viernes, 22 de mayo de 2009

7J - Este Partido xógase en Europa

Empeza outra campaña. Non nos repuxemos aínda da derradeira e xa estamos enzarzados nesta. Pero esta vez o Partido xógase en Europa. O vindeiro 7 de xuño os españois imos decidir quen nos representará no Parlamento de Estrasburgo. Imos decidir que Europa queremos, e os socialistas apostamos por unha Europa diversa e plural de igualdade e progreso, omde se desenrolen políticas sostibles en materia medioambiental; unha Europa de loita contra o cambio climático, Unha Europa capaz de dar mais e mellores dereitos á cidadanía. Unha Europa social e cidadana.


Fronte ao noso modelo está o do PP encabezado polo Sr. Aznar e o seu amigo da FAES Mayor Oreja. Un modelo neoliberal e conservador que foi o mesmo que nos meteu nesta crise de orde mundial.

Galicia está moi ben representada no Parlamento europeo. Dende hai anos encárganse de deixar unha pegada en Bruxelas e Estrasburgo, o compañeiro Antolín Sánchez Presedo e a compañeira Rosa Miguélez Ramos. Ámbolos dous excelentes deputados que xa teñen feito un importante traballo por Galicia en materia econnómica e de pesca. E os dous volven repetir nesta candidatura encabezada por López Aguilar, unha excelente aposta do PSOE.

Os e as socialistas da Pobra estivemos hoxe de pegada de carteis. As 00:00 horas deste 22 de maio, uns vinte compañeiros e compañeiras percorremos as rúas da Pobra deixando unha imaxe de renovación e futuro. Algúns da vella garda, outr@s, bastantes da nova. Un ambiente de esperanza e de victoria.

¡¡A por todas!! A por Europa para empezar, o 7J.

jueves, 21 de mayo de 2009

UN BIC QUE NON PERMITE VISITAS PÚBLICAS

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de cumprimento da normativa do réxime de visitas do Pazo Torre de Xunqueiras.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A Torre Medieval , naceu como torre fortaleza, con carácter defensivo no século XIII e foi construída por orden de Fernán Martín. No século XIV constrúese o palacio, inspirado na súa gran maioría no Renacemento, como a balconada, que é unha das características da casa tanto pola súa beleza, como pola orixinalidade. O edificio conserva trazas da antiga fortaleza cuxo señorío sobre a Pobra do Caramiñal foille concedido polos Reis Católicos a Esteban de Xunqueiras pola súa participación na conquista de Granada. Son innumerables os personaxes que pasaron o longo da historia por este lugar, podemos destacar a Don Esteban de Xunqueiras, os Sotomaior, Diego Parragués (que acompañou nas súas campañas a D. Juan de Austria).
A mediados do século XIX incorporouse, por entronques familiares, a Casa de Medinaceli, e a finais deste século foi adquirida polo político Senador do Reino, D. Eduardo Gasset y Chinchilla, e os seus descendentes son os que ostentan a día de hoxe a propiedade.

Este Pazo foi declarado monumento histórico artístico o 27 de marzo de 1981, e na actualidade está incumprindo a lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Dita lei di no art.. 26.3 que:
“Os propietarios, posuidores e demais titulares de bens declarados de interese cultural deberán de facilitar a visita pública ós mesmos nas condicións que se determinen, que en todo caso será gratuíta durante catro días ó mes, en días e horario prefixado.”

Un BIC implica tamén adoptar medidas de conservación e protección. Temos que recordar que se solicitou licencia para arranxo dos xardíns do Pazo, con data do 8 de febreiro de 2008, e se denegou a solicitude de licencia, según nos consta, na acta da Xunta de Goberno Local do 15 de xullo do mesmo ano 2008. Pero a pesares da denegación da licencia pódense observar, na parte traseira do Pazo unha avenida sinuosa de olivas de nova plantación, entre outras melloras realizadas, contrastando estas olivas ca avenida de plátanos orientais que dan acceso ó Pazo.

Na actualidade a propietaria infrinxe o deber legal de establecer un réxime de visitas a un inmoble dun inmenso valor histórico, tendo en conta que para a súa conservación e restauración, recibiu axudas do Estado.

Por último, recordar que os Concellos teñen a obriga de protexer, defender e realzar os bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia que se ubiquen no seu termo municipal.
Corresponde á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva sobre o patrimonio cultural de interese de Galicia
Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte


ACORDO:

Que polo Sr. Alcalde se proceda a adoptar as medidas necesarias para proceder ó cumprimento da lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, en orden a establecer as visitas públicas ó Pazo torre de Xunqueiras, instando a Xunta de Galicia a aplicar dilixentemente a lei.

Pobra do Caramiñal, a 14 de maio de 2009

lunes, 18 de mayo de 2009

Por unha Pobra Socialista....¡¡Nin caso!!

Os socialistas da Pobra non lle imos facer nin caso a unha "enquisa" aparecida onte domingo nun medio de comunicación.
Cando aínda quedan dous anos para as vindeiras eleccións municipais, dito medio, ten decidido xa quen vai ser o "alcaldable" polo PSdeG pobrense.
Que saiban os nosos militantes, simpatizantes e blogueiros, que a Asamblea non designou á persoa que encabezará as nosas listas electorais. E é a asamblea quen o decidirá chegado o momento.
O que sabemos todos e todas e que o compañeiro Andrés Rey xa manifestou en moitas ocasións que el non se vai volver presentar. Mala a empresa que se presta a facer unha enquisa en termos persoais e non de grupos políticos.
O que SÍ SABEN TODOLOS MILITANTES DESTE PARTIDO É QUE CALQUERA TEN DEREITO A SER ELIXIDO/A CANDIDATO/A. Non o pode decidir un medio de comunicación.
O que se fixo onte foi tratar de botar por terra o traballo que veñen desempañando o grupo municipal do PSdeG e a Comisión Executiva Municipal, un traballo que vai dando os seus froitos e que non será o que vaticina esa "enquisa".
O que SÍ teñen claro os veciños e veciñas da Pobra é con quen deben de poñerse en contacto cando por exemplo hai vertidos nun espacio natural. E non é casual que chamen á voceira do PSdeG. E iso ocurriu o sábado cando viron baixar de novo as augas contaminadas do río Morto.......¡¡¡Que tome nota o Magnífico Isaac!!!