miércoles, 17 de junio de 2009

Mais servizos para A Pobra

Os socialistas da Pobra pedimos máis participación na vida administrativa e social da comarca posto que contamos cunha situación xeográfica privilexiada.

Os Socialistas da Pobra, estamos indignados diante falta de iniciativas e ideas por parte do goberno local, presidido polo Sr. Isaac.

Estamos preocupados pola falta de peso que o noso pobo ten na comarca do Barbanza, sen unha voz que sexa clara na defensa do noso pobo, fronte aos municipios veciños, que cada día, aparecen con iniciativas e propostas destinadas a reforzar os seus intereses na comarca. Estes reclaman a Xunta de Galicia ou ó Goberno de España, dende xulgados a rexistros da propiedade, dende oficinas do I.N.E.M. a unha sede comarcal do Instituto Nacional da Seguridade Social.

Claro está, que A Pobra cunha situación xeográfica envexable, nada ten que dicir a todo esto, porque a voz do noso representante, é dicir, o noso Alcalde, simplemente non está, non sabe ou cala pola sumisión debida ó compañeiro. De cada vez que o rexedor de Ribeira se pronuncia para reclamar a construcción da sede comarcal do INSS e construíla nunha parcela que o Ministerio de Traballo, (Tesourería da Seguridade Social) ten xunto a praza do centenario, os socialistas botámonos a tremer.

Recordar que esa futura sede integral da Seguridade Social en Ribeira, foi un acordo tomado no seu día polo goberno central, presidido nese entón por José Mª Aznar e os responsables locais e comarcais do PP no Barbanza. Nin entonces, nin recentemente cando o Sr. Torres, reclama nos medios de comunicación esa construcción, o Sr. Isaac non se pronuncia. (A Voz 9/5/09).

É certo, que nun Pleno da anterior lexislatura se fixera unha pregunta ó Congreso dos Deputados, pregunta que foi respondida en orden a situación actual. Neste tema, apliquemos a razón e o sentido común, duplicidades non van a ser permitidas. Os Pobrenses, a través do seu Alcalde, pedímoslle que tamén demande servicios para o noso pobo.

A Pobra do Caramiñal, dunha vez por todas, ten que reclamar en alto, claramente, a súa incursión e participación na vida administrativa e social da comarca. Non se pode deixar de lado, non debemos permitir a discriminación que levamos soportando durante tantos anos para favorecer continuamente a concellos como Boiro ou Ribeira.

La Voz de Galicia , Diario de Arousa

No hay comentarios: