sábado, 7 de marzo de 2015

AROUSA NORTE: PROBLEMÁTICA CO COLECTIVO DOS TAXISTAS

Os socialistas da Pobra queremos deixar moi claro que estamos a favor de que os veciños dispoñan de maiores servizos públicos e cas mellores prestacións.
Fai uns días os alcaldes de Arousa Norte propuxéronlle a empresa Arriva que ampliara as liñas de autobús para ir ao aeroporto de Santiago e a estación do tren. Tamén falaron doutra liña de autobús de Boiro ao Hospital do Barbanza. Todo elo sen contar co colectivo dos taxistas dos concellos de Riveira, Pobra, Boiro e Rianxo.
Portavoces deste colectivo expuxeron a súa problemática a candidata socialista. Son máis de 50 familias que teñen como medio de vida o servizo de taxi e temen perder o seu sustento, máis aínda nestes momentos de dificultade económica.
Desde o partido socialista propoñemos:
1º.- Que sempre se teñan en conta aos colectivos profesionais ca finalidade de que as decisións non afecten gravemente ás súas vidas. Gobernar é tomar decisións pero contar cos colectivos é imprescindible porque non se pode primar a uns en detrimento do resto da cidadanía.
2º.- Que os alcaldes de Arousa Norte fagan un convenio cos profesionais do taxi de tal maneira que o servizo ao aeroporto, a estación de tren e ao Hospital do Barbanza se preste a poboación en condicións semellantes ás que prestarían as empresas de autobuses.

Na conversación mantida cos portavoces do colectivo quedou patente que están dispostos a negociar e a prestar o servizo pero manifestaron o seu malestar por decisións políticas que son vitais para a súa supervivencia, se senten fortemente afectados por esta medida e nunca contaron con eles. Están dispostos a arrimar o ombro para dar unha saída que agrade a toda a cidadanía.