martes, 17 de noviembre de 2009
ISAAC NON DEFENDE OS INTERESES DO POBO
Os Socialistas da Pobra, estamos estupefactos pola inoperancia, desidia e abandono das funcións de goberno por parte do Sr. Isaac.
Desta volta referímonos a que no ano 2006, a proposta do grupo municipal socialista, se presentara unha iniciativa para instar ao Alcalde a que xestionara unha escola de Turismo e Hostalería para a comarca. Moción que foi aprobada en Pleno por unanimidade.
Nunca máis a opinión pública tivo coñecemento das xestións que levou a cabo o Alcalde para conseguir que esta proposta fose unha realidade. Votaron a favor por non quedar mal ante os veciños pero as xestións foron nulas. A preocupación deste goberno centrase en empedrar as rúas do casco urbano. Está demostrado que soamente con iso non medramos.
A presión mediática que exerceu a patronal pobrense e a asociación de empresarios turísticos de Arousa Norte, sobre a Alcaldía, para crear na localidade un ciclo formativo de grado medio en hostalería, resultou igualmente inútil
A preocupación que temos os socialistas é inmensa pola falta de peso que o noso pobo ten na comarca do Barbanza, sen unha voz que de forma clara defenda as necesidades do noso pobo, fronte aos municipios veciños, que cada día, aparecen con iniciativas e propostas destinadas a reforzar os seus intereses na comarca.
Tanto Boiro coma Ribeira van a ser sedes administrativas, ás que con toda seguridade nos teremos que desprazar os pobrenses para realizar tódalas xestións cotiáns. Estes concellos, non paran de reclamar a Xunta de Galicia ou ó Goberno de España, dende xulgados a rexistros da propiedade, dende oficinas do I.N.E.M. a unha sede comarcal do Instituto Nacional da Seguridade Social, sen esquecernos que xa contan con unha delegación de Facenda, delegación de pesca, xulgados, oficina do INEM, Inspección Técnica de vehículos, Policía nacional, parque de bombeiros, futuro matadoiro comarcal, servicio de medicina marítima (realización de recoñecementos médicos previos ó embarque), UAD, mellor oferta educativa, etc..
Si comparamos a oferta educativa de Ribeira ca Pobra, pese a que a nosa situación xeográfica é privilexiada con respecto aos demais concellos da comarca, Ribeira conta con:
• Tres institutos públicos e 4 colexios concertados que imparten educación secundaria obrigatoria gratuíta.
• Escola náutica pesqueira, escola de idiomas (hasta 3º), conservatorio de música de grado medio.
• En total oferta 14 ciclos formativos fronte a dous que ofertamos na Pobra.
Claro está, que nada ten que dicir a todo esto, porque a voz do noso representante, é dicir, o noso Alcalde, simplemente non está, non sabe ou cala pola sumisión debida ó seu compañeiro e mentor.
A Pobra do Caramiñal, dunha vez por todas, ten que reclamar en alto, e claramente, a súa incursión e participación na vida administrativa e social da comarca. Non se pode deixar de lado, non debemos permitir a discriminación que levamos soportando durante tantos anos para favorecer continuamente a concellos como Boiro ou Ribeira.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario