“A punto de cumplirse cinco años de la promulgación de la Ley Integral de Medidas Urgentes contra la Violencia de Género, es hora de reconocer aún más lo que esta Ley ha supuesto para la sociedad española y también su trascendencia a nivel mundial: esta medida legal ha sido imprescindible para que la mentalización social en contra de estos crímenes haya calado hondo en la sociedad y, ha tenido y tiene, especial trascendencia para conseguir la protección de las víctimas de malos tratos, y la figura de respeto y dignidad que han obtenido las mujeres a lo largo de estos años.
La Ley Integral ha demostrado ser un eficaz instrumento: muchos han sido los malos tratos evitados y los asesinatos no cometidos que, gracias a la valentía de las víctimas y a la colaboración ciudadana, se han impedido. Muchas son las mujeres que son, han sido y serán protegidas y salvadas de una certera situación de grave riesgo físico y psíquico y muchos también los menores y mayores que han podido salir de la espiral de terror, crueldad y violencia que los malos tratos significan, gracias a esta Ley y a su desarrollo. Pero también han sido muchas las personas que, gracias a las referencias marcadas por la Ley Integral, han llegado a identificar y a rechazar la violencia que había en costumbres y hábitos disfrazados de normalidad.
En este tiempo, las campañas de mentalización social han producido sus frutos y los enormes medios con que la Ley ha estado dotada, han sido fundamentales para aminorar los catastróficos efectos de este terrible atavismo. Pero, como toda Ley que nació para ser eficaz y que desea serlo, debe tener recorrido y debe ser complementada y perfeccionada a la vista de los datos que nos muestren los resultados de su aplicación.
Esta imagen, tergiversada y malévola, cala en lo más hondo de personas jóvenes que están formando su personalidad y les hace reproducir tan terrible violencia, lo que conlleva a que la edad de maltratadores y víctimas sea cada vez menor y que los casos de maltrato hayan aumentado en las franjas de edad inferior a 30 años.
Debemos, pues, trabajar para que la percepción social de la mujer no siga siendo sesgada, de dependencia ni de dominación. La educación en valores democráticos implica colocar el papel de la mujer como persona en igualdad de derechos y para ello, la educación, tanto en la familia como en el aula, debe ser el eje de nuestras próximas actuaciones de manera prioritaria. El desarrollo de programas específicos contra la Violencia de Género en las Escuelas, Institutos y Universidades debe abordarse como base fundamental, como el puntal definitivo para terminar con la violencia de género. Pero también un compromiso más explícito en los padres y en las madres para que cuestionen todo aquello que contribuya a la perpetuación de los roles de la desigualdad, y para que manden mensajes directos a sus hijos y a sus hijas: no se te ocurra controlar a una mujer, y no te dejes nunca controlar por un hombre.
Queda mucho trabajo por hacer y no sólo en España: baste decir que aún existen países en Europa que ni siquiera cuantifican los asesinatos por violencia de género y en los que éstos no son considerados como específicos de violencia contra las mujeres. Es este un problema que habrá que intentar subsanar durante la Presidencia Española de la Unión Europea, a partir de Enero de 2010 y para lo que ya se ha anunciado un primer paso definitivo: la creación del Observatorio Europeo de Violencia de Género y la puesta en marcha de la Orden de Protección Europea, que implicaría un nivel de protección uniforme para las víctimas de violencia de género en todos los Estados de la Unión.
Estamos en un momento en que la sociedad debe asir, aún con más decisión, las riendas del cambio de valores en nuestros y nuestras jóvenes y hacer un llamamiento general al respeto, a la dignidad, al valor social imprescindible de las mujeres como sujetos poseedores de los derechos fundamentales a la libertad, a la igualdad y a la integridad.
El futuro no es sólo la llegada del tiempo esperado, el futuro debe ser construido, y esa construcción debe ser levantada sobre los pilares de los derechos humanos, de todos ellos, si falta alguno, como ahora sucede con la Igualdad, el futuro nunca llegará. Será como dar vueltas, atrapados en un agujero negro en el que el pasado siempre aparecerá amenazante. Es cierto que todos debemos construir el futuro, pero también es verdad que la aportación de los jóvenes y las jóvenes es decisiva para que el espacio conquistado sea un lugar de convivencia, donde se encuentren la igualdad con la libertad, y la justicia con la dignidad. Y entonces, simplemente, convivir”.
Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de construír unha depuradora para o polígono industrial da Tomada.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Goberno de España volveu a confiar nos concellos aprobando con data 23 de outubro de 2009 o Real Decreto-Lei polo que se crea o fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local, dotado con 5.000 millóns de euros e destinado como a súa propia denominación indica, a financiar inversións realizadas polos Concellos que sexan xeradoras de emprego a corto prazo, así como actuacións de competencia municipal que contribuían a sostenibilidade económica, social e ambiental.
Tendo en conta que á Pobra do Caramiñal correspóndelle un total de 1.073.938 euros e con elo o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero da un notable impulso ás políticas que promovan o desenrolo sostible, dende o punto de vista medioambiental, co fin de seguir avanzando na protección do noso mellor patrimonio natural.
O equipo de goberno da Pobra, é incapaz de tomar medidas por mor dos continuos vertidos de orixe industrial que denunciamos reiteradamente. Non se contempla un plan de saneamento que é imprescindible para solucionar a problemática sanitaria e medioambiental que implican os permanentes vertidos de orixe industrial a ría de Arousa.
Conscientes do desastre medioambiental, así como da nula conciencia ecolóxica mostrada polo goberno municipal, que permite que o río Morto se tiña de cores, se queimen colleitas, se prexudique aos mariscadores, mexilloeiros, os socialistas propoñemos a construcción dunha depuradora para o polígono industrial da Tomada.
Esta construcción cambiaría radicalmente a relación co entorno, pois solucionaríanse os problemas de adecuación ambiental e o polígono industrial pasaría a converterse nese bo veciño que tódalas empresas do polígono deberían chegar a ser.
No ano 2000, fíxose unha inversión de 3,6 millóns de euros (600 millóns de pts) para substituír a antiga depuradora que quedou colapsada polos residuos industriais. En previsión de que esta depuradora non corra a mesma sorte que a anterior, debido a permisividade que demostran os responsables municipais o longo de máis de 10 anos de goberno e co fin de optimizar e liberar a carga que soporta na actualidade é polo cal facemos esta proposta.
A actual EDAR, situada na Ponte de San Antonio, ten unhas balsas de decantación na que na superficie soamente ten que haber auga, sen residuos, pero acontece que moitas veces estas balsas están cheas de espuma branca, cubertas cun manto de graxa ou con residuos sólidos en suspensión (restos de pota, calamar, túnidos, ...). Coméntannos os expertos, que de seguir ca mesma tolerancia mostrada ata o de agora pode haber un risco de consecuencias desastrosas para a ría. Se houbera unha avaría terían que abrir as comportas, o cal quere dicir que a contaminación estaría asegurada para as augas do noso litoral.
Que menos que o goberno local da Pobra fixera este esforzo, xa que indicaba a vontade decidida de non mirar para outro lado, tal e como ven sucedendo, dando facilidades ás empresas para que liberen os seus residuos, porque ó grupo municipal socialista nos preocupa o benestar das empresas para que sexan xeradoras de emprego e riqueza.
Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1º.- Que o equipo de goberno da Pobra do Caramiñal faga as xestións necesarias para ubicar unha depuradora no recinto industrial da Tomada.
2º.- Que se proceda a construcción dunha depuradora no polígono industrial da Tomada, podendo ser impulsada polo fondo Estatal para o emprego e a Sostenibilidade Local xa que está encadrada no obxecto e finalidade do mesmo.
O PSdeG da Pobra quere aportar o seu gran de area para que o noso concello medre de xeito sostible. Co novo Plan E do Goberno de Zapatero vanse seguir facendo obras e creando emprego. Dende e para os municipios. E por iso que NÓS queremos deixar constancia da nosa inquedanza polo MEDIOAMBIENTE. Para elo vimos de presentar unha nova MOCIÖN para que o noso fermoso pobo non quede atrás, PROPOÑENDO MEDIDAS concretas e actuacións que entendemos son NECESARIAS. Deixámovos a nosa proposta e xa nos diredes que vos parece
Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a contribuír a sostenibilidade ambiental e instalar enerxías renovables nos edificios públicos municipais.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Estamos ante un desafío histórico que supón o cambio climático e o esgotamento dos combustibles fósiles. Debemos ter en conta que as decisións que tomemos van a afectar, de maneira definitiva o futuro de moitas xeracións de cidadáns. Se necesita un modelo enerxético baseado na idea de “desenrolo sostible”.
A máis importante tarefa colectiva concreta que debería ter calquera sociedade nos momentos actuais é moi clara e sinxela: diminuír radicalmente a cantidade de combustións de sustancias fósiles que conteñan carbono. Non debemos esquecer que o gasto en electricidade deste pobo debe ser importante, (descoñecemos o dato pese a ser solicitado por escrito á Alcaldía), e a instalación de enerxía renovable contribuiría a un aforro notable na factura do mes.
O modelo enerxético actual é insostible polo seu elevado nivel de consumo e de emisións contaminantes, tal e como sinala nos seus informes a Axencia Internacional da Enerxía. É necesaria unha reflexión que permita concibir un modelo enerxético orientado a garantir o subministro de enerxía e o mesmo tempo protexer o medio ambiente.
Sen lugar a dubidas, estamos ante o fin dunha era, a dos combustibles fósiles, e estamos ante o comezo dunha nova Revolución Industrial protagonizada polas enerxías renovables.
Os últimos cinco anos foron suficientes para demostrar que a aposta política e empresarial por este sector en España non é ningunha quimera. En pouco tempo as enerxías renovables conseguiron consolidarse e demostrar que posúen unhas enormes potencialidades medioambientais, económicas e industriaisno noso país.
Contamos cun dos sectores de enerxías renovables máis desenrolados e dinámicos do mundo, somos líder mundial, en producción e innovación tecnolóxica.
Pódese cubrir a demanda eléctrica exclusivamente con enerxías renovables, aínda que España seguira consumindo enerxía cas altas taxas actuais, e considerando diferentes escenarios de crecemento da poboación e da actividade económica, non habería ningún problema en cubrir esa demanda con enerxías renovables si o desenrolo desas fontes de enerxías recibira o impulso adecuado.
En definitiva, temos a ocasión na Pobra do Caramiñal de poder contribuír a sostenibilidade ambiental e fomentar o uso de enerxías renovables dos edificios públicos municipais mediante a oportunidade que nos da o Real Decreto-Lei 13/2009, do 26 de outubro, polo que se crea o Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local.
Poderán financiarse con cargo ó Fondo as obras destinadas a impulsar o aforro e a eficiencia enerxética, así como a accesibilidade e utilización de enerxías renovables.
Para elo, é necesario facer un estudio de viabilidade dos distintos locais municipais para poder instalar placas fotovoltaicas e termovoltaicas según as características de cada inmoble. Incluso en locais con superficie grande de tellado cabe a posibilidade de instalar paneis fotovoltaicos para a venta á empresa subministradora eléctrica.
O alumeado público nos merece unha mención especial xa que habería que substituír as lámparas convencionais por as de baixo consumo e estudiar a posibilidade de implantar pequenos paneis fotovoltaicos en cada farol.
Os parques e xardíns tamén poden contribuír a protección do medio ambiente e a un aforro importante do gasto municipal instalando luminarias alimentadas con enerxía solar.
Por todo elo,o grupo municipal socialista propón que o Pleno adopte os seguintes:
ACORDOS:
1º.- O concello da Pobra do Caramiñal fará un estudio de viabilidade de tódolos locais e instalacións municipais, para instalar placas fotovoltaicas e termovoltaicas ou outros sistemas de enerxías renovables según as necesidades de cada inmoble.
2º.- Substituiranse os equipos convencionais por equipos de baixo consumo no alumeado público, tanto no interior como no exterior de tódolos edificios e instalacións públicas, tales como parques, xardíns, prazas, aparcamentos e rúas
Quizá moita xente se ten esquecido de todo o que levan soportado Zapatero e o PSOE respecto da trama Gürtel, o caso mais escandaloso de corrupción política da recente historia da democracia neste país. Quizá ninguén lembre xa as non moi lonxanas declaracións de doña Cospedal asegurando que o Goberno espiaba as conversas dos seus políticos e imputaba ¡¡DELITOS!! ao goberno de Zapatero. É posible así mesmo, que teñamos caído na desmemoria colectiva no caso mais aberrante de sucidade no xogo político, a saber, as eleccións autonómicas do 1 de marzo nas que numerosas falacias vertidas dende o PP non deixaban títere con cabeza. A falaz mansedume de Alberto Núñez Feijoo e de Mariano Rajoy quedan postas en evidencia ante o espectáculo lamentable que estase a dar dende Génova, dende a mesmísima médula do PP. Si hai uns días Esperanza Aguirre se desfacía duns cuantos diputados, que ata hai dous días eran da súa confianza máxima, como López Viejo, coma si ela estivera ao marxe, libre de pecado e protexida de toda perturbación, cando o caso Gürtel afecta de pleno a políticos do PP en Madrid, hoxe é Jaume Matas, ex presidente de Baleares o que engrosa os titulares de toda a prensa nacional: o xuíz o cita como IMPUTADO nun caso de corrupción flagrante, onde a xustiza investiga si Matas incrementou o seu patrimonio coa construción do velódromo de Palma Arena.
Sen falar de traxes, reloxos e coches de luxo e outros agasallos, como demostra o sumario do Gürtel, nós preguntámonos que fan Pablito Crespo ou Pilar Farjas en todo este engrenaxe e ata que punto o PPdeG ten actuado de xeito fraudulento.
Lembremos por exemplo o coche que Citröen regalou no seu día ao actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Naqueles intres o PSdeG calou para non baleirar o contedor do lixo nun exercicio de responsabilidade política. Visto o que está a acontecer vai resultar ó final que a verdadeira corrupción a estaban practicando os dirixentes do PPdeG, mentres daban por bo aquel dito popular (do pobo) que reza Cre o ladrón que todos son da súa condición.
Xa veremos ata onde vai salpicar o Gürtel. De momento xa lle cortaron a cabeza ó PPijo de Costa por non lla cortar a Camps de momento...¡todo un President!. Mariano está a tremer coma un flan. Co ben que lle ía a el, estoupando a crise e asoballando a Zapatero, e agora o que lle estoupou foi unha granada de lixo corrupto no mesmísimo corazón de Génova.
O PPdeG ten moito que lle explicar ós galegos respecto do comportamento de Pablo Crespo, Carlos Negreira e Núñez Feijoo. Que vain poñendo as súas barbas a remoxo. E a Cospedal que a cesen tamén, que algúns non esquecemos a infamia.
Nun ambiente renovado, o venres falouse das novas enerxías do século XXI, nun salón de actos do ISM practicamente cheo. Primeiro Manuel Gude fixo un interesante repaso pola teoría demostrando que sabe moito e sabe explicalo moi ben. Cunha impecable presentación de powerpoint expuxo unha chea de datos acerca das enerxías tradicionais derivadas do carbón e o petróleo e a ameaza seria de esgotamento das mesmas. E falou do interesante reto que supón a enerxía solar e a eólica para un país como España cun enorme potencial de produción nas mesmas. Por poñer un exemplo Alemaña produce mais enerxía solar que España con moitísimas menos horas de sol ao ano. Iso significa que si se inverte en tecnoloxía como fan os alemáns, España sería a primeira potencia produtora neste tipo de enerxía renovable e inesgotable.
Na súa intervención, o compañeiro Marcos Santos contounos a través de diapositivas, o interesante destas enerxías novas aplicadas a concellos e mesmo a particulares. Puidemos ver o aforro importantísimo que suporía para un concello coma o noso, a posta en marcha destas novas fórmulas. E así se demostra en municipios onde xa empezaron a aplicalas
E finalmente o compañeiro e senador Xabier Carro fixo unha exposición pormenorizada acerca das políticas enerxéticas socialistas, encamiñadas a substituir progresivamente as nucleares e eléctricas, grandes produtoras de contaminantes, por estas mais limpas e duradeiras, que non esquilman o planeta. Baseándose nun documento da Fundación Ideas, presidida polo ex-ministro Jesús Caldera, Carro apuntou ás políticas medioambientaissocialistas como as únicas que poden posibilitar un freo ao actualdeterioro do planeta e ao cambio climáticoe as únicas coas que podemos colocar a España nos primeiros postos do ranking mundial no que a enerxías renovables se refire.
Por ti Laura que tristemente eres outra víctima máis da criminal violencia machista. Para que sexas a última da longa lista que atenaza o noso espíritu e o da sociedade enteira. Para que JAVIER CRUZ, con nome e apelidos ben visibles, sexa condenado e o peso da Lei caiga coma unha lousa de pesada pedra sobre as súa inefable cobardía. Para que ti poidas descansar en paz logo de serche arrebatada a vida de xeito vil e cruento. Para que a túa familia recobre, si e que iso é posible, a paz e a alegría roubadas. Para que NUNCA MAIS teñamos que escribir algo semellante ao de hoxe. Para que as mulleres poidan decidir sen medo a ser asasinadas. Para que a sociedade entenda que a TOLERANCIA CERO é unha arma imprescindible. Por ti e por todas as Lauras, por todas as mulleres, dende o PSdeG-PSOE seguiremos loitando para que non haxa NINGUNHA MÁIS.
José Luis Rodríguez Zapatero inaugurou onte a primeira obra rematada do PLAN E na Pobra, ese plan que puxo en marcha, tan cuestionado polo PP, para xerar emprego e facer inversións nos concellos….e que tan chapuceiramente Isaac comezara a executar no seu día.
O Presidente do Goberno de España estivo moi ben representado, como se aprecia na fotografía, polo Subdelegado do Goberno na provincia, José Manuel Pose Mesura (compañeiro e amigo), e por Teresa García e Andrés Rey. Os tres na nosa imaxe moi ben situados ó carón do Presidente do Goberno
Grazas a esta obra, cun custe de 338 mil euros (56 millóns das antigas pesetas) a rúa Unión e a praza dos Irmáns Ageitos mellora ostensiblemente.
Aínda que o problema de aparcamento no concello é moito maior. A peonalización de todo o casco do concello fai que moitos veciños vexan cada día mais obstáculos á hora de deixar o coche ben aparcado.
Mal que lle pese ó Sr Isaac, coñecido tamén por “INAUGURATOR”, dado el a inaugurar a mesma obra varias veces, esta a inauguramos os SOCIALISTAS grazas a un Presidente que o é de TODOS, sen distincións de cores políticas e mirando exclusivamente polo interese xeral da cidadanía
¡¡Vaya foto!! no tiene desperdiccio la mire uno por donde la mire.
La ves y te preguntas qué estarán tramando, qué ataque preparan entre las dos. Una es Máster en espionaje; la otra se acaba de doctorar en difamación. Vaya tándem... si es que Mariano sabe elegir su fauna. Auanque no ibérica precisamente; ni una es un buitre leonado.... mucha categoría, ni la otra el lince en extinción. Éstas, hiena y tigre hembra, por desgracia no son especies en peligro de desaparecer. Abundan en las filas del PP.
¿Estará dando la hiena las orientaciones oportunas a la tigresa, una clase de cómo se espía a la clase política, una pasantía sobre lo que hay que escupir, acerca de lo que debe vomitar en sus declaraciones contra el PSOE y el Gobierno de España? No es una imagen seria. No lo es. Es la imagen de la rancia obscenidad de la derecha que injuria, miente y difama con la misma boca con la que luego reza.
A dimisión ou cese forzado do arrogante e innombrable que ven manexando a tesourería no PP é a mais desexada dos últimos anos. O PATRIMONIO inmobiliario do tesoureiro (en 2007 declaró 2,5 millones de euros) o seu SOLDO (225.000 euros anuales como gerente) e un tren de vida FABULOSO son un auténtico ESCÁNDALO POLÍTICO. E Rajoy mentres tanto mirando para outro lado.... ¿Mirando para a lúa de Valencia?
Os socialistas da Pobra e os veciños estamos ATÓNITOS, ABRAIADOS, ESTUPEFACTOS, DESOLADOS E ¡¡INDIGNADOS!! xa que iamos apoiarno Pleno extraordinarioprevisto para o mércores día 22 de xullo,o Plan de Saneamento económico no marco do Real Decreto lei 5/2009 como xa se fixo nos concellos de Rianxo e Boiro.
Estamos totalmente desconcertados coa decisión adoptada polo goberno municipal, que tiña previsto levar a cabo un PLAN DE FINANCIACIÓN que posibilitaría o pago das facturas pendentes a empresas e autónomos, de SUSPENDELO sen mais explicacións.
A nosa portavoz e Secretaria Xeral acusa ó Sr Isaac e ó PP de ESCONDER A REALIDADE, unha realidade que se traduce, segundo fontes moi ben informadas en ¡¡TRES MILLÓNS DE EUROS!!....Unha cifra tremendamente perigosa que sitúa ao Concello ó borde do abismo económico, da creba e da ruína. ¿Ten sentido – pregunta Teresa García – ter o Pleno convocado e na véspera darse de conta da súa inviabilidade si non subían os impostos?
Maceiras , algo estás OCULTANDO ó pobo.
Vamos ver senón: convoca un pleno extraordinario para facer un prantexamento de saneamento das arcas municipais que incluía o financiamento de 1.000.000.-€, é dicir 166 millóns das antigas pesetas, e uns días antes da súa celebración desconvócao, e isto “parece ser”, baseado no seguinte:
Que si pide o crédito para pagar a quen lle debe, terá que prescindir de facer inversións.
Que non quere subir os impostos, única solución viable, di el, para poder facer fronte ao crédito.
Que vai a reducir en gastos de persoal.
Que xa dentro de dous meses o arranxa.
Vamos a traducir as manifestacións feitas por este Alcalde dunha forma seria e rigorosa, para que se entenda:
1) Si pide o crédito e se lle paga a todo o mundo non pode inverter, é probable, pero entón hai que aclararlle a todos os veciños que quen esta facendo as inversións e as obras neste pobo non é o Concello senón que son todos aqueles veciños e veciñas aos que non lles pagan as súas facturas e se lles adeudan 166 millóns de pesetas.(versión oficial cara a opinión pública). A realidade, o concello debe 498 millóns de pesetas a acredores.
2) Dinnos que non queren subir os impostos pero dentro duns meses sube a contribución, polo que debe interpretar o Sr. Isaac que a contribución non e un imposto.
3) En canto aos gastos de persoal ... ¡¡que vai reducir!! Hai que traducilo en postos de traballo e tendo en conta que o custe medio dun traballador é de uns 18.000.-€ aproximadamente ¿vai reducir uns 55 postos de traballo?.Que nos aclare en que servicios vai facer o recorte.
4) Dicir, que dentro de dous meses arranxa o problema é tomarnos a todos por parvos, a no ser que lle vaia tocar a lotería, e terá que explicar de forma seria que variables van cambiar de aquí a dous meses para atreverse a dicir isto. Si non se poden pagar 1.000.000.-€ en seis anos ten que explicarnos como vai pagar 300.000.-€ ou 400.000 en ¡¡UN ANO!!, segundo as manifestacións feitas aos medios.
A VERDADE E A REALIDADE do Sr. Isaac é que non ten capacidade para pagar un crédito a curto prazo. O que pretenden é ¡¡¡HIPOTECARNOS polo menos a 20 anos!!!,
O equipo de goberno é incapaz de asegurar ingresos suficientes para poder facerlle fronte a un crédito durante 6 anos. A consecuencia é que os acredores do Concello daPobra, lamentablemente non van a poder cobrar polos servicios prestados, pese a que o Presidente do Goberno de EspañaJOSÉ LUIS RODRIGUEZ ZAPATEROpuxo en marcha un Plan para combater a mala situación económica dos 10 anos de goberno de despilfarro do Sr. Isaac.
Según as informacións obtidas por este grupo político, o Concello da Pobra ten unha débeda de facturas sen contabilizar, (no queixón)por valor de 3 MILLÓNS de euros. ¡¡ESTAMOS NA RUÍNA!!
Para verifica-lo solicitamos ó Sr. Alcalde, o día 31 de outubro do 2008, a relación nominal dos acredores, pero o Sr. Isaac non foi capaz de entregala nin sequera de deixala ver dentro das oficinas do Concello. ¿Por qué será? Dende logo, se non tivera nada que agochar teríamos toda a documentación a nosa disposición.
Igualmente lle solicitamos o martes, día 21, copia do INFORME DE INTERVENCIÓN sobre o endebedamento no marco do Real Decreto-lei 5/2009 e feito con ocasión da convocatoria do pleno que se tiña previsto celebrar.
Queremos ver, Sr. Isaac, ese informe de intervención negativo, o seu razoamento, e as medidas propostas para o saneamento económico.
É mentira o que dixeron nos medios de comunicación o Sr. Isaac e o Sr. Lago, que para acollernos o crédito tiñan que subir os impostos, ¡¡XA OS TEÑEN SUBIDOS O MÁXIMO!!, a auga, a recolleita de lixo e os sumidoiros, por estar privatizados, son máis caros que, por exemplo en Boiro. Estamos desfacendo as mentiras deste sibilino encantador de serpes que vende fume e minte máis que fala.
NON É CERTO que para acollerse ó Real Decreto-lei sexa necesario subir impostos xa que na Pobra non se poden incrementar máis. Xa se preocupou o equipo de goberno do PP de mante-los ó máximo para podelos despois despilfarrar.
Sr Maceiras: si solicitan un crédito por valor de 300.000 euros, ¿Que plan de saneamento farán? ¿Que acredores van a ter a sorte de poder cobrar? ¿Que criterio van utilizar para pagarlles?
Déixense de FACER PROPAGANDA e eliminen os gastos superfluos, (que son moitos), e non nos leven dereitos a ruína.
Ante estes feitos os socialistas da Pobra temos que recalcar que o Goberno de España, goberno socialista, mediante o PLAN DE AXUDAS A ADMINISTRACION LOCAL E AS PEMES, mais coñecido como o PLAN DE ZAPATERO esta pensado precisamente para que se lle paguen as facturas a todas aquelas persoas que traballan, porque quen traballa ten que cobrar, e a súa vez permite plantexar un plan de saneamento das arcas municipais e sentar as bases dun adecuado financiamento, tanto a curto como a medio prazo e por isto estabamos dispostos a apoiar no Pleno extraordinario previsto para o mércores día 22 de xullo, o Plan de Saneamento Económico no marco do Real Decreto Lei 5/2009 como xa se fixo nos concellos de Rianxo e Boiro
O PSdeG pídelle ó Sr. Isaac queexplique publicamente o motivo oculto polo que suspendeu o Pleno. Esiximos que se pague ós acredores e se faga un plan de saneamento económico do Concello.
MENOS OSCURANTISMO E OCULTISMO, fagan fronte a realidade económica e non permitan que as empresas vaian a quebra pola súa neglixencia.
Xa coñecemos a pedra filosofal do Sr. Isaac: INVERTER SEN PAGAR.
O dito...."LO QUE LA VERDAD ESCONDE" ou "GRANUJAS DE MEDIO PELO", pero neste caso..o Harrison Ford ou o Woody Allen chámase Isaac Maceiras e resulta que.....¡¡NON É FICCIÓN AÍNDA QUE SEXA DE PELÍCULA!!