Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de mayo de 2013

LOMCE: CLASISTA, SEGREGADORA E EXCLUINTE

A reforma Wert é demoledora para a ensinanza pública, non consensuada ca comunidade escolar, feita as costas da comunidade educativa, que solo escoita aos obispos.

É o ataque máis tremendo que sufriu a educación desde o inicio da democracia.

Supón a ruptura do pacto educativo establecido na constitución e permite a introdución sistemática da discriminación.

É unha lei: clasista, segregadora e excluinte.

O que o goberno ten que saber é que xamais pode ser súbdito da igrexa porque a educación é o futuro e o están construíndo moi negro.

O goberno ten previsto pasar de inverter en educación o 4,9% do PIB en 2010 ao 3,9% no 2015. Fai 30 anos o gasto era do 5,35% do PIB. É un retroceso tremendo. Acabouse a educación compensatoria, a integración de nenos e nenas con necesidades especiais por problemas físicos ou psíquicos, acabáronse os programas masivos de becas.

Estes tres últimos días asasinaron a catro mulleres polo tanto a eliminación da educación para a cidadanía é moi grave porque educar para a cidadanía significa educar no respecto as desigualdades, a inmigración, a Constitución, as  institucións, …

MOCIÓN

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción sobre a retirada do anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A  educación en España mellorou extraordinariamente nos últimos anos, tal e como testemuñan os estudos  de organismos internacionais. Hoxe os niveis de escolarización son máis altos que nunca en todas as etapas educativas, a porcentaxe de abandono escolar prematuro diminuíu substancialmente, e somos un dos países que máis avanzou nos últimos anos en rendemento e  equidade. O resultado é que hoxe dispomos dun sistema educativo cun nivel crecente de calidade, organizado como un servizo público universal, que chega a toda a poboación en condicións de igualdade e de calidade. 

O último impulso a este avance prodúcese en 2006,    cando tras un intenso debate e un diagnóstico rigoroso,  apróbase a Lei Orgánica de Educación cun altísimo grao de acordo entre comunidade educativa, organizacións sociais e forzas políticas. Esta lei xunto ao aumento sostido  durante varios anos dos orzamentos para educación, permitiron un enorme avance nos obxectivos da estratexia da UE para o 2020.

Estes logros están agora en perigo ao presentar o Goberno de Mariano Rajoy un novo anteproxecto  de Lei  Orgánica de Mellora da Calidade Educativa de carácter extremadamente conservador, regresivo para a educación pública e que supón un cambio profundo na organización da educación en España. A realidade é que para a súa elaboración serviuse dos seus principios ideolóxicos, renunciando á elaboración dun diagnóstico rigoroso, compartido e coherente das necesidades e obxectivos educativos para os próximos anos. 

Esta nova reforma abre un camiño tan inxusto como ineficaz  posto que asume que segregando pronto aos mozos redúcese o fracaso escolar. As medidas propostas van claramente encamiñadas a excluír canto antes do sistema escolar precisamente a quen máis necesitan da escola, e a formar aos nenos e aos mozos expresamente con criterios competitivos.

Un Anteproxecto de Lei que se utiliza como elemento  arreboladizo entre españois e busca degradar as linguas cooficiais, á vez que promove un proceso de re-centralización que obvia a contribución das CCAA á mellora da educación en España. 

Desde logo, non se entende que razóns, fóra das puramente ideolóxicas, avalan o fortalecemento do ensino da relixión católica  e permiten eliminar a formación cívica da Educación para a Cidadanía  e os Dereitos Humanos.

Un anteproxecto de Lei que mostra unha desconfianza  preocupante cara ao docente e que pon toda a súa fe nas reválidas, as avaliacións e o rankings. 

En definitiva, unha reforma educativa que supón un menoscabo cara á escola pública e que demostra unha profunda desconfianza sobre o papel indispensable e positivo que esta xogou no desenvolvemento do últimos trinta anos en España.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:


1.            A retirada do Anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). 

2.          A apertura dun proceso de diálogo para a análise das necesidades e os obxectivos, mediante un documento aberto de traballo de obxectivos e diagnóstico. 

3.    No centro deste debate estará a Comunidade Educativa, Consello Escolar do Estado, os Consellos Escolares Autonómicos, expertos educativos, as Comisións de Educación no Congreso e no Senado, os Parlamentos Autonómicos, a FEMP e a Conferencia Sectorial de Educación.
A Pobra do Caramiñal, 06 de maio de 2013.


sábado, 19 de mayo de 2012

O CONCELLO DA POBRA POSICIÓNASE CON “GALICIA BILINGÜE” EN PROL DO CASTELÁN

A asociación sen ánimo de lucro “Galicia Bilingüe”, que se autodefine como “apartidista e independiente” ven de presentar recentemente en Vigo unha revista de vintecinco páxinas á que denominan “Vosotros” (dispoñible en dúas versións, unha en castelán e outra en castelán e galego na páxina www.galiciabilingue.es) na cal o Concello da Pobra comparte co de Ribeira –ambos gobernados polo PP- unha páxina completa a toda cor anunciando a súa marca turística… en castelán.

En ambas versións, castelán e “bilingüe”, o Concello da Pobra anúnciase institucionalmente en castelán, posicionándose dentro desa suposta liberdade de elección do idioma que di defender “Galicia Bilingüe” a favor do castelán, utilizando o medio de expresión desa asociación como plataforma para a definición da preferencia política do Sr. Maceiras.

A revista, que debe ser o vehículo de expresión do que o colectivo que a edita entende por "pluralismo lingüístico", repite na súa curta estensión o topónimo castelanizado “PUEBLA DEL CARAMIÑAL” -ou abreviado como “PUEBLA” ou “LA PUEBLA”- en máis dunha ducia de ocasións, sen que ao Sr. Maceiras lle trema o pulso á hora de asociar a imaxe da vila co perfil editorial da publicación, a pesar da utilización impropia e reiterada do nome do concello, sen amosar respecto algún polos graves sucesos producidos nos anos oitenta e noventa en torno ao emprego ilegal do topónimo histórico castelanizado.

Os Socialistas da Pobra consideramos desafortunado que o Concello da Pobra vincule a súa imaxe turística cunha revista de marcado corte ideolóxico -cuxo nome é unha parodia do da revista "Nós", referente do galeguismo-, no que constitúe unha clara vontade política do PP de sufragar correntes de opinión afíns con miras pre-electorais, asumindo gastos de difícil xustificación nun contexto de desmantelamento sistemático dos servizos públicos, e lamentamos o uso partidista do idioma como manobra de distracción sobre os duros recortes nos niveis máis esenciais dos dereitos básicos, abrindo sen pudor vellas feridas tocante ao topónimo do Concello con manifesto desprezo da paz social conseguida arredor do topónimo oficial, que como Alcalde debera defender.