viernes, 26 de junio de 2009

NORABOA ÓS ALUMNOS E ALUMNAS QUE REMATAN FELIZMENTE O CURSO.

Agora que rematou o curso é un bo momento para darvos a coñecer algúns dos traballos que levaron a cabo este curso alumnas e alumnos de 4º curso de ESO, no iES da Pobra do Caramiñal. ¡¡Vaia nivelazo o destes rapaces e rapazas!! O que ides ver é o resultado duns traballos da aula de Lengua y Literatura Española, acerca da obra do escritor e poeta Pablo Neruda. Din por ahí que os profes quedaron abraidos, e non é para menos. O primeiro video está inspirado no poema XV (Me gustas cuando callas...) e o outro no poema XII (Para mi corazón basta tu pecho...), do poemario Veinte Poemas de Amor y una Canción Desesperada do que fora Premio Nobel de Literatura.
¡¡NORABOA ÓS AUTORES, ACTORES E ACTRICES, GUIONISTAS, DIRECTORES ETC!!
NORABOA Ó IES ...¿E ISO QUE DIN QUE O ENSINO PÚBLICO É MALO?
ESTAMOS ORGUIOSOS DOS NOSOS RAPACES E OS ANIMAMOS A SEGUIR APRENDENDO A FACER BEN AS COUSAS.
Podédes seguir todo o feito no IES A Pobra do Caramiñal, a través da súa páxina
A Tabarra Dixital

Tamén lle agradecemos ó profesorado que poña en marcha este tipo de actividades implusoras da creatividade, que ó mesmo tempo fomentan a lectura e serven para dignificar o ensino público tan denostado pola dereita, como estamos a ver, sin ir mais lonxe hoxe mesmo, co decreto que elimina a gratuidade dos libros de texto. Unha mágoa que moitos pais e nais non o tiveran en conta cando depositaron o seu voto o 1 de marzo pasado.


Quince from Colfils Bros. on Vimeo.


Conecta. Poema 12. Pablo Neruda from PabloN on Vimeo.

jueves, 25 de junio de 2009

En homenaxe á Memoria.

Hoxe deixámosvos un video de Manuel Pazos, recibido a través da CRMHC (Comisión para a recuperación da memoria histórica). Trátase dun Videoclip de 7 minutos de duración con imaxes do proceso de recuperación dos sucesos de agosto do ano 1936, onde 11 veciños de Boimorto foron asasinados. Contén fotografías da presentación do libro de Xosé Luís Rivas "Mini", inauguración do monolito en memoria das vítimas e exhumacións no Amenal (O Pino). Montaxe realizada sobre a Elegía a Ramón Sijé de Miguel Hernández musicado por Joan Manuel Serrat. Dado a coñecer ao público na segunda Exposición da Memoria Histórica celebrada en Sigüeiro no mes de xaneiro do ano 2008.

Chousa dos mortos from abelgalois on Vimeo.



ELEGIA A RAMÓN SIJÉ
(En Orihuela, su pueblo y el mío, se me ha
muerto como del rayo Ramón Sijé, con quien
tanto quería.)

Yo quiero ser llorando el hortelano
de la tierra que ocupas y estercolas,
compañero del alma, tan temprano.

Alimentando lluvias, caracoles
Y órganos mi dolor sin instrumento,
a las desalentadas amapolas

daré tu corazón por alimento.
Tanto dolor se agrupa en mi costado,
que por doler me duele hasta el aliento.

Un manotazo duro, un golpe helado,
un hachazo invisible y homicida,
un empujón brutal te ha derribado.

No hay extensión más grande que mi herida,
lloro mi desventura y sus conjuntos
y siento más tu muerte que mi vida.

Ando sobre rastrojos de difuntos,
y sin calor de nadie y sin consuelo
voy de mi corazón a mis asuntos.

.Temprano levantó la muerte el vuelo,
temprano madrugó la madrugada,
temprano estás rodando por el suelo.

No perdono a la muerte enamorada,
no perdono a la vida desatenta,
no perdono a la tierra ni a la nada.

En mis manos levanto una tormenta
de piedras, rayos y hachas estridentes
sedienta de catástrofe y hambrienta

Quiero escarbar la tierra con los dientes,
quiero apartar la tierra parte
a parte a dentelladas secas y calientes.

Quiero minar la tierra hasta encontrarte
y besarte la noble calavera
y desamordazarte y regresarte

Volverás a mi huerto y a mi higuera:
por los altos andamios de mis flores
pajareará tu alma colmenera

de angelicales ceras y labores.
Volverás al arrullo de las rejas
de los enamorados labradores.

Alegrarás la sombra de mis cejas,
y tu sangre se irá a cada lado
disputando tu novia y las abejas.

Tu corazón, ya terciopelo ajado,
llama a un campo de almendras espumosas
mi avariciosa voz de enamorado.

A las aladas almas de las rosas...
de almendro de nata te requiero,:
que tenemos que hablar de muchas cosas,
compañero del alma, compañero.

(1 0 de enero de 1936)

miércoles, 24 de junio de 2009

Unn Alcalde que non paga.

No Pleno ordinario do pasado 26 de marzo, cando se someteu á aprobación inicial os orzamentos municipais do ano 2009, o goberno municipal nos presentou as inversións previstas para este ano. Coñecemos que con cargo ó Plan da Deputación de Colaboración cos Concellos se pretendía restaurar e rehabilitar uns muíños na Ponte Barbanza. Foi no transcurso dese Pleno cando lle reclamamos ó goberno municipal que lle pagara os donos o inmoble. Sabíamos que fixeran algunha entrega cando firmaron o acordo pero posteriormente esquecéronse da familia propietaria.

En marzo, no transcurso do Pleno, obtivemos a calada por resposta por parte do Sr. Isaac,;debeu pensar no refraneiro popular, ou a ver si desa maneira, con silencios, a prensa non se facía eco do desaxuste..

No Pleno do pasado 28 de maio volveuse a falar do mesmo tema con motivo da aprobación definitiva dos orzamentos e ca aprobación dos proxectos do Plan de Cooperación cos Concellos. Volvemos a criticar con dureza e rigor a actitude do equipo de goberno. Non se pode concibir que se encargue un proxecto de execución e rehabilitación no mes de marzo sen que se teña intención de pagar ós particulares tres meses despois.

As doazóns son un acto voluntario dos cidadáns e este non é o caso: trátase dun compromiso de pago adquirido polo Concello que non están atendendo.

Acudimos a semana pasada á Intervención do Concello a preguntar si se fixera recentemente fronte as cantidades pendentes de pago en relación con esta adquisición. A resposta foi que aínda non se fixo efectiva a cantidade correspondente ó ano 2008.

Esta acción do goberno local é indigna e inmoral. Teñen exposto na entrada do Concello o proxecto da rehabilitación dos muíños como unha das obras insignes deste ano, pero con moita “cara dura”, con moita falta de vergoña e con moito desprezo ás familias que asinan acordos co Concello.

A rehabilitación do patrimonio etnográfico é unha asignatura pendente é estes serian os primeiros muíños que se recuperarían no noso concello: unha construcción tradicional e característica da nosa cultura.

O proxecto plantexa unha zoa de museo onde poder visualizar graficamente a través duns expositores o funcionamento dos muíños, despois, poderase ver os muíños e velos funcionando.

Está prevista a execución das seguintes obras:

1.- Limpeza do solar

2.- Restaurar os cerramentos de pedra existentes

3.- Execución das cubertas

4.- Execución dos soldados na planta baixa e na primeira planta

5.- Colocación de carpinterías e acristalamentos.

6.- Instalación da Fontanería

7.- Instalación da Electricidade

8.- Instalación do saneamento.

O total do presuposto ascende a 129.650 euros; a achega municipal é de 12.967 euros.

Recordar que o Goberno de España, presidido por Zapatero, puxo en marcha 2 liñas de apoio para as entidades locais, que consiste nun Plan de financiamento que posibilita a estas financiar as facturas pendentes con empresas e autónomos. Con este plan pódense atender os pagos pendentes con provedores e afrontar a actual situación de dificultades de tesourería pola que pasa o Concello da Pobra. É de sentido común que as administracións son as que deben dar exemplo atendendo ós seus compromisos cos provedores , non cabe dende logo mellor medida de apoio.

Así mesmo, consideramos que acollerse a este Plan é unha oportunidade que o Concello non debe desaproveitar, e se non o está a utilizar debe dar unha explicación a tódolos veciños.

domingo, 21 de junio de 2009

NOTA DE PRENSA SOBRE OS LIBROS DE TEXTO


NOTA DE PRENSA

OS SOCIALISTAS POBRENSES MOSTRANSE INDIGNADOS POLA DESTRUCCIÓN MASIVA DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO.

A Pobra 17 xuño 2009.-Os socialistas da Pobra lamentan profundamente que unha medida que afectou a máis de 217.000 alumnos e 167.000 familias, un 334 por cento máis que durante os anos de goberno do PP, unha medida de progreso e avance social e educativo, se vexa agora AMENAZADA polo GOBERNO FEIJOO, que NON CREE NO ENSINO PÚBLICO, NON CREE NA SOCIEDADE DO BENESTAR NIN NA IGUALDADE DE DEREITOS. O PP NON TEN VERGOÑA, está entrando a saco e isto non fixo mais que comezar.

O PSdeG pobrense quérelle trasladar ás ANPAS e Centros de ensino da Pobra que apoiarán nas Institucións, a través de iniciativas parlamentarias ou doutro tipo, como a de hai uns días, que os DEREITOS ADQUIRIDOS dos cidadáns non sexan dilapidados e polo tanto farán unha defensa férrea da gratuidade dos libros de texto para todos os alumnos.

“Café para todos, SÍ”

O PSdeG da Pobra chama á reflexión de toda a sociedade acerca de medidas que o PP califica de “café para todos” e apoia as mesmas sinalando que é así e non doutro xeito en Educación, Sanidade, Pensións e Dependencia, os catro pilares da sociedade do benestar, Se pregunta, si en adiante as rendas por enriba das medias e das máis desfavorecidas, terán que pagar tamén por ser atendidos na Sanidade pública. A universalización do sistema público de saúde chegou da man dun goberno socialista e ¿qué pasaría si lles din ós cidadáns que unha parte deles van ter que pagar agora as radigrafías, os TAC’s, as RM ou as mamografías etc?

En democracia os DEREITOS ADQUIRIDOS son intocables, sinalan. Non se poden vulnerar n in destruír en ningún caso. O que busca sempre o PP é a DESTRUCCIÓN MASIVA dos avances levados a cabo por gobernos socialistas.

Acusan ó PP de cargar a traición contra a cidadanía aproveitando o remate do curso e piden as ANPAS e a CONFAPA GALICIA que adopten as medidas de presión e mobilización que foran necesarias para impedir que unha medida deste calado social e educativo, que converteu a Galicia na autonomía coa volta ó colexio mais barata do estado, sexa botada abaixo de maneira RUÍN e VERGOÑENTA