Os socialistas da Pobra e os de todas partes lamentamos profundamente que unha medida que afectou a máis de 217.000 alumnos e 167.000 familias, un 334 por cento máis que durante os anos de goberno do PP, unha medida de progreso e avance social e educativo, se vexa agora AMENAZADA polo GOBERNO FEIJOO, que NON CREE NO ENSINO PÚBLICO, NON CREE NA SOCIEDADE DO BENESTAR NIN NA IGUALDADE DE DEREITOS. Un goberno do PP que, queremos lembrar, FOI ELIXIDO POR UNHA MAIORÍA DE GALEGOS E GALEGAS o ¡¡1 de marzo!!....hai moi pouco. Costa crer que entre os que os votaron non houbera nais e pais de alumnos, incapaces por tanto de poñer en valor certas políticas.
Nota de prensa do PSdeG-PSOE e do Secretario de Educación da CENG e portavoz parlamentario de Educación Guillermo Meijón.
A Xunta retira a gratuidade dos libros de texto con "nocturnidade e alevosía” Guillermo Meijón reclama a Feijóo que "volva ao carril correcto, o da esquerda, cunha sociedade adiantada en dereitos universais"
O parlamentario socialista lamentou o rexeitamento por parte do Grupo do PP dunha iniciativa na Comisión de Educación na que os socialistas reclamaban o mantemento da gratuidade dos libros de texto. Na súa intervención acusou ao responsable de Educación da Xunta de “non comparecer no Parlamento porque quería ter os centros vacíos cando anunciara a súa decisión de eliminar a gratuidade dos libros de texto” o que, dixo, “non é unha parálise, e unha volta atrás vergonzante”.
O parlamentario socialista instou a Feijóo a que “non minta cando dicía que o seu programa de austeridade non ía contra o gasto social, e resulta que a primeira decisión é eliminar a gratuidade dos libros de texto”. Preguntou polo tanto “si en sanidade tamén van anular o sistema e dar as receitas en función da renda” e lembrou que “o dereito á educación non é menor ao dereito á sanidade”.


