viernes, 10 de julio de 2009

O CONCELLO DA POBRA FOMENTA OS VERTEDOIROS E ABANDONA OS ESPACIOS PÚBLICOS

Dende o grupo socialista da Pobra vimos a denunciar as condicións tan lamentables nas que se atopa o paseo marítimo de Cabío, concretamente no tramo que abarca dende o Camping ata a súa finalización no merendeiro, e pode observarse como pola maioría do tramo mencionado as silveiras e a maleza xa empezan a subirse pola plataforma de madeira, tanto por debaixo como polos lados.

¡¡¡ É de urxencia a limpeza do noso paseo.!!!
Ademais da falta de limpeza e conservación que agora mesmo sufre o paseo, temos que resaltar o vertedoiro “municipal” que existe á finalización do mesmo, concretamente ó carón do campo de fútbol da Alta.
Todos os escombros que alí se atopan non son de onte, nin de antonte, xa estaban no verán anterior, e dicir, non foi capaz o Sr. Isaac, de limpalos e erradicalos en todo este tempo transcorrido.
Pasou máis dun ano, e seguen alí. Este é o exemplo que dan as autoridades municipais ós veciños para que eles non vertan de forma incontrolada.

Nos membretes oficias do municipio figura o lema “municipio de interese turístico”; estamos en plena temporada estival, e esta é una mostra clara de amosar a beleza do noso municipio aos turistas. Se habilitou un espacio público como merendeiro é esquecéronse de limpalo e de facer o mantemento do mesmo durante máis dun ano. O que lle preocupa o Sr. Isaac é facer obra nova, inaugurar.
Agora, xa o sabemos, vainos dicir que xa tiña previsto quitar o escombro do vertedoiro, que xa ían mandar a brigada nestes días, ou que non nos enteramos ou non vemos, xa sabemos, com asempre ainda que desa argumentación súa xa estamos cansos. Nos coñecemos xa.

En resumo, aos socialistas pobrenses, fáisenos un tanto raro as manifestacións que fai o noso mandatario dicindo ata a saciedade que “é imprescindible o fomento do turismo para o desenrolo do noso pobo” e logo teña en semellante estado de abandono un dos principais reclamos turísticos. Iso chámase incoherencia e mentira.

miércoles, 8 de julio de 2009

UN ALCALDE QUE NON DEFENDE OS SERVICIOS DO SEU POBO

O Sr. Isaac incomprensiblemente, permanece mudo ante a opinión pública tras as declaracións dos membros do seu partido, (Sr. Torres e Sr. Ruiz), solicitando unha edificación para a Tesoreria de Seguridade Social en Ribeira.

Non comprendemos o sometemento que profesa o noso rexedor aos seus compañeiros de partido, obviando que tras esa despreocupación pode estar o desmantelamento da oficina da Seguridade Social na Pobra.

Solicitamos unhas declaracións contundentes e unánimes de toda a Corporación e de todas as forzas sociais e económicas do pobo co fin de apoiar a permanencia do CAISS na Pobra ou plantexar a ampliación dos Servizos Administrativos de ámbito comarcal, si fose necesario.

Unha vez mais, os temores e a preocupación dos socialistas da Pobra confírmanse. Tódolos sectores sociais e políticos de Ribeira apuntan para mobilizarse e conseguir para ese pobo unhas novas oficinas da Seguridade Social.

A Pobra, no Centro de Atención e Información da Seguridade Social, CAISS, atende as persoas e empresas dos municipios de Ribeira, Boiro, Rianxo e Pobra. A súa ubicación neste Concello non foi aleatoria, nin elixida ó azar, temos unha situación xeográfica privilexiada e envexable. Estamos equidistantes de Ribeira e Boiro e máis próximos para afrontar os veciños de Rianxo os desprazamentos.

Según puidemos ver días atrás, nos medios de comunicación, as amas de casa de Ribeira e a patronal queren facer presión ó Goberno de España, para conseguir esa futura sede comarcal. Soamente están pensando nos gastos que lle ocasiona a eles, desprazarse a Pobra. Si reflexionan e son solidarios con todas as persoas que vivimos no Barbanza, os habitantes dos pobos limítrofes temos que acudir a Ribeira á Delegación de Facenda, á Delegación de Pesca, ou incluso oHospital Comarcal que está no seu municipio. Déixense de mirar unicamente para o seu embigo e permitan diversificar os servicios Administrativos polos demais pobos.

É de sentido común que si se construíra esa sede integral en Ribeira tería serias consecuencias na Pobra, se desmantelaría o actual CAISS, xa que non tería sentido a duplicidade dos servicios nun radio de 8 km.

Para o noso razoamento, sirva de exemplo que para Santiago e a súa zona de influencia, hai soamente 1 CAISS, en Galeras. A poboación de Santiago é de 94.339 habitantes, atende ademais a Concellos limítrofes como Ames con 25.818 hab., e Teo con 17.625.
Continuamos co exemplo de Ferrol, tamén hai 1 CAISS. Ferrol ten 74.696 hab., Narón 37.008 e Fene 14.169, máis a área de influencia de concellos con menor poboación.
Estes exemplos ilústranos que non sería posible manter dúas instalacións próximas para atender a unha poboación inmensamente menor.

Os socialistas unha vez mais vémonos na obriga de criticar a política demagóxica e de falsas promesas da dereita deste pais. O Sr. Aznar cando foi presidente do Goberno, prometeu unha sede integral de S.S., baseándose en criterios políticos, cando é sabido que o INSS, como Institución, sempre utiliza criterios técnicos.

Para os socialistas da Pobra, é fundamental que se manteñan estas oficinas no noso Concello,dado que é a única Administración que nos queda; polo tanto pedímoslle ó Sr. Isaac que convoque a tódolos partidos políticos da Corporación, a todas as forzas sociais e económicas do pobo,; que non teña medo a ninguén, porque el ten a obriga de defender aos veciños da Pobra, a calidade de vida dos mesmos, e a traballar para conseguir que este pobo teña maiores cuotas de benestar e servicios.

A casa do Mar da Pobra, sita na rúa Castelao, nº 25, é parte integrante da Tesorería da Seguridade Social; na planta baixa está situado o CAISS.

Por Real Decreto 373/1999, de 5 de marzo transferíronse á comunidade Autónoma de Galicia en materia de asistencia e servizos sociais 280,18 m2 distribuídos entre as plantas 2ª e 3º do referido inmoble, que neste momento ocupa o Concello.

Os socialistas supoñemos que existe a autorización necesaria dos espazos que ocupa o Concello. De ser necesaria unha maior utilización deste inmoble por parte da Tesorería se poderían reordenar a utilización municipal desta edificación. Sería perentorio poñer a disposición da Tesorería máis espacios por si tiveran a necesidade de ampliar os Servicios Administrativos de ámbito comarcal.