jueves, 21 de noviembre de 2013

NON A SUBA DO CANON POLO TRATAMENTO DO LIXO

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a “INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A DESISTIR DA PRETENSIÓN DA SUBA DO CANON POLO TRATAMENTO DO LIXO NA PLANTA DA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE (SOGAMA)”, con base na seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos días vimos asistindo a titulares de prensa que facilita o goberno do Partido Popular neste Concello dicindo: “el ejecutivo pobrense congelará las tasas municipales para el 2014”. Continúan dicindo que “a intención é aliviar as cargas dos bolsillos dos pobrenses en medio dunha crisis”. Esta preocupación xurdiulle agora, de repente, xa que ese non foi o criterio que seguiron con respecto as taxas do ano 2012 e 2013, pese a situación dramática que xa estaban a vivir as familias. Na Pobra, non está equilibrada a presión fiscal que se exerce sobre as familias ca prestación de servizos públicos de calidade.

 Pese a todo, o goberno do PP, no ano 2012, incrementou a taxa do lixo un 3% (contabilizando o IPC do mes de agosto de 2011) máis 50 céntimos/mes por vivendas e 1€/mes as actividades económicas. No ano 2013 o incremento foi do 2.7% (IPC do mes de agosto 2012) máis 50 céntimos/mes vivendas e 1€/mes as actividades económicas.

Para xustificar esta subida de impostos o Partido Popular da Pobra explicaba que a taxa do lixo é unha taxa deficitaria e continuaba argumentando que os veciños teñen que contribuír a reducir o déficit estrutural do servizo. Con estes antecedentes temémonos que esa conxelación será efémera, mais cedo que tarde repercutirá nos nosos petos, por elo non debería parecerlle improcedente a este goberno municipal solicitar a urxente retirada da proposta de incremento do canon por tratamento de residuos e se non se retira a iniciativa que o custe do incremento do canon sexa asumido integramente polo Goberno autonómico.

No proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, presentado pola Xunta de Galicia, e en concreto na Disposición Adicional 21ª, Dous, preténdese a revisión do canon unitario de tratamento por tonelada de lixo, a percibir pola Sociedade Galega de Medio Ambiente, pasando este a alcanzar un importe de 74,64 €/Tonelada métrica tratada, mais IVE.

            Na actualidade o importe que abonan os 296 concellos galegos, que utilizan os servizos de SOGAMA, é de 55,91 €/Tonelada métrica tratada, mais IVE, co cal, de aprobarse definitivamente a pretensión da Xunta de Galicia, o canon se incrementaría nun 33,5%.

            Xustifica a Xunta este desmedido incremento na caída das primas estatais que percibe SOGAMA pola valorización enerxética dos residuos (incineración de lixo), caída que ten a súa orixe nunha decisión do Goberno Rajoy.
            O certo é que, analizando as contas que se recollen no proxecto orzamentario autonómico para o próximo ano, SOGAMA, co novo canon, pasaría de ter perdas no exercicio de 2013 a ter uns beneficios no 2014 de 6.624.160€, despois de impostos.

            Non resulta comprensible, nin aceptable que unha sociedade do sector público autonómico galego como SOGAMA, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,  na que a Xunta de Galicia ten o 51% do capital social, se plantee, nos tempos de crise  que estamos a sufrir, a prestación dun servizo público, con afán recadatorio, toda vez que o fin da suba non é o de conseguir a  simple cobertura de costos do servizo, senón tamén o de xerar uns inxustificados beneficios, beneficios que serían directamente detraídos dos xa moi empobrecidos petos dos cidadáns.

            É de todos coñecido que a práctica totalidade dos concellos están a sufrir unha importante diminución dos seus ingresos, atopándose nunha situación moi delicada que lles ten obrigado a deixar de prestar ós seus veciños algúns servizos moi necesarios. De levarse a cabo este incremento que pretende a Xunta a penuria do municipalismo galego será moitísimo maior.

            A Xunta de Galicia, en vez de demandar compensacións ó Goberno central polos recortes que sufrirá SOGAMA nas primas pola coxeneración eléctrica, opta pola solución socialmente mais inxusta: incrementar o canon, obrigando ós Concellos a subir o canon que deberán abonar os seus veciños polo tratamento do lixo.
            Resulta insultante a carencia da mais mínima sensibilidade social da que da mostra a Xunta de Galicia do Partido Popular nun asunto como este. Gobernando baixo a fórmula do “ordeno e mando” da as costas ós galegos e castiga dun xeito inmisericorde os seus intereses.

            Os Socialistas apostamos por afrontar esta situación dende o diálogo e o respecto institucional entre os poderes locais, representados na FEGAMP,  e o poder autonómico, e demandamos da Sociedade Galega de Medio Ambiente ter cumprido coñecemento da realidade da súa xestión económico financeira e organizativa, así como dos parámetros de eficiencia medio ambiental e ecolóxica que alcanza no tratamento dos residuos que se lle confían.


Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes


ACORDOS:

1º. Demandar ó Presidente da Xunta de Galicia a urxente retirada da proposta de incremento do canon por tratamento de residuos, recollida na Disposición Adicional 21ª, Dous, do proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

2º. Demandar ó Presidente da Xunta de Galicia e ó Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias a creación e posta en marcha dunha mesa de negociación, na que, coa presenza e colaboración de SOGAMA, se estuden os custos reais do tratamento de residuos dos concellos.

3º. Dirixirse a todos os Grupos políticos, con representación no Parlamento de Galicia, a fin de que requiran da Xunta de Galicia a realización dunha auditoría externa (económico financeira, recursos humanos, produción, medio ambiental, etc.) da Sociedade Galega de Medio Ambiente, dándose traslado dos seus resultados á totalidade dos concellos que utilicen seus servizos.

          4º. Demandar do Presidente da Xunta de Galicia que, para o caso de que non se retire a iniciativa da nova tarifa do canon de tratamento de residuos dos orzamentos autonómicos do 2014, o incremento que sufra o mesmo respecto ó do ano 2013 sexa asumido integramente polo Goberno autonómico, sen repercusión algunha nas transferencias ós concellos

A Pobra do Caramiñal, 12 de novembro de 2013.


martes, 19 de noviembre de 2013

Limpeza viaria: a uns SI e a outros NON

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a limpeza dos camiños.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A limpeza viaria comprende todas as tarefas que se realizan os 365 días do ano aínda que neste Concello, no rural, se acometen unha vez ao ano, a finais da primavera ou comezo do verán.
Moitos son os veciños que acudiron as dependencias municipais solicitando que se limpen os camiños que frecuentan, onde se sitúan as súas vivendas, que están cheos de malas herbas, silvas e demais vexetación. Incluso as malas herbas invaden as beirarrúas de recente construción.
As persoas que solicitan a limpeza e non teñen éxito cas súas demandas, séntense discriminadas porque na maioría dos casos o tractor que o concello contratou para ese cometido chegou a carón das súas vivendas sen realizar a tarefas de limpeza,  polo que se consideran veciños de terceira categoría para que se lle presten os servizos municipais, pero non para pagar impostos como o IBI que o pagaron en tempo e forma.
Cando se contratou o tractor para limpar as gabias e camiños, recordamos nos medios de comunicación ao alcalde dicir que todos íamos a quedar contentos,  o que aconteceu foi que moitas persoas sentíronse esquecidas e ninguneadas. Unha das  prioridades do equipo de goberno é velar pola efectividade da labor encomendada.
É obriga do Concello a limpeza das vías públicas como consecuencia do uso común dos cidadáns.
Poñemos exemplos:  o “Camiño do Cagulo”,  levan dous anos sen cortar as silvas, tendo que cortalas os usuarios do mesmo. Na Ponte Barbanza ou na Ribeiriña limpáronse zonas puntuais. Na Mirandela: crecen as herbas nas beirarrúas,  e noutros tramos non se limparon as silveiras e gabias.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte
ACORDO:
-         Que o goberno municipal adopte as medidas necesarias, para garantir que o servizo de limpeza viaria chegue a todos os veciños e non se discrimine a ningunha persoa xa que os espazos de uso público de titularidade municipal constitúen unha responsabilidade municipal.

A Pobra do Caramiñal, 12 de novembro de 2013.

martes, 22 de octubre de 2013

Moción COPAGO farmacia hospitalaria

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción para que o Concello asuma o COPAGO dos medicamentos dispensados nas Farmacias Hospitalarias do SERGAS.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Unha das primeiras medidas do goberno de Rajoy foi a aprobación en abril de 2012 do fatídico Real Decreto 16/2012, tamén coñecido como o da contrarreforma sanitaria. Un auténtico plan de demolición da sanidade pública. Coa súa entrada en vigor desapareceu o dereito universal á sanidade converténdonos a todos/as en asegurados/as. Desta maneira, só son usuarios/as con dereito aos servizos sanitarios non urxentes os cotizantes á Seguridade Social e os familiares que se poidan incluir nas súas cartillas. Os copagos ou mellor dito repagos, se temos en conta que os servizos públicos xa os financiamos cos nosos impostos, e a creación de tres carteiras de servizos, podendo introducir copagos na suplementaria e na accesoria, indican o comezo dun proceso de mercantilización e entrega aos intereses privados do sistema de sanidade público, conseguido como a educación pública, os servizos sociais, a cobertura do desemprego, as pensións, etc. con duras loitas sociais.
A Xunta de Galicia pretende aplicar o decreto que obriga a pagar parte dos medicamentos que se dispensan nos hospitais a enfermos con cancro, SIDA, linfomas, artrites severas, etc consideramos a medida inxusta e escandalosa dado que supón un novo imposto (taxa) que grava ás persoas con enfermidades graves que poñen en risco a súa saúde.
Carece de racionalidade xa que a prescrición corre a cargo de persoal facultativo especializado, na que os pacientes non teñen ningunha responsabilidade e polo tanto non vai destinada a corrixir ningún abuso ou mala utilización dos recursos sanitarios.
A súa capacidade recaudatoria ou de aforro para o sistema é mínima e pode contribuír a que os pacientes con menos recursos vexan obstaculizado o seu acceso á asistencia por enfermidades graves e potencialmente perigosas para a súa saúde. Hai evidencia de que o copago condiciona que algúns pacientes non retiren os medicamentos que prescríbenlles os seus facultativos. 
A medida só se xustifica por motivos ideolóxicos e para demostrar á Unión Europea e aos cidadáns en xeral a férrea vontade do actual goberno de adoptar medidas de recorte duras coas persoas necesitadas por encima da sensibilidade social e da racionalidade sanitaria: Facer recaer o peso da crise sobre as persoas con máis necesidade como os maiores, discapacitados ou que padecen enfermidades crónicas é inxusto e inaceptable.
Cidadanía, profesionais e pacientes amósanse indignados e escandalizados ante unha medida cruel e inxusta como é a do copagamento de medicamentos de dispensa hospitalaria,  que se recolle na Resolución de 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiamento de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario.

A propia Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria xa sinalou que este copago é plenamente inxustificado, xa que non contribúe a racionalizar o consumo nin serve como instrumento de financiamento adicional.

Este copagamento carece de efecto disuasorio, xa que non ten sentido modular a demanda destes medicamentos, debido ás estritas indicacións e control hospitalario da dispensa destes para gravísimas patoloxías como SIDA, hepatite C, esclerose múltiple ou diversos tipos de cancro.

Por outra parte, a outra xustificación do copagamento, o aforro económico, non é tal. Cálculos do sector da farmacia hospitalaria sinalan que en Galicia o aforro anual será de pouco mais de 300.000 euros.

O aforro económico será ínfimo para as arcas da Xunta de Galicia pero non sucede igual para os pacientes, con gastos que poden significar, por exemplo, para un enfermo de hepatite C mais de 40 euros/mensuais (480 euros anuais) por unha medicación imprescindible para a súa supervivencia (lembremos que o custe máximo deste copagamento é de 4,20 euros por envase).

Distintas doenzas crónicas e moi graves teñan que pagar o Xeloda®, o Tyverb®, o Afinitor® e o Nabelvine® no caso do cancro de mama e outros fármacos para os tumores cerebrais, para a leucemia, a artrite reumatoide, etc.
De novo un inxusto e cruel imposto para as persoas que máis sofren e que se suma á crecente lista que o goberno do Partido Popular ven implantando: próteses, transporte sanitario e produtos diéteticos. Afecta, por exemplo, ás próteses de mama e ás prendas de comprensión.
Compre lembrar, posto que nos estamos a referir a doentes con enfermidades especialmente graves, que simultaneamente á introdución dos copagos para os pensionistas e o incremento para os activos en xeral, xa se tiña aumentado o tope de pago para as aportacións reducidas incidindo en varios medicamentos para o tratamento do cancro: antieméticos como granisetrón (Kitryl®) ou ondansetrón (Zofran®), axentes cetoxificantes para tratamentos antineoplásicos como ácido folínico (Lederfolin® ou Isovorin®), axentes antineoplásicos e inmunomoduladores, incluídos tratamentos hormonais; e analxésicos como o fentanilo e a morfina por vía oral.
No mes de agosto de 2012 máis de 400 fármacos foron  retirados do financiamento público. Antidiarreicos, preparados para a tose, hemorroides, varices, herpes e, entre eles, os protectores de estómago para alivio dos efectos da quimio saíron fóra da carteira pública de medicamentos.
A vista que tanto o Goberno Central presidido por Rajoy e a súa Ministra Mato non dan marcha atrás con este atropelo aos cidadáns, e que o Presidente da Xunta o Sr. Feijoo como a Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera, corroboran que se vai cobrar en Galicia, o Grupo Socialista vai a solicitar que parte de este copagamento o asuman as arcas municipais tendo en conta que o custe non sería moi elevado para o Concello, xa que vendo as estatísticas a medida podería afectar a poucas persoas, pero en cambio si que melloraría moito a calidade de vida destes veciños e veciñas.
Uns veciños e veciñas que, en todo caso, terían que dispoñer dun informe favorable dos Servizos Sociais, de xeito que esta medida beneficie a aquelas persoas que non dispoñen de moitos recursos e que están perdendo calidade de vida debido aos distintos copagamentos, repagamentos, subida de impostos ou perda adquisitiva das súas pensións por culpa da política de recortes aplicada polo Partido Popular.
É habitual que o equipo de goberno vote en contra sistematicamente ás iniciativas presentadas por esta concelleira, sempre o fai con argumentos nimios pero neste caso deben escoller entre saúde e vida para os seus veciños/as ou festa e propaganda para a gloria deste goberno local. É certo que os orzamentos non contemplan unha partida específica para este fin, sen embargo existen gastos que poden suprimir, como por exemplo as facturas que pasou José Fajardo (Chicolino) pola comida da terceira idade por importe de 9.995,70€, ou outra factura que di “resto da factura da comida da 3ª idade” por importe de 4.418,70€, pinchos cabaleiros das cunchas 480€, pinchos encontro música 675€,  pinchos 1.400€, máis pinchos 400€, banda de música 2.154,59€, ... entre innumerables gastos deste tipo, todos eles prescindibles. Para poder pagar as facturas previamente se recadou a través de impostos que pagamos todos/as. Máis que nunca deben racionalizar e priorizar os gastos porque a crise está cebándose cas persoas máis débiles dunha maneira inxusta e incomprensible. Estamos vivindo nun contexto económico especialmente cruel e difícil e, por elo, hai que adoptar medidas especiais.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO:

Que o Concello de a Pobra do Caramiñal asuma o COPAGO dos medicamentos dispensados nas Farmacias Hospitalarias do SERGAS dos seus veciños e veciñas, contando ca previa valoración dos Servizos Sociais municipais para que as persoas mais necesitadas non se vexan prexudicadas.   

A Pobra do Caramiñal, 20 de outubro de 2013.

lunes, 23 de septiembre de 2013

A POBRA E A MEMORIA HISTÓRICA

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción para contribuír ao debate sobre a memoria histórica do noso país.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza recorda que a memoria histórica forma parte dos cimentos ou pilares dunha sociedade. Non se pode construír, nin reformar, nin ampliar unha democracia tapando o seu pasado, e mirando cara outro lado. O noso país, a nosa democracia teñen un deber moral, un deber de xustiza e un sentido ético que deben sustentarse no coñecemento reposado pero intenso do pasado século. Non se trata de abrir feridas, senón de pechalas de forma definitiva e de aprender das experiencias pasadas. Vivir o presente e encarar o futuro non se pode facer obviando o pasado ou seguir permitindo que se cerre en falso.

No pleno do 26 de xullo do Concello de Baralla, o Sr. González Capón, Alcalde do Concello de Baralla, xustificou a negativa do grupo do PP á condenar os crimes da ditadura franquista. A citada xustificación descansaba na seguinte afirmación do propio Alcalde: "los que fueron condenados a muerte" durante el franquismo "será que lo merecían". Esta declaración pode claramente interpretarse como unha apoloxía do terrorismo , dende logo inaceptable en democracia, máxime da man dunha “autoridade” institucional. Xustifica e ampara a violencia política. Son unha ofensa para as vítimas da ditadura franquista.

Debémoslle recordar ao Señor Alcalde, que mais de 6.000 galegos demócratas foron asasinados pola ditadura franquista, entre eles veciños deste pobo como o Tenente de Alcalde D. Manuel Hermo Vidal fusilado en Santiago de Compostela o 16 de abril de 1937. D. Manuel Boo López, D. Segundo González Davila, D. José Ramón Ouviña González, executados o 22 de setembro de 1936, en Santiago de Compostela. Da. María Vázquez Suárez, mestra socialista destinada na Pobra, executada o 19 de agosto de 1936 na praia de Miño. D.Manuel García Hermo foi executado o 20 de agosto de 1936. Antonio Torres Rodríguez, executado o 26 de setembro do 36, D. Antonio Rodríguez Casais executado o 27 de setembro do 36. D. Cayetano Sánchez Rivero executado o 17 de decembro do mesmo ano , entre unha longa lista de veciños/as vítimas do franquismo.

Hoxe en día aínda hai mais de 115.000 persoas que se contan como desaparecidas en España por culpa da ditadura. Miles de mulleres foron violadas, miles de traballadores foron expulsados dos seus postos de traballo, miles de persoas perderon inxustamente os seus bens ao ser estes incautados pola ditadura.

Así mesmo lembrámoslle ao citado Alcalde que as Institucións Europeas condenaron ao Franquismo por ser unha ditadura asentada nun golpe de estado que causou unha Guerra Civil. Non quere recordar este Alcalde o que aprobou o parlamento español en 2007?. Nese ano o parlamento español declarou o seguinte:

1.      Se declara la ilegitimidad de los Tribunales, Jurados y cuales quiera otros órganos penales, administrativos que, durante la Guerra Civil, se hubieran constituido para imponer, por motivos políticos, ideológicos o de creencia religiosa, condenas o sanciones de carácter personal así como sus resoluciones.

2.      Por ser contrarios a Derecho y vulnerar las más elementales exigencias del derecho a un juicio justo, se declara en todo caso la ilegitimidad del Tribunal de Represión de la Masonería y el Comunismo, el Tribunal de Orden Público, así como los Tribunales de Responsabilidades Políticas y Crímenes de Guerra constituidos por motivos políticos , ideológicos o de creencia religiosa.

3.      Igualmente se declara ilegítimos por vicio de forma y fondo, las condenas y sanciones  dictadas por motivos políticos, ideológicos o de creencia por cualesquiera Tribunales u órganos penales o administrativos durante la Dictadura contra quien defendía la legalidad institucional anterior, o pretendían el restablecimiento de un régimen democrático en España.

Despois de todo o investigado polos historiadores, despois dos acordos parlamentarios conseguidos, Como se poden dicir publicamente afirmacións como a efectuada polo Sr. Alcalde de Baralla no pleno do mes de xullo?

Unha vez que este Alcalde rectificara publicamente as súas declaracións ofensivas e humillantes á democracia, nomeadamente aos milleiros de vítimas do franquismo. Entendemos que son tibias e insuficientes, non podendo ser que un dirixente democrático adopte este tipo de declaracións fascistas.

    Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes


ACORDOS


1.      Instar ao alcalde do Concello de Baralla a que presente a súa dimisión con carácter inmediato.
2.      Que o pleno da Corporación Municipal faga un pronunciamento público a favor das vítimas do franquismo e condenar o Golpe de Estado de xullo de 1936 así como todo o período da Ditadura Franquista.
3.      Instar ao  PP de Galicia a condenar publicamente estas denigrantes e inxustificables declaracións do titular do concello de Baralla.


A Pobra do Caramiñal, 11 de agosto de 2013.

O ABANDONO DO LAGAR

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción para mellorar o entorno da Urbanización do Lagar.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

1.- O eixo exterior da zona sur da Urbanización do Lagar, composto polas rúas Godello (onde radica a seda da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Autónomos da Pobra do Caramiñal), a rúa Ulla e a rúa Condado, están nun estado deplorable de conservación.

2.- Ademais da falta de sinalización viaria horizontal e mobiliario urbano, defectos dos que adoece a práctica totalidade da Urbanización (que carece de papeleiras e pasos de peóns en proporción acorde coa súa densidade de poboación), o pavimento está absolutamente deteriorado, a maleza crece alí onde hai un anaco de terra que lle sirva de soporte, onde xorden puntos de vertedura de lixo e escombros que non son atallados polos servizos de limpeza municipal.

As sucesivas obras de instalación de canalizacións de gas cidade e rede de fibra óptica, para as que foi precisa a apertura de zanxas, en lugar de dar pe á esixencia por parte do Goberno Local da reposición completa do aglomerado asfáltico -como sí se fixo na rúa Venecia-, deron lugar a unha serie de "parches" no pavimento, que co seu rápido deterioro viñeron a agravar os graves problemas existentes; así mesmo, tras as obras depositáronse os restos nunha parcela lindante que carece de peche perimetral, co conseguinte perigo para os nenos que xogan polo barrio.

3.- Nesta zona hai tamén unha gatería (colonia felina), que está a acadar dimensións considerables dada a proliferación de ratos e insectos de todo tipo, que xunto cos restos de lixo e a boa vontade dos veciños constitúen a súa fonte de alimento. Ademais da incomodidade e sensación de abandono que confiren ao barrio, estes animais -a aqueles dos que se alimentan- supoñen un risco de saúde pública, en particular para as mulleres embarazadas (Toxoplasmose).

4.- No momento actual, no eixo indicado no parágrafo primeiro existen baches de gran profundidade, susceptibles de causar danos en vehículos -imputables ao Concello, responsable da pavimentación das vías públicas consonte o art. 26.1.a da Lei 7/1985-, e que xeran riscos para os peóns ante previsibles cambios bruscos de dirección dos condutores ao realizar manobras evasivas para esquivar os buratos e parches.

Neste punto, cómpre salientar que os peóns circulan a cotío pola calzada ante as reducidas dimensións das beirarrúas, e ao non estar ordenadas as zonas de cruce peonil por medio de pasos de peóns, os veciños cruzan por onde boamente poden para depositar o lixo doméstico nos contedores.

Este risco de colisión ou atropelo vese incrementado no tramo de dobre sentido de circulación que entronca coa rúa Atalaia, porque a inexistencia dunha correcta sinalización das zonas aptas para o aparcamento provoca que se acumulen vehículos no lado da calzada oposto aos edificios, o que impide o uso simultáneo do dobre sentido e dificulta a entrada e saída dos garaxes (todos eles con vado permanente, gravado cunha taxa municipal).

5.- Este mesmo lado da rúa Godello está cheo de maleza e lixo, o que ademais do evidente problema de salubridade provoca un patente risco de incendio no verán ao secarse a vexetación; por estar situada alí unha das "illas" de contedores de residuos domésticos -obxectivo en demasiadas ocasións de actos vandálicos-, e ao aparcar moitos vehículos ao seu carón, a obriga do propietario de conter a vexetación (xa sexan os terreos de titularidade pública ou privada, cousa que se descoñece) cobra especial relevancia ante o incremento dun risco xa de por si importante.
6.- Ao remate da rúa Godello existe un terraplén cheo de maleza, sen ningún tipo de protección co risco que isto conleva de caídas para nenos e adultos

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS

Que a urbanización do Lagar:

1.     Se dote dunha correcta sinalización viaria  e mobiliario urbano.
2.     Se arranxe o pavimento totalmente deteriorado.
3.     Se limpe a maleza e escombros.
4.     Se proceda ó cerre da parcela na que hai un terraplén no remate da rúa Godello.
5.     Se proceda a ter unha adecuada seguridade e hixiene medioambiental para evitar a proliferación de animais e insectos.


sábado, 14 de septiembre de 2013

Denuncia ante o Alcalde polo derrube da casa de Victoriano García Martí



Mª Teresa García Guillán, Concelleira polo PSdeG-PSOE, no que no seu nome e representación comparezo, e como mellor proceda en Dereito, EXPOÑO:

Como vostede sabe, Fernando Casanova Fernández escribiu o libro "Victoriano García Martí. Paisajes literarios de una vida" publicado polo propio Concello da Pobra do Caramiñal en 2003 e Ramiro Villoch Herrera (conocido como Don Ramiro) publicou o libro "Tempos de vela", sobre a implantación de familias e negocios cataláns na Pobra e dedica un dos seus capítulos á familia de don Victoriano García Martí. Tratábase de emprendedores e industriais asentados no Barrio dos Cataláns no derradeiro cuarto do século XIX.

Hai tres meses, o Concello editou un terceiro libro "Cronoloxía histórica da Pobra do Caramiñal", cuxo autor é Xoán Pastor Rodríguez, ilustrativo da importancia da Familia de don Victoriano na Pobra, en Santiago e en Madrid.
   
Don Victoriano García Martí é Fillo Ilustre de A Pobra do Caramiñal.

Con bolsa pola École de Hautes Etudies e en La Sorbonne (Francia), introdutor do pensamento de Henry Bergson en España, secretario do Ateneo de Madrid co Conde de Romanones e Valle-Inclán, entre outros. Foi tamén Académico de la RAJ e da RAG, distinguido co Orde Española de Alfonso X o Sabio (precedente dos actuais Príncipe de Asturias), autor de máis de 50 libros, miles de colaboracións periodísticas en Galicia, Madrid e Iberoamérica. Promotor do rescate da Obra literaria de Rosalía de Castro, amigo persoal de dona Emilia Pardo Bazán, de Gala Murguía de Castro, de Valle-Inclán, de Miguel de Unamuno, de Manuel Azaña, de Azorín, de Jacinto Benavente, de Joan Maragall, de Castelao, de Vicente Risco, de Blanco Amor ou de Otero Pedrayo, entre outros, que COMPARTÍAN TERTULIA na CASA do Paseo do Areal, nº 5.

Como Alcalde ten a responsabilidade, perante a historia, de salvagardar o Patrimonio, tanto o material como o inmaterial. Ten a responsabilidade de protexer e poñer en valor o legado, neste caso, de Victoriano García Martí. E non é outorgarlle o seu nome a unha praza ou nomealo fillo predilecto da Vila, senón de loitar polo mantemento da súa casa, tal e como se fixo coa doutros autores como Castelao, Rosalía de Castro ou Valle-Inclán.

Non protexelo e mesmo potenciar a súa destrución é faltar á memoria e ao respecto, non so do Ilustre, senón do pobo pobrense en xeral, do que a imaxe que se proxecta aos nosos visitantes é dun pobo que non ama aos seus literatos, á xente que a fixo famosa.

O día catro de setembro asistimos estupefactos ao comezo do derribo da Casa de Victoriano García Martí, Fillo Ilustre do Concello, co fin de destinar a finca a aparcadoiro adicional para un supermercado, coa desaparición do xardín interior e levantamento das árbores, para deixalo liso, horizontal e asfaltado.

Resulta unha AUTÉNTICA BANALIDADE, case INSULTANTE ao pobo da Vila e á memoria do seu Fillo Ilustre CONVERTER A SÚA CASA nun APARCADOIRO PARA O SÚPER.

Todo isto, con licenza municipal amparada en Proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños Ismael Óscar Caamaño Vilas (colexiado 29.125, titulación non competente para redactar proxectos que afecten ao Patrimonio) e Lino García Beiro, Arquitecto T. (supostamente técnico, é dicir Aparellador) sen número de Colexiado.

O proxecto carece de Memoria Urbanística, tal e como o entende o Artigo 14 do Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia, como documento específico e independente na que se indique a súa finalidade e uso da construción ou actuación proxectada, razoándose a súa adecuación á ordenación vixente e incluíndo a ordenanza que sexa de aplicación.
  
Convenlle REPASAR os contidos do Planeamento e das Leis, que “son para cumprilas”:
  
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de A Pobra do Caramiñal foi aprobado definitivamente o día 3 de xullo de 2008, e publicado no Diario Oficial de Galicia do día 1 de setembro de 2008. No documento “Estudo de sostibilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico” contido no PXOM reflíctese que o casco antigo, resultado da fusión espacial das dúas antigas pobras medievais, está bastante ben conservado, malia ás desafortunadas intervencións pouco sensibles que se produciron durante un longo período de tempo, e malia a unhas Normas Subsidiarias Municipais e un Estudo de Detalle das Prazas que contiñan a especulación inmobiliaria e consecuente desaparición do valor histórico e patrimonial de este conxunto histórico, manténdose no seu espírito a trama urbana inicial e evitando a desaparición do parcelario orixinal.

Na Memoria do PXOM, o epígrafe 2.f) relativo a “normas urbanísticas” fai mención a que “o casco antigo da Pobra do Caramiñal, pola súa particular configuración e problemática urbanística específicas, é remitido a un Plan Especial de Protección, para o que se delimita o seu ámbito e se establece unha normativa transitoria que haberá de rexe-las actuacións sobre el en tanto non se aprobe o correspondente planeamento de carácter xeral. A seguir indícase que sobre ese recinto o Plan Xeral ven a confirmar a imposibilidade de abordar calquera tipo de regulación que non teña un alcance específico e pormenorizado, con nivel de detalle que excede o tratamento asumido polo planeamento de carácter xeral.

O propio Catálogo do PXOM, de xeito transitorio e preventivo, incorpora unha grande cantidade de edificacións que polo seu carácter morfolóxico e histórico, revelador do espírito construtivo dos séculos XVIII e XIX, convén manter para futuras xeracións. Pero resulta insuficiente, en tanto en canto non é suficiente manter casos puntuais senón o conxunto.

A propia Normativa do Plan Xeral establece unha ordenanza específica que no seu capítulo 7 define como “Ordenanza 5ª. Casco antigo. Normativa transitoria”, grafada nos planos de ordenación na cor específica e abranguendo unha contorna perfectamente definida que coincide co que o PXOM define como Casco Antigo da Pobra do Caramiñal. O apartado “Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo” di textualmente:
       
“O ámbito do casco antigo da Pobra do Caramiñal presenta uns valores ambientais notables, tanto polas características da súa estrutura urbana de orixe histórica como pola presenza de edificacións singulares, entre as que destaca a Torre de Bermúdez, declarada Monumento Histórico-artístico, conformando un conxunto cunha particular problemática urbanística que esixe unha ordenación pormenorizada que garanta a súa protección e recuperación. Conforme a estas circunstancias deberase proceder á elaboración dun Plan Especial de Protección e Reforna Interior para o ámbito do Casco Antigo que se delimita neste Plan Xeral”.
      
Continúa o texto, a seguir:

“O mencionado Plan Especial deberá ser sometido á súa aprobación no prazo de dous anos a partir da aprobación definitiva do presente Plan Xeral, recomendándose pola urxencia das súas finalidades, que a súa elaboración se desenvolva en paralelo á propia tramitación do Plan Xeral”.

TRANSCORRERON CINCO ANOS, dous anos dende a PRESCRICIÓN DO PLAN XERAL DENTRO DO CASCO ANTIGO. Polo que significa demostrar o nulo interese polo Patrimonio e polo Urbanismo da nosa Vila (o cal lle quita total Autoridade na materia).


Non se trata, pois, dun Casco Histórico Declarado como tal, pero si de un CASCO ANTIGO con PRIORIDADE PROTECTORA, a xulgar polo propio texto do Plan..
  
Ao estar PRESCRITA a Acción do Plan Xeral, a través das súas NORMAS provisionais, por ter transcorrido sobradamente o PRAZO DE DOUS ANOS, está OBRIGADO a someter a toda obra, previo á concesión da licenza municipal, á Autorización Vinculante do Departamento Territorial de Patrimonio de A Coruña.

  
Por outra banda, o propio Plan Xeral, no apartado "modificacións introducidas no Catálogo en relación co Informe da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Coruña" indícase o texto "engádense así mesmo outros exemplos arquitectónicos significativos e un grupo de construcións do Paseo do Areal (Barrio dos Cataláns) onde se sitúa un conxunto de edificacións que manteñen a referencia respecto da arquitectura protoindustrial da vila, relativa ás instalacións de salgado e primeiras conserveiras".
   
Nos propios planos do Plan Xeral, a edificación está situada dentro do perímetro cuxo interior, grafado en cor gris, lle atribúe o título de Casco Antigo da Pobra do Caramiñal, remitindo a un Plan Especial de Protección, indicándose unhas normas provisionais para o período transitorio desde a aprobación definitiva do planeamento xeral e do plan especial, incluíndo expresamente o Barrio dos Cataláns, "singular conxunto de edificacións residenciais e de carácter fabril situadas ao longo do Paseo do Areal, lugar de asentamento a finais do século XVIII e principios do XIX dos empresarios adicados ao salgado da sardiña que promoveron o desenvolvemento e modernización da Vida da Pobra".

O propio CATÁLOGO de protección do Plan Xeral contén o apartado “Listado de bens e edificacións a protexer”, indicando expresamente o Paseo do Areal, 5-6 (Casa de José Barreras), recollido na Ficha nº 86.

A edificación definida como “Paseo do Areal 5-6, Casa de José Barreras” define unha finca única na que hai dúas edificacións principais: a denominada “Casa de José Barreras” e a “casa de Victoriano García Martí”.

Ámbalas dúas edificacións FORMAN UN TODO, UNHA ÚNICA FINCA, tal e como se reflicte no propio Catastro e no Rexistro, e que vostede RATIFICOU na prensa recentemente.

Por algunha razón a ficha recolle unha finca con numeración dobre (5-6), e é a única do Paseo do Areal, xa que o resto teñen número único. O PERÍMETRO PROTEXIDO comprende as dúas edificacións principais ao Paseo, todo o muro perimetral ata a Rúa Gavoteira e todo o que se contén no interior.
 
Por algo no Catálogo do Plan Xeral especifícase expresamente que os espazos libres de edificación e anexos aos edificios suxeitos a protección quedarán afectos polos mesmos niveis de protección que eles, incluíndo todo o conxunto da súa implantación.
     
No apartado "Ámbito de protección de bens e edificacións catalogados" volve a incidir en que a Zona de Protección queda definida polos terreos comprendidos dentro do perímetro máis externo do ben que se protexe", algo que ven doutras normas de protección. Conforme ao disposto na lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia, calquera obra que se pretenda levar a cabo nun ben que figure no catálogo ou no seu contorno, deberá contar co informe previo e vinculante do organismo correspondente da Consellería de Cultura.

Dado que a finca denominada 5-6 é unha FINCA ÚNICA, TODA ELA ESTÁ PROTEXIDA, incluída a Casa de Victoriano García Martí.

Se lle queda algunha dúbida sobre a numeración, pode investigalo e ver que o Edificio que linda coa Casa de Victoriano García Martí ten a súa entrada pola Rúa Luís Seoane, sendo o NÚMERO SETE a Casa da Esquina, restaurada en pedra, do outro lugar da Rúa Luís Seoane. Teno gravado na propia pedra da fachada.

A protección de todas estas edificacións é de Protección Ambiental, que permite obras de Conservación, Restauración, Rehabilitación ou Reestruturación.. O apartado "Prohibición de Demolición" indica que os edificios afectados non poderán ser demolidos baixo ningún concepto, debendo manterse as fachadas obxecto de protección durante a execución das obras ou calquera sistema de consolidación.
   
O propio Plan Xeral indica que as aliñacións son obrigadas mantelas, non podendo modificarse agás a redacción dunha figura urbanística de modificación. O Paseo do Areal, ao estar dentro do ámbito de protección da Lei de Costas, debe contar cos permisos preceptivos na materia.

¿ QUÉ MÁIS PROTECCIÓN QUERE PARA A CASA DERRUBADA ?


Tendo en conta todo o antedito, comparezo e SOLICITO:


1)    A inmediata paralización das obras, por ser a licenza NULA de pleno dereito, podendo responder o Concello das consecuencias do seu incumprimento.


2)    A incoación dun Expediente de Reposición da Legalidade Urbanística, ao abeiro de toda a lexislación na materia.

3)    Téñase en conta que na hora de solicitar documentos técnicos sexan redactados por profesionais competentes na materia, e visados polo seu Colexio Profesional


 

DENUNCIA AO DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL POLO DERRUBE DA CASA DE VICTORIANO GARCÍA MARTÍ

Mª Teresa García Guillán, Concelleira polo PSdeG-PSOE no que no seu nome e representación comparezo, e como mellor proceda en Dereito, EXPOÑO:

ANTECEDENTES
Fernando Casanova Fernández escribiu o libro "Victoriano García Martí. Paisajes literarios de una vida" publicado polo Concello da Pobra do Caramiñal en 2003.

Ramiro Villoch Herrera (conocido como Don Ramiro) publicou o libro "Tempos de vela", sobre a implantación de familias e negocios cataláns na Pobra e dedica un dos seus capítulos á familia de don Victoriano García Martí. Tratábase de emprendedores e industriais asentados no Barrio dos Cataláns no derradeiro cuarto do século XIX.

Hai tres meses, o Concello editou un terceiro libro "Cronoloxía histórica da Pobra do Caramiñal", cuxo autor é Xoán Pastor Rodríguez, ilustrativo da importancia da Familia de don Victoriano na Pobra, en Santiago e en Madrid.
   
Don Victoriano García Martí é Fillo Ilustre de A Pobra do Caramiñal.

Con bolsa pola École de Hautes Etudies e en La Sorbonne (Francia), introdutor do pensamento de Henry Bergson en España, secretario do Ateneo de Madrid co Conde de Romanones e Valle-Inclán, entre outros. Foi tamén Académico de la RAJ e da RAG, distinguido co Orde Española de Alfonso X o Sabio (precedente dos actuais Príncipe de Asturias), autor de máis de 50 libros, miles de colaboracións periodísticas en Galicia, Madrid e Iberoamérica. Promotor do rescate da Obra literaria de Rosalía de Castro, amigo persoal de dona Emilia Pardo Bazán, de Gala Murguía de Castro, de Valle-Inclán, de Miguel de Unamuno, de Manuel Azaña, de Azorín, de Jacinto Benavente, de Joan Maragall, de Castelao, de Vicente Risco, de Blanco Amor ou de Otero Pedrayo, entre outros, que COMPARTÍAN TERTULIA na CASA do Paseo do Areal, nº 5.

FEITOS
O día catro de setembro asistimos estupefactos ao comezo do derribo da Casa de Victoriano García Martí, Fillo Ilustre do Concello, co fin de destinar a finca a aparcadoiro adicional para un supermercado, coa desaparición do xardín interior e levantamento das árbores, para deixalo liso, horizontal e asfaltado.

Resulta unha AUTÉNTICA BANALIDADE, case INSULTANTE ao pobo da Vila e á memoria do seu Fillo Ilustre CONVERTER A SÚA CASA nun APARCADOIRO PARA O SÚPER.

O derrubamento está amparado por LICENZA MUNICIPAL SEN AUTORIZACIÓN PREVIA DO DEPARTAMENTO DE PATRIMONIO. O informe técnico municipal, redactado polo Aparellador Manuel Sabín Sabín non contén referencia algunha ao Catálogo nin contén FICHA URBANÍSTICA.

A licenza concedeuse en base a un Proxecto redactado polo enxeñeiro de camiños Ismael Óscar Caamaño Vilas (colexiado 29.125, titulación non competente para redactar este tipo de proxectos) e Lino García Beiro, Arquitecto T. (supostamente técnico, é dicir Aparellador) sen número de Colexiado.

O proxecto carece de Memoria Urbanística, tal e como o entende o Artigo 14 do Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia, como documento específico e independente na que se indique a súa finalidade e uso da construción ou actuación proxectada, razoándose a súa adecuación á ordenación vixente e incluíndo a ordenanza que sexa de aplicación.

FUNDAMENTOS XURÍDICOS
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de A Pobra do Caramiñal foi aprobado definitivamente o día 3 de xullo de 2008, e publicado no Diario Oficial de Galicia do día 1 de setembro de 2008. No documento “Estudo de sostiblidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico” contido no PXOM reflíctese que o casco antigo, resultado da fusión espacial das dúas antigas pobras medievais, está bastante ben conservado, malia ás desafortunadas intervencións pouco sensibles que se produciron durante un longo período de tempo, e malia a unhas Normas Subsidiarias Municipais e un Estudo de Detalle das Prazas que contiñan a especulación inmobiliaria e consecuente desaparición do valor histórico e patrimonial de este conxunto histórico, manténdose no seu espírito a trama urbana inicial e evitando a desaparición do parcelario orixinal.

Na Memoria do PXOM, o epígrafe 2.f) relativo a “normas urbanísticas” fai mención a que “o casco antigo da Pobra do Caramiñal, pola súa particular configuración e problemática urbanística específicas, é remitido a un Plan Especial de Protección, para o que se delimita o seu ámbito e se establece unha normativa transitoria que haberá de rexe-las actuacións sobre el en tanto non se aprobe o correspondente planeamento de carácter xeral. A seguir indícase que sobre ese recinto o Plan Xeral ven a confirmar a imposibilidade de abordar calquera tipo de regulación que non teña un alcance específico e pormenorizado, con nivel de detalle que excede o tratamento asumido polo planeamento de carácter xeral.

O propio Catálogo do PXOM, de xeito transitorio e preventivo, incorpora unha grande cantidade de edificacións que polo seu carácter morfolóxico e histórico, revelador do espírito construtivo dos séculos XVIII e XIX, convén manter para futuras xeracións. Pero resulta insuficiente, en tanto en canto non é suficiente manter casos puntuais senón o conxunto.

A propia Normativa do Plan Xeral establece unha ordenanza específica que no seu capítulo 7 define como “Ordenanza 5ª. Casco antigo. Normativa transitoria”, grafada nos planos de ordenación na cor específica e abranguendo unha contorna perfectamente definida que coincide co que o PXOM define como Casco Antigo da Pobra do Caramiñal. O apartado “Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo” di textualmente:
       
“O ámbito do casco antigo da Pobra do Caramiñal presenta uns valores ambientais notables, tanto polas características da súa estrutura urbana de orixe histórica como pola presenza de edificacións singulares, entre as que destaca a Torre de Bermúdez, declarada Monumento Histórico-artístico, conformando un conxunto cunha particular problemática urbanística que esixe unha ordenación pormenorizada que garanta a súa protección e recuperación. Conforme a estas circunstancias deberase proceder á elaboración dun Plan Especial de Protección e Reforna Interior para o ámbito do Casco Antigo que se delimita neste Plan Xeral”.
       
Continúa o texto, a seguir:

“O mencionado Plan Especial deberá ser sometido á súa aprobación no prazo de dous anos a partir da aprobación definitiva do presente Plan Xeral, recomendándose pola urxencia das súas finalidades, que a súa elaboración se desenvolva en paralelo á propia tramitación do Plan Xeral”.

TRANSCORRERON CINCO ANOS, dous anos dende a PRESCRICIÓN DO PLAN XERAL DENTRO DO CASCO ANTIGO.

Non se trata dun Casco Histórico Declarado como tal pero si de un CASCO ANTIGO con PRIORIDADE PROTECTORA, a xulgar polo propio texto do Plan..

Ao estar PRESCRITA a Acción do Plan Xeral, a través das súas NORMAS provisionais, por ter transcorrido sobradamente o PRAZO DE DOUS ANOS, debe estares OBRIGADO a someter a toda obra, previo á concesión da licenza municipal, á Autorización Vinculante do Departamento Territorial de Patrimonio de A Coruña.


Por outra banda, o propio Plan Xeral, no apartado "modificacións introducidas no Catálogo en relación co Informe da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Coruña" indícase o texto "engádense asimesmo outros exemplos arquitectónicos significativos e un grupo de construcións do Paseo do Areal (Barrio dos Cataláns) onde se sitúa un conxunto de edificacións que manteñen a referencia respecto da arquitectura protoindustrial da vila, relativa ás instalacións de salgado e primeiras conserveiras".
   
Nos propios planos do Plan Xeral, a edificación está situada dentro do perímetro cuxo interior, grafado en cor gris, lle atribúe o título de Casco Antigo da Pobra do Caramiñal, remitindo a un Plan Especial de Protección, indicándose unhas normas provisionais para o período transitorio desde a aprobación definitiva do planeamento xeral e do plan especial, incluíndo expresamente o Barrio dos Cataláns, "singular conxunto de edificacións residenciais e de carácter fabril situadas ao longo do Paseo do Areal, lugar de asentamento a finais do século XVIII e principios do XIX dos empresarios adicados ao salgado da sardiña que promoveron o desenvolvemento e modernización da Vida da Pobra".

O propio CATÁLOGO de protección do Plan Xeral contén o apartado “Listado de bens e edificacións a protexer”, indicando expresamente o Paseo do Areal, 5-6 (Casa de José Barreras), recollido na Ficha nº 86.

A edificación definida como “Paseo do Areal 5-6, Casa de José Barreras” define unha finca única na que hai dúas edificacións principais: a denominada “Casa de José Barreras” e a “casa de Victoriano García Martí”.

Ámbalas dúas edificacións FORMAN UN TODO, UNHA ÚNICA FINCA, tal e como se reflicte no propio Catastro e no Rexistro, e que vostede RATIFICOU na prensa recentemente.

Por algunha razón a ficha recolle unha finca con numeración dobre (5-6), e é a única do Paseo do Areal, xa que o resto teñen número único. O PERÍMETRO PROTEXIDO comprende as dúas edificacións principais ao Paseo, todo o muro perimetral ata a Rúa Gavoteira e todo o que se contén no interior.
 
Por algo no Catálogo do Plan Xeral especifícase expresamente que os espazos libres de edificación e anexos aos edificios suxeitos a protección quedarán afectos polos mesmos niveis de protección que eles, incluíndo todo o conxunto da súa implantación.
     
No apartado "Ámbito de protección de bens e edificacións catalogados" volve a incidir en que a Zona de Protección queda definida polos terreos comprendidos dentro do perímetro máis externo do ben que se protexe", algo que ven doutras normas de protección. Conforme ao disposto na lei 8/1995 do Patrimonio Cultural de Galicia, calquera obra que se pretenda levar a cabo nun ben que figure no catálogo ou no seu contorno, deberá contar co informe previo e vinculante do organismo correspondente da Consellería de Cultura.

Dado que a finca denominada 5-6 é unha FINCA ÚNICA, TODA ELA ESTÁ PROTEXIDA, incluída a Casa de Victoriano García Martí.


Se houbese algunha dúbida sobre a numeración, pode investigalo e ver que o Edificio que linda coa Casa de Victoriano García Martí ten a súa entrada pola Rúa Luís Seoane, sendo o NÚMERO SETE a Casa da Esquina, restaurada en pedra, do outro lugar da Rúa Luís Seoane. Teno gravado na propia pedra da fachada.

A protección de todas estas edificacións é de Protección Ambiental, que permite obras de Conservación, Restauración, Rehabilitación ou Reestruturación.. O apartado "Prohibición de Demolición" indica que os edificios afectados non poderán ser demolidos baixo ningún concepto, debendo manterse as fachadas obxecto de protección durante a execución das obras ou calquera sistema de consolidación.
   
O propio Plan Xeral indica que as aliñacións son obrigadas mantelas, non podendo modificarse agás a redacción dunha figura urbanística de modificación. O Paseo do Areal, ao estar dentro do ámbito de protección da Lei de Costas, debe contar cos permisos preceptivos na materia.

Acompaño:

ü   Fotografía da fachada con anterioridade ao derrube e ca numeración correspondinte. (Documento  nº1)
ü   Vista aérea ca numeración dos inmobles do paseo do Areal. (Documento nº2)
ü  Páxina do catastro (Documento nº3)
ü  Páxina catastral (Documento nº4)
ü  Páxina do sipac da Xunta de Galicia na que describe a arqueoloxía industrial e acompaña  foto do barrio dos Areais. (Documento nº5)


Tendo en conta todo o antedito, comparezo e SOLICÍTOLLE:


1)    Investigue os feitos acaídos e inste ao Alcalde a incoar o correspondente Expediente de Reposición da Legalidade.

2)     Informe ao Alcalde da Pobra do Caramiñal das súas obrigas de protección e posta en valor do Patrimonio Cultural e da obriga de cumprir a lexislación vixente relativa á súa protección, tan importante no noso Concello polo rico Patrimonio Cultural, das cautelas que ten que adoptar e das autorizacións vinculantes que ten que solicitar para cada obra, tanto no Casco Antigo como no resto do territorio.

3)     ADOPTE AS MEDIDAS OPORTUNAS de inspección e sancións que correspondan, con expresa mención aos responsables infractores, en prol da PROTECCIÓN DO PATRIMONIO construído na Vila da Pobra do Caramiñal, que tanto esforzo e traballo custou manter ata as nosas datas, a fin de preserva-lo casco antigo e transmitilo nas mellores condicións a xeracións futuras nas mellores condicións de uso, ornato e estabilidade, e velando polo cumprimento da lexislación vixente en materia de Protección do Patrimonio Cultural e Arquitectónico, grazas ao cal o Concello da Pobra do Caramiñal foi e segue a ser un expoñente relevante e de referencia dentro da Comarca do Barbanza.

 

Na Pobra do Caramiñal (A Coruña), a 13 de setembro de 2013