martes, 26 de octubre de 2010

AS CORREDOIRAS DE ISAAC

Unha vez máis denunciamos a situación tan deplorable na que aínda se vive nalgunhas zonas do noso concello. Encontramos na Ponte Barbanza, parroquia de San Isidoro de Posmarcos, un lugar chamado Campo Muíños onde a modernidade e o benestar social non lle chegou a algunhas familias.
Este grupo de casas está situado nun paraxe natural de inmenso valor ambiental, pero os servizos municipais que se lle prestan quedaron anclados na posguerra, parouse o tempo, son nulos. En primeiro lugar estas persoas para acceder a súas casas teñen que pasar por un camiño de pedras, estreito, con herbas, sen acceso rodado. É tan impactante a situación que si houbera que evacuar a unha persoa enferma teríase que facer en angarellas e manualmente hasta a estrada principal.
Estes veciños o saneamento vírono de lonxe, quedou tamén na estrada que vai a San Isidoro. Parece que o goberno do Sr. Isaac ten cidadáns de primeira e de segunda categoría. A estes veciños de segunda poderían eximilos de pagar impostos porque eles pagan a cambio de nada.
Acercándonos o río Pedras vemos que hai unha ponte para cruzalo, a varanda de madeira que fai de pasamáns, nalgún tramo está rota e noutros insegura. Tendo en conta que pola ponte pasan rapaces e sobre todo persoas maiores o risco de que se produza algún accidente, (caer o río) é máis que evidente.
Existe un lavadoiro inútil xa que non lle chega auga, polo que algunhas mulleres lavan dentro do río. Situación terceiromundista e non dun concello que presume de bonito, de flores, de xardíns, pero permite que as persoas maiores estean cos pés húmidos dentro da auga do río e que poidan escorregar nunha pedra, en definitiva a saúde das mulleres que lavan nese río non lle importa a este Alcalde.
Neste treito do río consérvanse uns pasais antigos que tamén necesitan unha limpeza xa que as herbas, os troncos e as ramas impiden a libre circulación da auga, véndose agravado cando hai enchentes, chegando o caudal do río a pasar por riba da ponte. A forza da auga xa moveu algunha destas pedras que fan de pasais polo que é urxente o acondicionamento desta zona.