Mostrando entradas con la etiqueta Ribeiriña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ribeiriña. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de marzo de 2012

VECIÑOS DA RIBEIRIÑA SÉNTESE DISCRIMINADOS

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando que a rede de saneamento na Ribeiriña chegue a tódolos veciños.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A dispoñibilidade de saneamento e depuración das augas residuais é unha necesidade no Estado do benestar, que debe estenderse a todos os cidadáns e territorios. Parece que se está cumprindo co obxectivo de dotar de saneamento a unha zona con importante densidade de poboación como é a Ribeiriña e o Conchido.

No Pleno do 27 de maio de 2010 esta concelleira presentou unha moción na que solicitaba que as vivendas situadas no marxe dereito da estrada AC-305 en dirección Pobra-Boiro, e que non lindan co Camiño Real, puideran enlazar ca rede xeral do saneamento. A resposta do voceiro do PP naquel entón foi que non habería discriminación e que esas vivendas se conectarían por gravidade ó Camiño Real e que tódolos veciños se beneficiarían do servizo.

Afirmación e compromiso que pasados case dous anos non se cumpriron. Os propios veciños estiman que aproximadamente 30 vivendas carecen a día de hoxe do saneamento, especialmente as do dito marxe dereito en sentido Pobra-Boiro, e outras rúas secundarias. Estes veciños da estrada AC-305 séntense marxinados e discriminados por este equipo de goberno ante a imposibilidade de que a medio prazo poidan disfrutar da mesma infraestrutura que si dispoñen a maioría de persoas que viven na Ribeiriña.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO:

Que se adopten as medidas necesarias para que as vivendas situadas no marxe dereito da estrada AC-305 (sentido Pobra-Boiro), así como as situadas noutras rúas secundarias lindantes ou non co Camiño Real, poidan enlazar de forma inmediata coa rede xeral do saneamento.

viernes, 5 de marzo de 2010

MOCIÓN SEGURIDADE VIAL NAS ROTONDAS.


Xa temos unha nova ligazón no blog onde podédes visualizar tódalas MOCIÓNS do grupo municipal socialista. Aquí vos deixamos a derradeira que ven de presentar a voceira do PSdeG no Concello, Teresa García acerca da seguridade dos peóns nas rotondas de aceso ao porto e a da Mercé.

jueves, 25 de febrero de 2010

POBRA SOCIALISTA COA RIBEIRIÑA.



Os veciños da Ribeiriña están fartos . O pasado sábado Tere García e o resto de Executiva mantivemos unha xuntanza con eles para escoitar as súas necesidades para a zona. Quedamos en ir cos medios ata alí para denunciar eles o que non queren e o que precisan. Non queren barreiras, senón beirarrúas na marxe dereita da AC 305. Temen pola seguridade dos seus fillos que todos os días collen neste vial o autobús que os leva ó colexio. Saben que é necesario un proxecto de seguridade vial na zona e así llelo solicitaron ao alcalde. A única cousa que lograron foi a colocación dun tramo de gardarrail, que estreita o paso pola beiravía.
O proxecto de construción de beirarrúas mesmo chegou a iniciarse pero, sen saber porque os traballos nunca se executaron. Estes veciños están fartos de promesas incumpridas por parte do executivo local, polo que se sinten totalmente abandonados.
Non é a única reivindicación por parte destes veciños. A canalización de augas e a falta de limpeza dos sumidoiros provoca que, cada vez que hai chuvias a auga inunde a estrada e mesmo chegua a entrar nas vivendas.
Facéndose eco das denuncias veciñais estivemos os socialistas da Pobra Xa o dixemos neste blog moitas veces: o Sr. Isaac está a dar prioridade a actuacións que son secundarias, como o acondicionamento dos xardíns Valle-Inclán fronte a outras nas que está en risco a seguridade das persoas.
Teresa García fixo fincapé na desidia do Sr.Isaac que en lugar de xestionar xestionar os intereses veciñais de todos por igual, prima unhas actuacións diante doitras mais necesarias pero menos vistosas. Dende o Partido Socialista seguiremos facendo presión para que se acometan estas actuacións e se mellore a seguridade da zona.
Estamos cos veciños da Pobra. Onte á noite, moi tarde, e debido ás fortes choivas, Teresa García volveu a desprazarse ata outra zona onde o río desbordaba. Alí estivo, na Pontenaveira, cos veciños que ven como o goberno local adecenta o casco urbano mentres a eles chégalles a auga ata as casas.
(Vídeo en TVSB )

domingo, 12 de julio de 2009

PARTIDO POPULAR, O PARTIDO DA JET- SET


Vivimos nunha vila na que nos coñecemos todos/as, a uns vailles mellor e a outros non tanto.
As cousas que pasan na vila todos somos sabedores delas, mais ou menos, según nos interesen, ou según queiran algúns que nos enteremos. Isto ven a conto por unha serie de cousas que levan acontecido na Pobra e estamos vendo que o goberno local trata de ocultar, ou non informar adecuadamente ós veciños e veciñas desta vila.
Consideramos que o grupo de goberno do PP ten a obriga de informar e así todos saberemos quén está apostando polo desenvolvemento da Pobra:
a) Plan “E” Goberno Zapatero. saneamentos, pavimentación de rúas, emprego para desempregados do noso concello, etc…
b) Arranxo do Camiño Real, costas do estado, Goberno de España, (veciños ignorados polo goberno do PP da Pobra) compromiso adquirido polos socialistas da Pobra, e apoiado polo noso compañeiro e Deputado en Madrid Ceferino Díaz, (unha persoa de palabra dos que moitos deberían de aprender)
c) Autovía da Barbanza, Goberno da Xunta con Touriño ó fronte. (seguro que notamos unha mellora moi importante nos nosos desprazamentos)
d) Diferentes subvencións para arranxo e mellora das instalacións municipais, que foron unha suma de cartos moi importante e por mala xestión e incompetencia nin se notaron ata que chegaron os turistas.
e) Local de ensaio, centro de dia, cine Elma, etc….todo isto conséguese con Touriño na Xunta e máis pola Deputación da Coruña.

Os veciños da Pobra deben saber que todo isto foi posible grazas ó PSdeG-PSOE da Pobra, tanto en Galicia como en Madrid e non pola boa xestión do PP da Pobra, nin as amizades que di ter o señor Isaac.
Isto é grazas a que o PSOE goberna para todos/as os/as cidadáns deste pais! sen atender a que sexan do seu color político ou de outro. Moi ó contrario do que nos ten acostumados o PP, sempre con favoritismos de cara ós que máis teñen e ós seus amigoss; ó recordar que Isaac paseábase cun constructor da man promocionando a este señor como un promotor dos máis solventes de Galicia, que ó final saíu ra.
Pideu cartos ó Goberno da Xunta para unha empresa ubicada no polígono, ¿a cambio de qué? Aínda é hoxe o día que os veciños están aguantando os cheiros e os verquidos dalgunha empresa e aínda non sabemos de cal se trata ¡¡¡porque Isaac Maceiras prefire ter amigos empresarios que solucionarlle os problemas ós veciños.!!!
Os socialistas da Pobra sabemos que na nosa vila hai empresarios exemplares, que coidan ós seus traballadores e os tratan como persoas, pero tamén sabemos que por desgraza temos empresas, (as menos), que fan o que queren e sóbralles tempo xa que gozan do beneplácito do noso alcalde..... ¿A cambio de que?
Por outra banda, estamos os que somos maioría, que non temos grandes empresas, que non pedimos máis que o que pensamos que nos corresponde como cidadáns. ¡¡¡Melloras para o noso pobo!!!! e cando dicimos o noso pobo tamén nos referimos ás aldeas que xunto co casco urbano forman a Pobra do Caramiñal. Alguén dicía: que ata o rabo todo e touro, e nós dicimos que dende o Campiño ata o Conchido todo é A Pobra
Dicir tamén que na Pobra viven turistas todo o ano, turistas que traballan, viven e pagan as súas taxas na Pobra e todos queremos ver as nosas cunetas limpas, as nosas estradas asfaltadas, poder facer as nosas casas en lugares onde parece que só teñen dereito a facelas catro amigos do señor Isaac.
A pesares desta discriminación cara o cidadán de a pé, aínda hai algún que perde a súa dignidade con tal de botarlle a man polo lombo a Isaac, aínda que o único que faga e de “chico dos recados” e de estes hai bastantes, aínda que custe crelo (pelotilleros sempre houbo e por desgracia sempre os haberá goberne quen goberne).
Os veciños da Pobra teñen que saber que as ideas do PP en canto á sociedade, pásalle como algunha institución rancia que pensa, que unha parella de feito son eses que viven en pecado, que un homosexual é unha persoa enferma da cabeza, e que unha persoa que aborta dentro da lei neste pais é un asasino.

martes, 30 de junio de 2009

Ceferino Díaz visita ás obras da Ribeiriña e os veciños esixen ó Concello que regule o tráfico.

O deputado socialista no Congreso, Ceferino Díaz, visitou A Ribeiriña para comprobar o estado das obras que Costas está a desenvolver na zona.

Hai uns catro meses, o deputado socialista xa visitara esta zona para atender as demandas dos veciños que esixían a mellora da seguridade neste vial, con risco de derrube.

Agora, Ceferino Díaz tivo ocasión de comprobar o resultados dos traballos, a piques de finalizar, nos que Costas investiu máis de trescentos mil euros. Unha contía pequena, segundo o deputado, para unha obra tan importante para os veciños.

Os residentes están satisfeitos coa actuación aínda que destacan que quedan pendentes algunhas cuestións como a colocación dunha varanda de seguridade para evitar o risco de accidentes, sobre todo dada a cantidade de nenos que viven neste núcleo. Segundo informou Ceferino Díaz, esta actuación xa está contemplada e se desenvolverá nos próximos días.

Regulación tráfico

Outra das demandas formuladas polos veciños é a regulación do tráfico, ben nun só sentido ou limitando o acceso a residentes, compromiso que no seu día fora adquirido polo executivo local pero que non se chegou a cumprir.

Dende a agrupación socialista levarán a cabo diversas iniciativas a nivel municipal para instar ó goberno a cumprir o seu compromiso.

Reunión coa militancia

Seguidamente á visita das obras, Ceferino reuniúse cun bo número de militantes ós que lles espuxo algunhas das medidas do Goberno de Zapatero para loitar contra a crise. Falou con ganas, e o seu espiritu docente e didáctico converteu a xuntanza en interesante, amena e participativa. Mesmo serviu para abrir un pequeno pero interesante debate de carácter interno. Hai que agradecer "ó Cefe" ese espíritu de partido que o leva a coidar e achegarse ás bases. Como di el mesmo "é a miña obriga".É certo, pero algúns políticos deberían facer o mesmo. Facer partido é iso en boa medida. Gracias pola túa consideración Cefe, compañeiro e amigo.

lunes, 6 de abril de 2009

O Emperador e as súas loucuras


La Voz de Galicia 2 de abril Na nota de prensa dese día (a podédes ler pinchando no enlace), o Alcalde insiste en que non pudo “paralizar unhas obras que non ordenó executar”..... ¿¿¿ ???? ....¿¿Que demo quer dicir esto??.
Sinceramente non entendemos nada. Resulta que segundo o magnífico alcalde da Pobra, unha empresa decide comezar unhas obras no seu concello e ¡¡NON PASA NADA!!. O SEÑOR MACEIRAS NON A DENUNCIA NIN FAI ABSOLUTAMENTE NADA, ¡NON SE ENTERA DE QUE SE ESTÁN ACOMETENDO!

Resulta moi estraño que despois de que nós sairamos nos medios denunciando a execución irregular desas obras, as mesmas fosen paralizadas.

Botar a culpa ó constructor dicindo que foi cousa del é unha tolería e non hai por onde coller semellante argumento. Imos crer agora que un contratista decide comezar a traballar nunha rúa e ¿¿non llo comunica ó Alcalde??. Menuda barbaridade. ¡¡¡Ay, ay, ay !!!....o que ocorre é que o Sr Isaac, xa o sabemos di SiSi a todo o mundo ¿ou non nos soa isto??.E claro, debeu dicirlle ó tal Fermín Simal, “SíSí, comeza cando queiras”

En fin que en adiante o chamaremos Isaac “O Magífico SiSí, Emperador da Vila do Caramiñal”, quen ó parecer non se entera do que acontece no seu concello. Non vos preocupedes que estamos en boas mans (ejem, ejem).

Por certo que seguemos sen saber cantos postos de traballo creáronse no pobo. E o Ministerio de Administracións Públicas tampouco o sabe.

viernes, 3 de abril de 2009

Maceiras, o seu nariz e A Ribeiriña.



Hoxe, podédes acceder ó enlace de TV Salnés onde atoparedes a noticia de onte sobre a actuación de Costas na Ribeiriña.
Pincha aquí para velo.

Unha vez mais Maceiras minte de forma escandalosa, xa que na moción socialista se falaba de executala "con fondos do propio Concello ou de outras administracións". O podédes ler na moción que está neste blog no archivo do mes de marzo.

A Isaac lle vai pasar que un día o nariz vaille tropezar na porta do despacho e non vai poder sair del....... ¡¡Non, non!!.....¡¡¡da súa casa, non vai poder sair da súa casa!!!!, porque do Concello SÏ vai sair coa axuda dos veciños e veciñas deste pobo que o van botar fóra co seu voto. Por faltar á verdade e manipular (manipular: acción propia e intrínseca dos mandatarios do PP)

Pero...........de todos xeitos.....¿¿non é unha situación, a que estában padeciendo os veciños da Ribeiriña, o suficientemente perigosa, como para que INCLUSO o Concello se fixera cargo dela no caso de que non houbera financiamento ???
Imaxinemos por un instante que o Ministerio non asumira a actuación. ¿¿Non sería o bastante grave como para que O Magnífico Alcalde da Vila da Pobra do Caramiñal adoptase unha MEDIDA EXTREMA e nese caso a levara a cabo con recursos propios??

¿¿Ou é que son mais importantes os xardíns do centro do pobo que a seguridade das persoas??

O dito.....o nariz de Pinocho vai ser unha caricatura ó lado do del. .......Senón ¡¡¡ó tempo amigos!!

jueves, 2 de abril de 2009

O PSdeG da Pobra cos veciños da Ribeiriña




Hoxe de novo na Ribeiriña. Nunha tarde preciosa de sol e compañados polo deputado José M. Lage, esta mesma tarde estivemos cos veciños e veciñas e cos medios de comunicación alí, despois de lles facer unha visita o pasado martes, e xunto con eles visualizar o avance da obra do muro de contención. Sabemos que Isaac o Magnífico foi a pasear por alí esta mesma mañá, para falar coa xente e explicarlles, supoñemos, porque o PP votou en contra da MOCIÖN que levamos a Pleno hai unha semana a favor desta actuación, a cal foi rexistrada no Concello o 6 de febreiro. Vota en contra pero ¿¿está de acordo e contento coa obra ou non ?? Porque aínda non nos demos enterado . ¡¡Esta é a pregunta do millón!! En fin....xa sabemos de que vai e como as gasta o camaleónico personaxe
A Demarcación de Costas está a investir preto de 350 MIL EUROS nestas obras e o próximo que vai facer, a petición do PSdeG e concretamente da súa portavoz, Teresa García, vai ser a colocación dun CARTEL, indicando que é unha obra que costea o Ministerio de Elena Espinosa ou sexa o de Medioambiente e Medio Marino. Ó tratarse dunha actuación de URXERNCIA, da que dimos conta nós coa axuda dos veciños e do deputado en Cortes, Ceferino Díaz, non é preceptivo o cartel.

Pero que ninguén se confunda: non se trata dunha obra mais do Plan Estatal de Inversión para a creación de emprego. Esta é unha obra mais, a maiores de todo o que Zapatero e o Goberno Socialista de España están a facer polo noso pobo. Esta da Ribeiriña en concreto, como xa vos adiantabamos hai uns días, nunha entrada anterior, foi solicitada por nós e posta de inmediato en marcha, dada a gravidade do caso

lunes, 30 de marzo de 2009

Maceiras, os socialistas e as obras da Ribeiriña

Pobra: 29-03-09

OS SOCIALISTAS DA POBRA ACUSAMOS DE NEGLIXENCIA Ó EQUIPO DE GOBERNO DO PP.

No Pleno do pasado xoves, día 26, os socialistas levamos unha iniciativa que xa se presentara o 7 de febreiro, para solicitarlle ó goberno local da Pobra que fixera as xestións oportunas para levantar un muro de contención na Ribeiriña, concretamente no Camiño Real. Habíase derrubado un talud de terra e caera parte da estrada, co conseguinte perigo para os peóns e os vehículos.

Dende a Dirección do PSOE da Pobra, facilitamos reunións cos veciños e o Xefe da Demarcación de Costas. O resultado foi que o propio Rafael Eimil se interesou por darlle unha solución ós veciños, ademais das xestións feitas polo Deputado en Madrid, Ceferino Díaz.

Custounos moito traballo e esforzo pero conseguimos que se fixera una actuación urxente.

A actuación de emerxencia xa empezou e vanse a facer 120 metros lineais de muro de contención que actuará como sostemento e acondicionamento do talud que se esmoreceu cas choivas do inverno. Aproveitaranse uns muros existentes e elevaranse en máis dun metro. Executaranse muros novos en 40 m. aproximadamente, para despois acondicionar o talud, implantaranse barandillas e mellorarase o pavimento.

A actuación ten un presuposto aproximado de 350.000 euros.

A sorpresa foi cando se debateu esta moción no Pleno e o PP votou en contra. É dicir, o Ministerio de Medio Ambiente está financiando unhas obras que son de competencia municipal, e resulta que......¿¿o equipo de goberno vota en contra??..... ¡¡É surrealista cando menos!! Realmente son unha pandilla de desagradecidos; Vaia trato que lle están a dar a este tema, porque quen presentou a iniciativa fomos NÓS, os socialistas da Pobra..

O trato dispensado por "Isaac o Magnífico", é degradante, ofensivo, vexatorio e humillante ante esta decisión; aínda por riba deixáron sen recoller o lixo durante mes e medio. Verdadeiramente ca súa presión, foron os veciños e veciñas os que conseguiron que se fixeran estas obras, pero ninguén merece que se lles trate desta maneira.

A falta de consideración do Alcalde e o seu equipo non ten limites, estes veciños da Ribeiriña levan sufrindo moitas carencias e os responsables municipais son incapaces de recoñecelo.

Co voto en contra desta moción, o normal sería que a propia Demarcación de costas parara as obras e que continuara o concello cos arranxos. SI O GOBERNO MUNICIPAL ESTÁ EN CONTRA ¿que fai a Demarcación de Costas na Ribeiriña?

Os socialistas da Pobra, traballamos conxuntamente cos veciños para conseguir eses 350.000 euros, porque si non o fai o Goberno de Zapatero, estamos seguros que o Magnífico os deixaba como estaban.

Dende a nosa formación política parécenos inconcibible a forma de actuar deste personaxe que é o Alcalde e os seus concelleiros ¿Como votan negativamente ante unha solución urxente dun problema que supoñía un risco para as persoas e os bens das mesmas?

Non nos queda máis que denunciar publicamente a irresponsabilidade, a neglixencia e a deriva na que se atopa o equipo de goberno do noso concello.

A dobre moral do PP deste pobo non é nada novo, é mais do mesmo, na liña habitual á que nos ten acostumados o PP de Rajoy y de Núñez Feijoo.
Que mediten e que satisfagan moralmente a estes veciños que polas carencias que sofren, que o teñen ben merecido