jueves, 14 de mayo de 2009

Primeiro espacio comarcal de cultura urbana

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha MOCIÓN relativa a creación do primeiro espacio comarcal de cultura urbana.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Os espacios de lecer e as instalacións deportivas levan moitos anos padecendo unha deficiente xestión municipal e un abandono sen precedentes. Carece o equipo de goberno municipal de ideas e iniciativas que a nosa mocidade non se merece.


É necesario, e así o entendemos nós, que tanto os nosos nenos e nenas, como a mocidade, podan medrar participando e colaborando nas diversas iniciativas que se lle deberían ofertar.

O obxectivo que se marca o Grupo Municipal dos Socialistas é dinamizar espacios e instalacións deportivas. Somos conscientes que rapaces e rapazas, sen saber que facer no tempo de lecer, corren un serio perigo de meterse en problemas dos cales, en ocasións, é imposible saír.
A xente nova son as persoas máis vulnerables das familias, polo que consideramos imprescindible a implicación dos pais/nais en tódalas actividades que elixan practicar os seus fillos.

Propoñemos a creación do primeiro espacio comarcal de cultura urbana no pavillón polideportivo da Tomada que constaría de:
• Unha pista de skate compatible con BMX

• Muros para desenrolar actividades gráficas

• Hokey e Basket free style

Rocódromo

• Escenario para Hip Hóp, Rap, DJ, co seu correspondente equipamento.

• Aulas de reunión, debate, formación, ...
Estas actividades se dinamizarían a través das asociacións e da oficina de información xuvenil do Concello.
A xestión da publicidade, cantinas, máquinas expendedoras, e de calquera recurso económico que produzan as instalacións deportivas do Concello, deben correr a cargo do mesmo, co fin de poder así facer un reparto máis xusto entre tódolos clubs.
E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte
ACORDO:
Que o goberno municipal xestione o financiamento necesario co obxectivo de dotar ó pavillón polideportivo da Tomada, no primeiro espacio comarcal de cultura urbana.
Podedes visualizar o video en canalriasbaixas, a website da TVSB

martes, 12 de mayo de 2009

El chico de ayer, de hoy, de siempre.. Gracias Antonio por tu música.


Nacha Pop La chica de ayer, primera aparición del grupo en televisión

Un dia cualquiera no sabes que hora es,
te acuestas a mi lado sin saber por que.
Las calles mojadas te han visto crecer
y tu en tu corazon estas lorando otra vez.

Me asomo a la ventana eres la chica de ayer,
jugando con las flores en mi jardin.
Demasiado tarde para comprender,
chica vete a tu casa no podemos jugar.
La luz de la mañana entra a la habitacion,
tu cabellos dorados parecen sol.

Luego por la noche al Penta a escuchar
canciones que consiguen que te pueda amar.

Me asomo a la ventana y eres la chica de ayer,
jugando con las flores en mi jardin,
demasiado tarde para comprender,
chica vete a tu casa no podemos jugar.

Me asomo a la ventana eres la chica de ayer
demasiado tarde para comprender.
Mi cabeza da vueltas persiguiendote.

Máis medidas, menos crise

Para paliar na medida do posible a actual situación de crise, e a súa incidencia no importante incremento do paro, o Goberno SOCIALISTA, como continuación o PLAN E ( plan de Investimentos para as entidades locais) ven de sacar 2 novas liñas de apoio para as entidades locais e para as pequenas empresas e autónomos como sectores especialmente afectados pola crise na súa vertente financieina.

Estas novas axudas instrumentadas a través do ICO son en sínteses :

1.- PLAN DE FINANCIACIÓN DAS ENTIDADES LOCAIS que posibilita a estas financiar o seu déficit de tesourería e as facturas pendentes con empresas e autónomos. Esto suporá por parte das EELL ter que elaborar un plan de saneamento ata un prazo máximo de 6 anos, por tanto a través desta liña o Concello da Pobra acadaría 2 obxectivos:

A.- Plantexar un plan de saneamento que permita sentar as bases da súa adecuada financiación tanto a curto como a medio prazo. Esto suporá tamén unha posibilidade para adecuar o financiamento do concello ante a caída de ingresos como consecuencia da crise do sector da promoción residencial.-

B.- Atender os pagos pendentes con provedores aportando a estas empresas liquidez para afrontar a actual situación de dificultades de tesourería e financiación. E de sentido común que as administracións son as que deben dar exemplo atendendo os seus compromisos cos seus provedores , non cabe dende logo mellor medida de apoio as pemes.

2.- LIQUIDEZ PARA EMPRESAS E AUTONOMOS que teñen dereitos de cobro co CONCELLO, a través da liña ICO que garanta ante as entidades financieinas as liñas de desconto para anticipar os seus cobros, paliando con elo as dificultades de acceso o circulante das pequenas empresas e autónomos.

Por tanto dende o PSOE local queremos animar a todas as pemes que traballen para o Concello da Pobra a utilización destas medidas que o goberno ven de sacar, xa que gracias a elas poderán cobrar as facturas pendentes. Así mesmo consideramos que e unha oportunidade que o Concello non debe desaproveitar xa que por unha banda axuda e apoia de forma directa as pemes y por outra leva a cabo un plan de saneamento que garante a súa viabilidade financeira como a mellor maneira de garantir os servizos adecuados ós cidadáns.


lunes, 11 de mayo de 2009

Os pais denuncian o deficiente estado do pavillón da Tomada


TRANSCRIBIMOS A NOTICIA DE CANAL RIAS BAIXAS
Luns, 11 Maio 2009
POBRA> Os pais dos rapaces que entrenan a cotío no polideportivo da Tomada veñen de denunciar as deficiencias que presentan estas instalacións.
Este luns, cando un grupo de nenos de entre tres e seis anos do Crocha Club de fútbol, chegaron a entrenar ó polideportivo da Tomada o fedor era insoportable. Esta situación non é nova; por iso os pais demandan que canto antes se solucionen os problemas de cheiros no polígono e se garantan as mínimas condicións de salubridade nunhas instalacións usadas diariamente por nenos.
E é que, segundo os proxenitores, ós malos cheiros procedentes das fábricas súmase a falta dun servizo de limpeza axeitado e o avanzado estado de deterioro do pavillón derivado do escaso mantemento.
Vertidos
Deste problema tamén se fixo eco a agrupación socialista da Pobra que denuncia o grave problema de vertidos industriais existente na Tomada, que din é orixe dos cheiros que se rexistran no pavillón. Por iso, esixen ó alcalde que deixe de permitir este tipo de prácticas e actúe con todo o peso da lei sobre os infractores.
Pola súa banda, fontes municipais desmentiron totalmente as acusacións explicando que o polideportivo da Tomada está en perfectas condicións e por elo é cada vez máis utilizado. Sen ir máis lonxe, a pasada fin de semana as instalacións acolleron o campionato provincial de fútbol sala.
Con respecto ós vertidos procedentes das factorías, o propio alcalde, Isaac Maceiras, anima ós edís socialistas a denunciar a aquelas empresas que segundo eles están vertendo de forma ilegal.
Informe favorable
O rexedor apoiase ademais no informe emitido o día cinco de maio por Acuagest , encargado tras unha denuncia do PSOE sobre supostos vertidos ó río Morto. O documento acredita que, tras unha inspección, 'non se apreciou ningunha filtración senón que os movementos de terra que se estaban a levar a cabo na zona provocaron unha elevada tuirbidez da auga pero non se trataba de vertidos residuais'.

Contestación ó Sr. Isaac

Primeiro: Que se teña necesidade de utilizar o pavillón por parte dos clubs, non quere dicir que este presentes as condicións óptimas para a practica deportiva.

Segundo: A oposición non pode investigar a procedencia dos vertidos, non ten capacidade xurídica para facelo, nin medios técnicos nin humanos. Nin tan sequera podemos pedirlle información a unha empresa privada que ten un convenio co Concello, a información e as investigacións correspóndenlle prestalas a institución ¿E si a oposición lle fai todo o traballo ó goberno, porque cobran eles? ¿A que dedican o tempo libre?

Terceiro: A tódolos Pobrenses nos gustaría ver esa falla, eses grandes movementos de terra que tiñen a auga do río Morto de vermello, de azul, de branco, desprende cheiro. ¿E que pensa o noso rexedor que os veciños vivimos na inopia? Seguro que estamos todos equivocados non sendo os membros do equipo de goberno, que eles si que son sabios.

domingo, 10 de mayo de 2009

Espacios vivos


Onte no salón de actos do I.S.M. presentamos o noso proxecto de ocio e deporte para a xuventude da Pobra.
Agradecer a tódolos presentes a súa presencia e que compartiran tanto tempo con nós un bo puñado de xente nova da vila.
O Goberno municipal creou unha oficina de información xuvenil pero que na actualidade está oca de contidos. Precisamente porque os mozos deste pobo están esquecidos polo goberno do PP.
Quere esto dicir que non se fai absolutamente nada, que se carece de iniciativas cara a mocidade, e para o ocio. Nos últimos 10 anos non se fixo ningún tipo de proposta atractiva, a excepción dos deportes: fútbol, tenis, baloncesto, ..., que por suposto esta ben, pero que son necesarias máis alternativas.

O responsable na nosa formación política da secretaría de deporte, xuventude e lecer é Borja Paz. Borja é un gran coñecedor desta área porque estivo ligado ó deporte gran parte da súa vida profesional. Debedes saber que é un PUNTAL dentro da nosa formación, entusiasta, vital, responsable, demostra fe en si mesmo e nos que o rodean.
Por suposto tamén a nosa gratitude sincera a Marcos Santos, que colaborou na parte técnica, e a Fernando que expuxo de maneira maxistral a cartelería desde o século XVIII ata o ano 1936.