viernes, 20 de noviembre de 2009

SOLICITAMOS UNHA NOVA DEPURADORA PARA O POLÍGONO DA TOMADA


Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de construír unha depuradora para o polígono industrial da Tomada.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Goberno de España volveu a confiar nos concellos aprobando con data 23 de outubro de 2009 o Real Decreto-Lei polo que se crea o fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local, dotado con 5.000 millóns de euros e destinado como a súa propia denominación indica, a financiar inversións realizadas polos Concellos que sexan xeradoras de emprego a corto prazo, así como actuacións de competencia municipal que contribuían a sostenibilidade económica, social e ambiental.

Tendo en conta que á Pobra do Caramiñal correspóndelle un total de 1.073.938 euros e con elo o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero da un notable impulso ás políticas que promovan o desenrolo sostible, dende o punto de vista medioambiental, co fin de seguir avanzando na protección do noso mellor patrimonio natural.

O equipo de goberno da Pobra, é incapaz de tomar medidas por mor dos continuos vertidos de orixe industrial que denunciamos reiteradamente. Non se contempla un plan de saneamento que é imprescindible para solucionar a problemática sanitaria e medioambiental que implican os permanentes vertidos de orixe industrial a ría de Arousa.

Conscientes do desastre medioambiental, así como da nula conciencia ecolóxica mostrada polo goberno municipal, que permite que o río Morto se tiña de cores, se queimen colleitas, se prexudique aos mariscadores, mexilloeiros, os socialistas propoñemos a construcción dunha depuradora para o polígono industrial da Tomada.

Esta construcción cambiaría radicalmente a relación co entorno, pois solucionaríanse os problemas de adecuación ambiental e o polígono industrial pasaría a converterse nese bo veciño que tódalas empresas do polígono deberían chegar a ser.

No ano 2000, fíxose unha inversión de 3,6 millóns de euros (600 millóns de pts) para substituír a antiga depuradora que quedou colapsada polos residuos industriais. En previsión de que esta depuradora non corra a mesma sorte que a anterior, debido a permisividade que demostran os responsables municipais o longo de máis de 10 anos de goberno e co fin de optimizar e liberar a carga que soporta na actualidade é polo cal facemos esta proposta.

A actual EDAR, situada na Ponte de San Antonio, ten unhas balsas de decantación na que na superficie soamente ten que haber auga, sen residuos, pero acontece que moitas veces estas balsas están cheas de espuma branca, cubertas cun manto de graxa ou con residuos sólidos en suspensión (restos de pota, calamar, túnidos, ...).
Coméntannos os expertos, que de seguir ca mesma tolerancia mostrada ata o de agora pode haber un risco de consecuencias desastrosas para a ría. Se houbera unha avaría terían que abrir as comportas, o cal quere dicir que a contaminación estaría asegurada para as augas do noso litoral.

Que menos que o goberno local da Pobra fixera este esforzo, xa que indicaba a vontade decidida de non mirar para outro lado, tal e como ven sucedendo, dando facilidades ás empresas para que liberen os seus residuos, porque ó grupo municipal socialista nos preocupa o benestar das empresas para que sexan xeradoras de emprego e riqueza.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes


ACORDOS:

1º.- Que o equipo de goberno da Pobra do Caramiñal faga as xestións necesarias para ubicar unha depuradora no recinto industrial da Tomada.

2º.- Que se proceda a construcción dunha depuradora no polígono industrial da Tomada, podendo ser impulsada polo fondo Estatal para o emprego e a Sostenibilidade Local xa que está encadrada no obxecto e finalidade do mesmo.

Pobra do Caramiñal, a 15 de novembro de 2009

martes, 17 de noviembre de 2009

ISAAC NON DEFENDE OS INTERESES DO POBO



Os Socialistas da Pobra, estamos estupefactos pola inoperancia, desidia e abandono das funcións de goberno por parte do Sr. Isaac.
Desta volta referímonos a que no ano 2006, a proposta do grupo municipal socialista, se presentara unha iniciativa para instar ao Alcalde a que xestionara unha escola de Turismo e Hostalería para a comarca. Moción que foi aprobada en Pleno por unanimidade.

Nunca máis a opinión pública tivo coñecemento das xestións que levou a cabo o Alcalde para conseguir que esta proposta fose unha realidade. Votaron a favor por non quedar mal ante os veciños pero as xestións foron nulas. A preocupación deste goberno centrase en empedrar as rúas do casco urbano. Está demostrado que soamente con iso non medramos.

A presión mediática que exerceu a patronal pobrense e a asociación de empresarios turísticos de Arousa Norte, sobre a Alcaldía, para crear na localidade un ciclo formativo de grado medio en hostalería, resultou igualmente inútil

A preocupación que temos os socialistas é inmensa pola falta de peso que o noso pobo ten na comarca do Barbanza, sen unha voz que de forma clara defenda as necesidades do noso pobo, fronte aos municipios veciños, que cada día, aparecen con iniciativas e propostas destinadas a reforzar os seus intereses na comarca.

Tanto Boiro coma Ribeira van a ser sedes administrativas, ás que con toda seguridade nos teremos que desprazar os pobrenses para realizar tódalas xestións cotiáns. Estes concellos, non paran de reclamar a Xunta de Galicia ou ó Goberno de España, dende xulgados a rexistros da propiedade, dende oficinas do I.N.E.M. a unha sede comarcal do Instituto Nacional da Seguridade Social, sen esquecernos que xa contan con unha delegación de Facenda, delegación de pesca, xulgados, oficina do INEM, Inspección Técnica de vehículos, Policía nacional, parque de bombeiros, futuro matadoiro comarcal, servicio de medicina marítima (realización de recoñecementos médicos previos ó embarque), UAD, mellor oferta educativa, etc..

Si comparamos a oferta educativa de Ribeira ca Pobra, pese a que a nosa situación xeográfica é privilexiada con respecto aos demais concellos da comarca, Ribeira conta con:
• Tres institutos públicos e 4 colexios concertados que imparten educación secundaria obrigatoria gratuíta.
• Escola náutica pesqueira, escola de idiomas (hasta 3º), conservatorio de música de grado medio.
• En total oferta 14 ciclos formativos fronte a dous que ofertamos na Pobra.

Claro está, que nada ten que dicir a todo esto, porque a voz do noso representante, é dicir, o noso Alcalde, simplemente non está, non sabe ou cala pola sumisión debida ó seu compañeiro e mentor.

A Pobra do Caramiñal, dunha vez por todas, ten que reclamar en alto, e claramente, a súa incursión e participación na vida administrativa e social da comarca. Non se pode deixar de lado, non debemos permitir a discriminación que levamos soportando durante tantos anos para favorecer continuamente a concellos como Boiro ou Ribeira.

domingo, 15 de noviembre de 2009

A INCOMPETENCIA: A RAZÓN DE SER DO GOBERNO DO Sr. ISAAC

-Fai xa un ano, os clubs de fútbol da Pobra (Puebla e Crocha), queixábanse que as instalacións municipais para a práctica do fútbol eran insuficientes, que os nenos e nenas que practican este deporte, estaban a entrenar nunha instalación que non era a mais adecuada nos meses de inverno, xa que coas choivas anegase de auga sendo imposible xogar ó fútbol na mesma.
-Desde o PSOE da pobra como medida inmediata propoñiamos arranxar o campo de Cadreche,(de titularidade municipal) e a mais longo prazo ampliar o estadio da alta facendo alí un campo de entreno, integrado nunha estructura que pensamos sería a mellor opción, por comodidade, por aforro e para construír algo digno onde as persoas que practican deporte e representan o noso pobo, nas diferentes competicións se sentiran orgullosas.

-O que o goberno de Isaac Maceiras nos ofrece un ano máis e un campo de incompetencia, con vestiarios de vergoña, estas son as verdades de Isaac Maceiras, un ano despois nada de nada.
Falaban de comprar terreos para facer unha gran instalación en Cadreche, que en 4 meses estaría solucionado o problema. todo mentira!!

-Por si fora pouca a incompetencia foron a comprar os terreos do campo de Ramón Franco e por non compralos agora fanlle pagar unha renta por estes terreos, que mais podemos pedir!!
-Consideramos moi graves os problemas que se lle están a xerar ós clubs e ós nosos deportistas e por eso pedimos ás persoas que están ó cargo da concellería de deportes que si non están capacitados para levar a cabo a misión que lle encomendaron se marchen e se dediquen a outra cousa, e ó noso alcalde dicirlle que aquí se ve realmente quen di mentiras e o que se preocupa vostede pola nosa mocidade NADA!!!!


-Desde o PSOE da Pobra aínda pensamos que o campo de Cadreche segue sendo a corto prazo a opción mais axeitada, xa que cunha obra menor, habilitaríase o campo para que os nosos deportistas puideran entrenar nel.