Planificaron talleres de tempo libre para os nenos da Pobra na Semana Santa. Solicitaron presupostos cumprindo con todas as normas de responsabilidade civil, número de monitores por rapaces, etc, pero como estamos tan ben administrados (enténdase a ironía),recibiron a contía dos mesmos e pareceulles inalcanzable. E comezaron cas rebaixas: “Bajame los monitores a la mitad, no me cubras todas las horas previstas que ya pongo yo algunos de los míos”. Achegadas as rebaixas polas empresas, polo visto aceptaron a unha pero as 48 horas rexeitaron a oferta ca xustificación que xa se arranxan eles cos seus enchufados. ¡Desexamos que nunca ocorra un accidente!, e que os nosos impostos sirvan para dar servizos aos nosos fillos/as. ¡Se pensaran menos en festas (a maioría sen pagar), en exhibicionismos públicos, pompa e boato, mellor nos iría aos veciños da Pobra!.
Criticamos que este ano, o concello da Pobra, percibirá 30.000 euros menos para axuda a domicilio e programas de atención social.
denunciamos que o PP querefacer desaparecer paulatinamente o Plan Concertado para a prestación de Servizos Sociais a través dos concellos.
Mentres a conselleira de Benestar promete que “non haberá recortes e en ningún caso afectarán á asistencia domiciliaria” e mesmo comprometía o pago por adiantado, a realidade é que no ano 2010 este Concello obtivo unha subvención polo Plan Concertado por valor de 99.169,96 e para este ano 2011 se abonarán 69.715,95, notificándose a resolución o día 25 outubro cando o servizo xa está prestado. Si no ano 2010 a axuda a domicilio foi subvencionada por 27.139 euros, este ano 2011 percibiremos unicamente 3.567 euros e 0 euros para programas.
Acusamos ao PP de “deixar de lado, abandonados” a centos de persoas dependentes en “situación tráxica” que precisan da axuda pública e apelou á súa “conciencia” e á “obriga legal, moral, constitucional e estatutaria” para prestar estas axudas.
Lamentamos que a resposta da Xunta teña sido facer desaparecer programas de axuda a persoas con exclusión social, mentres reducen os programas de axuda no fogar.
Sen Plan concertado non poderían existir os servizos públicos sociais que existen na actualidade.
Os recortes que se teñen experimentado, están a asfixiar aos concellos, e, o máis importante, a persoas que precisan deste plan para vivirnunhas mínimas condicións de benestar.
O Sr. Isaac incomprensiblemente, permanece mudo ante a opinión pública tras as declaracións dos membros do seu partido, (Sr. Torres e Sr. Ruiz), solicitando unha edificación para a Tesoreria de Seguridade Social en Ribeira.
Non comprendemos o sometemento que profesa o noso rexedor aos seus compañeiros de partido, obviando que tras esa despreocupación pode estar o desmantelamento da oficina da Seguridade Social na Pobra.
Solicitamos unhas declaracións contundentes e unánimes de toda a Corporación e de todas as forzas sociais e económicas do pobo co fin de apoiar a permanencia do CAISS na Pobra ou plantexar a ampliación dos Servizos Administrativos de ámbito comarcal, si fose necesario.
Unha vez mais, os temores e a preocupación dos socialistas da Pobra confírmanse. Tódolos sectores sociais e políticos de Ribeira apuntan para mobilizarse e conseguir para ese pobo unhas novas oficinas da Seguridade Social.
A Pobra, no Centro de Atención e Información da Seguridade Social, CAISS, atende as persoas e empresas dos municipios de Ribeira, Boiro, Rianxo e Pobra. A súa ubicación neste Concello non foi aleatoria, nin elixida ó azar, temos unha situación xeográfica privilexiada e envexable. Estamos equidistantes de Ribeira e Boiro e máis próximos para afrontar os veciños de Rianxo os desprazamentos.
Según puidemos ver días atrás, nos medios de comunicación, as amas de casa de Ribeira e a patronal queren facer presión ó Goberno de España, para conseguir esa futura sede comarcal. Soamente están pensando nos gastos que lle ocasiona a eles, desprazarse a Pobra. Si reflexionan e son solidarios con todas as persoas que vivimos no Barbanza, os habitantes dos pobos limítrofes temos que acudir a Ribeira á Delegación de Facenda, á Delegación de Pesca, ou incluso oHospital Comarcal que está no seu municipio. Déixense de mirar unicamente para o seu embigo e permitan diversificar os servicios Administrativos polos demais pobos.
É de sentido común que si se construíra esa sede integral en Ribeira tería serias consecuencias na Pobra, se desmantelaría o actual CAISS, xa que non tería sentido a duplicidade dos servicios nun radio de 8 km.
Para o noso razoamento, sirva de exemplo que para Santiago e a súa zona de influencia, hai soamente 1 CAISS, en Galeras. A poboación de Santiago é de 94.339 habitantes, atende ademais a Concellos limítrofes como Ames con 25.818 hab., e Teo con 17.625. Continuamos co exemplo de Ferrol, tamén hai 1 CAISS. Ferrol ten 74.696 hab., Narón 37.008 e Fene 14.169, máis a área de influencia de concellos con menor poboación. Estes exemplos ilústranos que non sería posible manter dúas instalacións próximas para atender a unha poboación inmensamente menor.
Os socialistas unha vez mais vémonos na obriga de criticar a política demagóxica e de falsas promesas da dereita deste pais. O Sr. Aznar cando foi presidente do Goberno, prometeu unha sede integral de S.S., baseándose en criterios políticos, cando é sabido que o INSS, como Institución, sempre utiliza criterios técnicos.
Para os socialistas da Pobra, é fundamental que se manteñan estas oficinas no noso Concello,dado que é a única Administración que nos queda; polo tanto pedímoslle ó Sr. Isaac que convoque a tódolos partidos políticos da Corporación, a todas as forzas sociais e económicas do pobo,; que non teña medo a ninguén, porque el ten a obriga de defender aos veciños da Pobra, a calidade de vida dos mesmos, e a traballar para conseguir que este pobo teña maiores cuotas de benestar e servicios.
A casa do Mar da Pobra, sita na rúa Castelao, nº 25, é parte integrante da Tesorería da Seguridade Social; na planta baixa está situado o CAISS.
Por Real Decreto 373/1999, de 5 de marzo transferíronse á comunidade Autónoma de Galicia en materia de asistencia e servizos sociais 280,18 m2 distribuídos entre as plantas 2ª e 3º do referido inmoble, que neste momento ocupa o Concello.
Os socialistas supoñemos que existe a autorización necesaria dos espazos que ocupa o Concello. De ser necesaria unha maior utilización deste inmoble por parte da Tesorería se poderían reordenar a utilización municipal desta edificación. Sería perentorio poñer a disposición da Tesorería máis espacios por si tiveran a necesidade de ampliar os Servicios Administrativos de ámbito comarcal.
Os socialistas da Pobra pedimos máis participación na vida administrativa e social da comarca posto que contamos cunha situación xeográfica privilexiada.
Os Socialistas da Pobra, estamos indignados diante falta de iniciativas e ideas por parte do goberno local, presidido polo Sr. Isaac.
Estamos preocupados pola falta de peso que o noso pobo ten na comarca do Barbanza, sen unha voz que sexa clara na defensa do noso pobo, fronte aos municipios veciños, que cada día, aparecen con iniciativas e propostas destinadas a reforzar os seus intereses na comarca. Estes reclaman a Xunta de Galicia ou ó Goberno de España, dende xulgados a rexistros da propiedade, dende oficinas do I.N.E.M. a unha sede comarcal do Instituto Nacional da Seguridade Social.
Claro está, que A Pobra cunha situación xeográfica envexable, nada ten que dicir a todo esto, porque a voz do noso representante, é dicir, o noso Alcalde, simplemente non está, non sabe ou cala pola sumisión debida ó compañeiro. De cada vez que o rexedor de Ribeira se pronuncia para reclamar a construcción da sede comarcal do INSS e construíla nunha parcela que o Ministerio de Traballo, (Tesourería da Seguridade Social) ten xunto a praza do centenario, os socialistas botámonos a tremer.
Recordar que esa futura sede integral da Seguridade Social en Ribeira, foi un acordo tomado no seu día polo goberno central, presidido nese entón por José Mª Aznar e os responsables locais e comarcais do PP no Barbanza. Nin entonces, nin recentemente cando o Sr. Torres, reclama nos medios de comunicación esa construcción, o Sr. Isaac non se pronuncia. (A Voz 9/5/09).
É certo, que nun Pleno da anterior lexislatura se fixera unha pregunta ó Congreso dos Deputados, pregunta que foi respondida en orden a situación actual. Neste tema, apliquemos a razón e o sentido común, duplicidades non van a ser permitidas. Os Pobrenses, a través do seu Alcalde, pedímoslle que tamén demande servicios para o noso pobo.
A Pobra do Caramiñal, dunha vez por todas, ten que reclamar en alto, claramente, a súa incursión e participación na vida administrativa e social da comarca. Non se pode deixar de lado, non debemos permitir a discriminación que levamos soportando durante tantos anos para favorecer continuamente a concellos como Boiro ou Ribeira.