lunes, 15 de febrero de 2016

A INCOMPETENCIA DE NOS POBRA


Unha vez máis imos a falar da incompetencia e da inoperatividade de Nos Pobra para dirixir o noso Concello. Esta agrupación que está a gobernarnos camiña sen rumbo definido xa que a súa falta de liderado e de negación o diálogo co resto dos partidos da Pobra lévanos a plantexarnos si de verdade están capacitados para gobernarnos.

O principio de Peter di “En una jerarquía, todo empleado tiende a ascender hasta su nivel de incompetencia: la nata sube hasta cortarse..”. Pois ben, xa vemos que o equipo de goberno de Nos Pobra se lles cortou o leite. Non se pode ser mais incompetente que este equipo, non se pode levar o Concello a un nivel de paralización maior que o actual.


Cando comezou o seu mandato no mes de Xuño tiñamos na Pobra proxectado, gustásenos ou non, un novo Centro de Saúde e na actualidade, grazas a Nos Pobra, non contamos con nada. Nos Pobra, con Xosé Lois Piñeiro o fronte, descartou este proxecto, eles decidiron abandonalo sen contar con ninguén. Pero o peor de todo e que non contamos con ningún proxecto para substituílo, non contamos con nada porque nada nos mostraron o seu proxecto para poder avalialo. O resultado e que non teremos novo Centro de Saúde en moitos anos pola incompetencia destes catro compoñentes de Nos Pobra.


Pero non soamente foi o Centro de Saúde, tamén foi a Bandeira Azul que segundo o acervo popular di que esquecéronse de tramitala. A nosa Concelleira de Turismo, Charo Varela, debería de dar conta de por qué non se tramitou, porque despois do lamentable espectáculo da izada/retirada do ano pasado debería de dar algunha explicación do ocorrido este ano.


Esta Concelleira, Charo Varela, que tamén o é de Economía debería de dar conta do estado económico do Concello, por qué sigue sen aclararse a débeda municipal. Por qué aínda non se comezou a cumprir o acordo plenario de realización dunha auditoría das contas.


A responsable desta area económica nos debería informar porque 6 meses despois de aprobarse provisionalmente as axudas para o transporte dos estudantes aínda non foron levadas a Pleno para a súa aprobación definitiva. O mesmo, caso e o do Regulamento das rúas peonís que está pendente da súa aprobación definitiva.


Todo queda no caixón, pola incompetencia de quen se ve desbordado, de quen non é capaz de gobernar un concello con catro persoas, e a solución non é contar con mais dedicacións exclusivas, non, a solución ven da man do diálogo e da concertación de acordos.


José Ortega y Gasset anticipouse e dixo en 1910 "Todos los empleados públicos deberían descender a su grado inmediato inferior, porque han sido ascendidos hasta volverse incompetentes". Iso é o que lles ocorreu ós compoñentes de Nos Pobra no Concello, quizais intelectualmente sexan moi competentes pero organizativamente no Concello son desastrosamente incompetentes.


Exemplos desta incompetencia son as chamadas de atención por parte da Oposición sobre fórmulas mal plasmadas na documentación, a falta de documentación e os erros constantes na mesma, a falta de propostas documentadas e valoradas, etc. Pero no último Pleno bordaron o absurdo o pedir, Miguel Alamancos, axuda o PP para que os recibiran na Xunta de Galicia.


O Centro de Día é un tema especial, é o mellor exemplo da ineptitude de este Goberno. Non se entende que aínda estea sen funcionar, non se entende que o Alcalde da Pobra non sexa capaz de reunirse co responsable dos Servizos Sociais na Xunta de Galicia. Non se entende que o Alcalde prometa nas redes sociais, 15 de xaneiro, e nos periódicos, 9 de febreiro, que vai a ir a Santiago e que non volvía sen reunirse e sen acordar a  apertura do Centro de Día. Pois unha semana despois continuamos sen ter respostas.



En definitiva, o que define o Goberno de Nos Pobra é a ineptitude e a incapacidade para gobernar o noso pobo. Era mellor que o aceptaran e que deixen paso a outros mais capacitados.