viernes, 22 de enero de 2010

WIMAX PARA A POBRA. MOCIÓN.


















¿Qué é o WiMax?

Wimax son las siglas de Worldwide Interoperability for Microwave Access (interoperabilidad mundial para acceso por microondas). Es una norma de transmisión de datos usando ondas de radio.

Es una tecnología dentro de las conocidas como tecnologías de última milla, también conocidas como bucle local que permite la recepción de datos por microondas y retransmisión por ondas de radio. El protocolo que caracteriza esta tecnología es el IEEE 802.16. Una de sus ventajas es dar servicios de banda ancha en zonas donde el despliegue de cable o fibra por la baja densidad de población presenta unos costos por usuario muy elevados (zonas rurales). (Ver máis info na Wikipedia pinchando aquí)

Os socialistas da Pobra, conscientes da necesidade de dar cobertura a todo o concello da Pobra, nunha sociedade que xa é a sociedade da comunicación, presentaremos para ó seu debate no Pleno do próximo xoves unha MOCIÓN para que o goberno local facilite o acceso de tódolos pobrenses ás novas tecnologías.

Os socialistas da Pobra, conscientes da necesidade de dar cobertura a todo o concello da Pobra, nunha sociedade que xa é a sociedade da comunicación, presentaremos para ó seu debate no Pleno do próximo xoves unha MOCIÓN para que o goberno local facilite o acceso de tódolos pobrenses ás novas tecnologías.

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, ó abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de instalar unha rede municipal inalámbrica de banda ancha.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Na actualidade encontrámonos nun proceso de transición gradual dunha sociedade industrial a unha nova sociedade da información. Esta nova sociedade trae consigo unha transformación radical, con cambios tecnolóxicos, económicos, sociais e políticos: a globalización.

É por elo que para alcanzar a competitividade territorial (no económico, no social, no medioambiental, no cultural, etc.) é necesaria unha nova arquitectura organizativa, flexible e espontánea ante o cambio continuo que produce a globalización.

Cabe sinalar que o fin último de instalar unha rede municipal inalámbrica é para facilitar o desenrolo económico e social da Pobra, facilitando a creación de riqueza e emprego de calidade que redunde no benestar de tódolos veciños.

O uso das tecnoloxías de rede inalámbrica ofrece beneficios como que se pode cubrir o 100% do territorio, ten baixo impacto medioambiental, cubre largas distancias, con rápida implantación e facilidade de crecemento a baixo custo.

Si o Wifi permite conectar toda a casa sen cables, o WiMax pode estender esa aplicación a todo o pobo, de forma máis rápida e inalámbrica, porque se trata dunha rede de transporte de alta velocidade e capacidade que une os núcleos rurais formando un auténtico sistema nervioso dixital.

Si o Wifi liberou os nosos fogares dos cables, WiMax pode liberar a un pobo enteiro, mediante un sistema de repetidores e sen necesidade de cables (actualmente conectámonos a Internet, aínda que sexa wifi, a través dos cables do tendido telefónico que chegan ata a nosa casa) Esta tecnoloxía permite transmitir unha sinal de datos a un área de uns 50 ou 60 quilómetros á redonda soamente cunha antena.

Ademais mentres que o Wifi e as sinales de móbiles teñen moitas veces problemas para atravesar obstáculos, WiMAx é capaz de traspasar ata o formigón, eso si gracias a unhas emisións en baixa frecuencia.

É por iso, que solicitamos que o Pleno adopten os seguintes

ACORDOS:

1º.- Que o goberno municipal xestione o financiamento necesario co obxectivo de instalar unha rede municipal inalámbrica de banda ancha no noso municipio.

2º.- Facer extensible, na medida do posible, o uso das novas tecnoloxías ó conxunto dos pobrenses, así como realizar accións de divulgación e incorporación ás novas tecnoloxías en todos os sectores económicos e sociais do municipio.

domingo, 17 de enero de 2010

¡HAITÍ EXISTE!

Haití merece hoxe unha entrada neste blog.
Mais alá do que cada un de nós poida facer a nivel individual, queremos deixar aquí, nesta páxina a nosa absoluta solidariedade hacia esta pequena parte do mundo golpeada brutalemente, unha e outra vez, pola miseria e á que agora chega, coma si de un castigo diviño se tratase, a sacudida enorme da traxedia. Nestes momentos homes, mulleres e nenos xacen despedazados nas rúas, os cadáveres se amontonan e a axuda internacional parece ser que non chega.
Non imos paroveitar esta desgracia para facer valoracións das axudas de uns ou outros gobernos. Só queremos deixar constancia de que fai falla a axuda urxente en forma de doazons aínda que sexan de 1€. Existen ONG's solventes coma Cruz Vermella ou Solidaridad Internacional, UNICEF etc, que teñen nas súas páxinas web oos números respetivos de contas para axudar a este xa case desaparecido país.

"Haití ya no existe", este é o terrible titular hoxe do diario El País, pero está en toda a prensa nacional e internacional. Un SOS para esta pequena porción de terra que corre o perigo de desaparecer entre os seus escombros e que hoxe mais que nunca necesitan de nós. Unha oportunidade para dotar de contido á palabra SOLIDARIEDADE.

Envía a túa aportación ás contas 0049-0001-54-2210042242 y 2038-1001-37-6000888882 de Solidaridad Internacional.