sostenibilidade ambiental e fomentar o uso de enerxías renovables dos edificios públicos municipais mediante a oportunidade que nos da o Real Decreto-Lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.

Poderán financiarse con cargo ó Fondo as obras destinadas a impulsar o aforro e a eficiencia enerxética, así como a accesibilidade e utilización de enerxías renovables.

Para elo, é necesario facer un estudio de viabilidade dos distintos locais municipais para poder instalar placas fotovoltaicas e termovoltaicas según as características de cada inmoble. Incluso en locais con superficie grande de tellado cabe a posibilidade de instalar paneis fotovoltaicos para a venta á empresa subministradora eléctrica.

O alumeado público nos merece unha mención especial xa que habería que substituír as lámparas convencionais por as de baixo consumo e estudiar a posibilidade de implantar pequenos paneis fotovoltaicos en cada farol.

Os parques e xardíns tamén poden contribuír a protección do medio ambiente e a un aforro importante do gasto municipal instalando luminarias alimentadas con enerxía solar.

Por todo elo, o grupo municipal socialista propón que o Pleno adopte os seguintes:

ACORDOS:

1º.- O concello da Pobra do Caramiñal fará un estudio de viabilidade de tódolos locais e instalacións municipais, para instalar placas fotovoltaicas e termovoltaicas ou outros sistemas de enerxías renovables según as necesidades de cada inmoble.

2º.- Substituiranse os equipos convencionais por equipos de baixo consumo no alumeado público, tanto no interior como no exterior de tódolos edificios e instalacións públicas, tales como parques, xardíns, prazas, aparcamentos e rúas




martes, 27 de octubre de 2009

Os socialistas cos veciños do Camiño Ancho

Acompañado dos edis da agrupación municipal socialista de A Pobra, o responsable de Infraestruturas da Deputación de A Coruña, Bernardino Rama achegouse este sábado ata o lugar do Camiño Ancho para falar cos veciños do lugar da Pedreira por mor da carencias que presenta a estrada que CP 6703.

Este vial, moi transitado por vehículos, dado que une o centro urbano da Pobra co polígono de A Tomada e a entrada Norte da Autovía, carece de sinalización vertical e horizontal, e non ten nin beirrúas nin pasos de peón. A estreiteza do vial obriga aos viandantes a ter que camiñar polas cunetas.

O veciños puxeron en coñecemento de Rama de que levan tempo movilizándose para denunciar esta situación. Xa recolleron máis de dúascentas sinaturas para demandar a dotación de elementos de seguridade vial neste tramo da estrada.

Tras coñecer a denuncia veciñal e inspeccionar a zona, Bernardino Rama comprometeuse a redactar un proxecto para mellorar a seguridade no lugar. (TVSB)

Como resultado desta acción veciñal os socialistas da Pobra presentamos onte unha MOCIÓN para que o Concello inicie os trámites necesarios ante a Deputación da Coruña.

MOCIÓN presentada polo Grupo Municipal Socialista.

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de construcción de beirarrúas na estrada CP-6703, no lugar do Camiño Ancho.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A estrada CP-6703, nas proximidades co cruce da carreteira autonómica AC-302, no Camiño Ancho, nunca foi ancheada, testemuña de elo son os enormes muros de pedra situados a ambos marxees da estrada. O ancho reducido desta vía de comunicación, no tramo final, supón un grave risco para a seguridade vial, especialmente a dos peóns.

A carón desta estrada están situadas dúas empresas dedicadas ó conxelado de túnidos e unha conserveira, polo que soporta tráfico intenso e pesado xa que posteriormente estas empresas teñen que trasladar os seus productos ó polígono industrial da Tomada para a súa elaboración, ou a autovía para a súa distribución comercial.

O Camiño Ancho, é un lugar con moita densidade de poboación, polo que consideramos imprescindible que se faga un estudio de viabilidade de dita mellora e un programa serio de seguridade viaria.

Creemos ineludible a responsabilidade de asegurar un entorno de seguridade vial aos veciños do Camiño Ancho, xa que este tramo da estrada CP-6703 soamente ten unha anchura total de 6 metros, incluídas as cunetas, polo que estimamos necesario resolver esta demanda veciñal.

E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte

ACORDO:

O Pleno do Concello insta a Excelentísima Deputación de A Coruña para que realice un presuposto e faga un programa de actuacións encamiñadas a executar as obras de construcción de beirarrúas na estrada CP-6703, no Camiño Ancho.


viernes, 16 de octubre de 2009

¡LAMENTABLE O ABANDONO DO RIO PEDRAS!

Dende o grupo municipal socialista da Pobra vimos a denunciar as condicións de abandono tan lamentables nas que se atopa o merendeiro, a carón do Río Pedras. O lugar é bonito, fresco, tranquilo,... precioso.

Este e outro espacio público abandonado, nas mesmas condicións que o paseo marítimo de Cabío. O Sr. Isaac é un gran afeccionado ás inauguracións, soamente quere obras novas pero esquecese sempre despois de facerlle o mantemento.

Este lugar sufre falta de limpeza e conservación, non se cortaron as herbas durante todo o verán, os farois están rotos desde hai meses, non alumean, o mobiliario urbano (mesas e bancos) deteriorado, ...

Estamos cansos de escoitar dicir ó Sr. Isaac, que a Pobra naceu bonita e sigue sendo bonita, ¿Non será polo que el a está coidando? Exceptuamos os Xardíns Valle-Inclán.

Nos membretes oficias do municipio figura o lema “municipio de interese turístico”, e esta é una mostra clara de amosar ós pobrenses o abandono e falta de mantemento dos espacios de lecer do noso concello. Habilitouse un espacio público como merendeiro é esquecéronse de limpalo e de facer o mantemento do mesmo durante máis dun ano.

Os Socialistas da Pobra esiximos ó equipo de goberno a limpeza, mantemento e acondicionamento de tódolos espacios públicos para o disfrute dos veciños e das persoas que nos visiten.
En resumo, fáisenos un tanto raro as manifestacións que fai o noso mandatario dicindo ata a saciedade que “é imprescindible o fomento do turismo para o desenrolo do noso pobo” e logo teña en semellante estado de abandono os nosos reclamos turísticos. Iso chámase incoherencia.


miércoles, 14 de octubre de 2009

¿HABÍA CORRUPCIÓN NO PP O 1 DE MARZO, O SABÍAN FEIJO9 E MARIANO?


Quizá moita xente se ten esquecido de todo o que levan soportado Zapatero e o PSOE respecto da trama Gürtel, o caso mais escandaloso de corrupción política da recente historia da democracia neste país. Quizá ninguén lembre xa as non moi lonxanas declaracións de doña Cospedal asegurando que o Goberno espiaba as conversas dos seus políticos e imputaba ¡¡DELITOS!! ao goberno de Zapatero. É posible así mesmo, que teñamos caído na desmemoria colectiva no caso mais aberrante de sucidade no xogo político, a saber, as eleccións autonómicas do 1 de marzo nas que numerosas falacias vertidas dende o PP non deixaban títere con cabeza. A falaz mansedume de Alberto Núñez Feijoo e de Mariano Rajoy quedan postas en evidencia ante o espectáculo lamentable que estase a dar dende Génova, dende a mesmísima médula do PP. Si hai uns días Esperanza Aguirre se desfacía duns cuantos diputados, que ata hai dous días eran da súa confianza máxima, como López Viejo, coma si ela estivera ao marxe, libre de pecado e protexida de toda perturbación, cando o caso Gürtel afecta de pleno a políticos do PP en Madrid, hoxe é Jaume Matas, ex presidente de Baleares o que engrosa os titulares de toda a prensa nacional: o xuíz o cita como IMPUTADO nun caso de corrupción flagrante, onde a xustiza investiga si Matas incrementou o seu patrimonio coa construción do velódromo de Palma Arena.

Sen falar de traxes, reloxos e coches de luxo e outros agasallos, como demostra o sumario do Gürtel, nós preguntámonos que fan Pablito Crespo ou Pilar Farjas en todo este engrenaxe e ata que punto o PPdeG ten actuado de xeito fraudulento.

Lembremos por exemplo o coche que Citröen regalou no seu día ao actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Naqueles intres o PSdeG calou para non baleirar o contedor do lixo nun exercicio de responsabilidade política. Visto o que está a acontecer vai resultar ó final que a verdadeira corrupción a estaban practicando os dirixentes do PPdeG, mentres daban por bo aquel dito popular (do pobo) que reza Cre o ladrón que todos son da súa condición.

Xa veremos ata onde vai salpicar o Gürtel. De momento xa lle cortaron a cabeza ó PPijo de Costa por non lla cortar a Camps de momento...¡todo un President!. Mariano está a tremer coma un flan. Co ben que lle ía a el, estoupando a crise e asoballando a Zapatero, e agora o que lle estoupou foi unha granada de lixo corrupto no mesmísimo corazón de Génova.

¿Sabían Níñez Feijo9 e Mariano a implicación de Crespo nesta trama, hai algo mais detrás? A actual Conselleira Farjas contratou unha campaña sobre as vacas tolas a unha empresa do Gürtel en 2001 ¿Estaba vencellada á mesma? Todo esto e moito mais preguntámonos dende o PSdeG.

O PPdeG ten moito que lle explicar ós galegos respecto do comportamento de Pablo Crespo, Carlos Negreira e Núñez Feijoo. Que vain poñendo as súas barbas a remoxo. E a Cospedal que a cesen tamén, que algúns non esquecemos a infamia.