jueves, 5 de julio de 2012

A "BALTARIZACIÓN" DO CONCELLO DA POBRA


Fáltannos adxectivos para criticar a sinistra burla e a descarada estafa do alcalde Isaac Maceiras no que converte o acceso ao emprego público do concello, onde suple os principios de igualdade, mérito, capacidade e transparencia polos de enchufismo, clientelismo, amiguismo e escarnio cara a cidadanía.

No concello da Pobra os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade requiridos para traballar en calquera administración pública novamente vólvense a infrinxir. Non é un principio básico para este Goberno que prometeu 500 postos de traballo en campaña electoral e o único que fai e enchufar aos amigos e descendentes dos seus concelleiros.

O martes pasado, día 3 de xullo abriu a oficina de turismo da Pobra, situada a carón do parque infantil do Castelo. Que se saiba non houbo ningunha convocatoria oficial para cubrir dita vacante co profesional máis cualificado. Dita praza a está ocupando a filla da concelleira de servizos sociais, Balbina Lojo Olveira. A súa filla Estefanía García Lojo, que tamén exerce como vogal de Novas Xeracións da Pobra foi a persoa elixida sen que teñamos constancia da preparación académica requirida e se reúne as condicións mínimas para o posto. 

Según puidemos saber o criterio para seleccionar a esta moza foi, aparte do enchufe por ser filla da concelleira de servizos sociais, “es que tiene buena presencia”. O comentario por  sexista merece a nosa repulsa e dedúcese que a lei de igualdade é unha broma para este alcalde. Na lexislación vixente non existe o  concepto de “buena presencia” para acceder a traballar na administración.

Aviso a nosa xuventude que aínda que estea preparada pero, se ten ideas propias e non  milita no Partido Popular,  no concello da Pobra non ten futuro.

Esta irresponsabilidade do Alcalde, fai que os veciños visualicemos a maneira que ten de premiar os amigos, neste caso a un membro do seu equipo de goberno, comportándose dunha maneira despótica propia de tempos pasados. Mófase da xuventude, fai que se nos vexa como un concello de chirigota, de enchufados e discrimina aos profesionais que puideran competir por ese posto de traballo. Quebrantan as leis para ser fieis os seus amigos co fin de  pagar favores, desmoralizan aos mozos e as súas familias e búrlanse de toda a sociedade.

Deixamos as seguintes  ligazóns para que lembredes que con anterioridade xa o alcalde obrou de forma pouco obxectiva para favorecer tanto a súa concelleira coma a súa filla:
Contratación de socorristas e limpeza de praias do ano pasado: 


Outro favor que o alcalde lle fixo a mesma concelleira: 

lunes, 2 de julio de 2012

REFLEXIÓN DO MOMENTO POLÍTICO


Levamos, xa, cinco longos anos, dende o afondamento do sistema financeiro nos EE.UU. Lévase escrito moito, e no noso país, o goberno de Zapatero foi  víctima da desfeita que o corte do creto provocou na construcción e no parón do consumo, no incremento do desemprego e nos recortes da protección, e na baixada nos ingresos do Estado. As medidas que se tomaron daquela non arranxaron o problema, aínda que algunhas ían no bo sentido. Haberá tempo de volver sobre o asunto.

Pouco se parece  hoxe, España , ao que fomos nos derradeiros anos que precederon ao comezo da crise. Pasamos de ser un país punteiro e respectado, sobre todo fora , e con pouca contestación dentro -se esquecemos a batalla campal da dereita, dende o mesmo momento que perderá as eleccións naqueles días desgraciados do 11M, e os tres seguintes.

Non queremos buscar xustificacións na comparanza co momento actual. Ó contrario, a realidade é ben esclarecedora. Salarios máis baixos, máis paro, máis impostos, máis represión, menos seguridade social, menos escolas e universidades, becas e investigación.

A todo isto hai que engadir o papel dos tribunais de “xustiza”, os “medios de comunicación”, a estafa da “banca”, o silencio cómplice da cúspide, e da base  fascista da igrexa, a mentira como instrumento “político” e de “comunicación”.

Isto non se fai para facer cadrar as contas, en contra do que din os farsantes que ocupan o goberno. As contas cadran en moitos países da Unión Europea –os nórdicos, por exemplo- e non se teñen que facer os recortes salvaxes nin recorrer ó medo  e a mentira como ferramentas para levar as cousas de todos.

A dereita aproveita a crise social para facer un cambio de modelo. Queren empobrecer ó Estado –empobrecendo ós traballadores e facilitando ós ricos o fraude fiscal- para que non poida facer fronte ós servizos que viña prestando: pensións, sanidade, ensino, etc. Deste xeito facilitan a entrada, no que é de todos, das empresas afíns. Esas que empregan familiares é benqueridos da dereita, como no caso de Bankia, e das tramas coma as do Gürtel, de todos coñecidas. Velaí a herdanza da que tanto falaban. As contas trucadas estaban, e seguen estando, alí onde a dereita mete as súas miserias, os seus familiares, e outros delincuentes.

É verdade. Estamos nunha trampa da dereita, que está utilizando a banca, que nos tima a todos para terminar de desmantelar o que queda do estado democrático. Os cartos do rescate serven para cubrir as perdas dos bancos –non para cretos ás familias ou empresas- e os réditos computan no déficit público, encarecen os tipos de interese “no Mercado” é, deste xeito, “xustifican” máis recortes. Ou sexa. Pagámoslle ós bancos, para que desfagan os servicios sociais. Así de triste, así de lamentable. Veremos salarios, condicións laborais e pensións asiáticas de aquí en adiante. Iso si, os impostos indirectos terán niveis de países europeos que atacarán ás clases menos podentes.

Pero, sendo todo isto moi perigoso para o noso presente, e unha ameaza clara para os máis novos, temos una boa nova: non temos que agacharnos coma escravos, non é algo inevitable, se somos capaces de ter un pequeno compromiso social e participar algo máis na vida pública.  

Non debemos seguir esperando a que veñan milagres a rescatarnos. Témolo que facer entre todos. É posible, sen necesidade de recorrer a máis sacrificios dos que xa imos ter que soportar. Todo canto fagamos mellorará, de xeito ven visible, as posibilidades individuais comas as colectivas. En contra das intencións da dereita, España debe ser un país que aposte pola competencia cos países punteiros e non cos de baixos custes.

Na Pobra tamén se libra esa batalla. Non se esquecen de ter empresarios afíns que propician a subordinación e non ás capacidades profesionais. En moitas empresas rexen os métodos clientelares por riba das relacións empresa-traballador. Est.e clientelismo político alcanza cotas descaradas e os xeitos da dereita son parellos ós do goberno do Estado. Pero sobre todo son o sustento das bases da dereita. As bases dos que queren levar a España ós mares da China, en limusinas americanas.
Todo isto non fai que A Pobra destaque para ben. Pola contra, perdemos en comparanza cos concellos veciños, como deixan ben ás claras as Directrices de Ordenación do Territorio, que o alcalde non rexeita. Iso si, non esquece subir as taxas e impostos para ocupar todo o que ten na cabeza: que todo vaia peor, e que se manteña unha cidadanía dócil, aborregada, que bota moitos foguetes o ar, e enche as furnas con votos da dereita. Ese é o seu programa. Tamén fai encontros cos xubilados, e outras inauguracións que pagamos todos, é despois pásalles a correspondente subida de “aportacións” nos recibos que remite ás contas bancarias. Todo moi de dereitas, con sorriso “profidén” e curta estatura..

A Pobra debe cambiar de ruta, de corporación e de alcalde. Non só a Pobra. Queremos que o noso concello encete un novo xeito de ver a vida pública dende o poder más próximo á todos nos. Os concellos.

Un concello innovador na relación e a cooperación con outros concellos, que nos abra a posibilidade de participar en sectores como o enerxético, o financeiro e con avanzadas políticas fiscais e medioambientais. Un concello onde se recupere, para as persoas a prioridade nas rúas e nas estradas. O respecto dos vehículos a motor cas normas de convivencia, cos outros usuarios, e co medio ambiente.

Un concello que incorpore á cidadanía o interese polas cosas que poden mellorar o nivel social. Fundamentalmente a xuventude. Faremos propostas innovadoras para o espacio cultural, festivo e deportivo da mocidade. Sobre todo contando ca súa opinión e experiencia en todos os lugares nos que queiran participar. Un concello para comezar un cambio dende as bases, que leve a Galicia e a España ao sitio onde non poidan volver a baixala os especuladores e os seus cómplices. Xa somos moitos. Queremos contar contigo. Hai un sitio connosco, agardándote.