Mostrando entradas con la etiqueta Iniciativas Parlamentarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Iniciativas Parlamentarias. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de agosto de 2012

DIVIDE E VENCERÁS (Rotonda Escurís)

 


Hai uns anos, durante o goberno do bipartito, fracasou un proxecto de seguridade vial para A Pobra que incluía varias actuacións ó longo da AC-305. Este proxecto foi botado abaixo polo PP que, habilidosamente foron quen de manipular aos veciños e veciñas afectad@s polo mesmo. Este proxecto incluía unha rotonda para redistribuír o tráfico na zona da Devesa, (Escurís), e afectaba naquel intre a unha finca cuxos propietarios presentaron alegacións ó mesmo.

Agora o Sr. Isaac Maceiras aparece vendendo una “marabillosa” actuación que contempla a construción da mesma rotonda e con afección da devandita finca, cando no seu día prometeulle solucionarlle o asunto para no seren expropiados forzosamente. Unha vez máis, demostrase que cando na Xunta a goberna o seu partido Isaac di “Sí señor” e cando gobernamos os demais fai manipulación política e demagóxica para conseguir votos fáciles.

Ao respecto de dita actuación e ante a falta de información por parte do goberno local, o PSdeG a través dos deputados Pablo López Vidal e José Manuel Lage Tuñas presentaron no Parlamento de Galicia unha pregunta escrita sobre “as razóns, os datos e as previsións respecto da construción dunha rotonda glorieta na estrada AC-305 Padrón- Riveira no Concello da Pobra do Caramiñal (publicada no BOPG 734 o 18 de xullo de 2012”.

lunes, 13 de septiembre de 2010

INICIATIVA NO PARLAMENTO SOBRE O CENTRO DE SAÚDE NOVO


O deputado do PSdeG, Xosé Manuel Lage, presentou no Parlamento varias preguntas en relación ó futuro centro de saúde da Pobra.

Os socialistas da Pobra queremos coñecer cando está previsto iniciar esta actuación e en canto está presupostado o seu orzamento.Por elo pedímoslle a Lage que presentara unha iniciativa.

Unha das cuestións que máis preocúpanos aos socialistas é se o emprazamento escollido, a carón do cemiterio do Caramiñal, cumpre todos os requisitos legais establecidos.

Lage Tuñas entende que esta localización suscita dúbidas razoables, dado a existencia dun Decreto do ano 1998 da propia Consellería de Sanidade no que se esixe unha zona de protección de cincuenta metros nas construcións situadas a carón dun camposanto.

Os socialistas afirmamos que os accesos ó novo centro son deficientes e que na parcela non se contemplan a dotación de aparcadoiros.

Con todo, os socialistas consideramos que unha decisión como a de buscar unha localización para o novo centro de saúde era preciso consensuala, alomenos, cas formacións políticas da corporación local. En troques diso, sinalou Teresa García, o alcalde recorre á descalificación persoal como recurso para poñer en dúbida a xestión que está a realizar como integrante da oposición.

sábado, 19 de diciembre de 2009

NENOS SEN PEDIATRA NA POBRA. O PP RECORTA


O Portavoz da área institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage e a Secretaria Xeral do PsdeG-PSOE da Pobra, Teresa García mantiveron unha xuntanza hoxe sábado cunha representación de nais e pais da Pobra do Caramiñal que están recollendo firmas para solicitar un pediatra para o centro de Saúde de Pobra do Caramiñal.
Lage Tuñas no transcurso dunha rolda de prensa manifestou que “os socialistas imos defender no Parlamento que se dote á Pobra cun Pediatra a tempo completo e cun enfermeiro/a de pediatría, que nestes momentos é unha carencia existente no centro de saúde pobrense”.
O deputado socialista recolleu tamén as demandas dos socialistas da Pobra para interesarse pola mellora do centro de saúde onde “existen deficiencias graves, como fallos continuos no sistema de calefacción, goteiras en diversas salas do centro ou serios problemas de salubridade nos aseos públicos”.
“O PP falou de facer un novo centro de saúde pero os orzamentos do ano 2010 non contemplan un só euro para un centro de saúde na Pobra e o que é peor : teñen o actual centro de saúde nunhas condicións lamentables, o que dificulta o traballo dos profesionais sanitarios”.
Na Pobra temos un pediatra a tempo parcial, e ademais nos últimos meses estivo de baixa sin que a baixa fose cuberta por parte da Xunta de Galicia.
Lage Tuñas manifestou que “os socialistas imos defender no Parlamento que se dote á Pobra cun Pediatra a tempo completo e cun enfermeiro/a de pediatría, que nestes momentos é unha carencia existente no centro de saúde pobrense”.
Lage Tuñas comprometeuse a trasladar ó Parlamento este problema e con este motivo afirmou que vai presentar “unha proposición non de lei en Comisión para dotar ó centro de saúde da Pobra dun novo pediatra a maiores, para deste xeito cubrir á poboación de forma eficaz, incrementando daquela as prestacións de asistencia sanitaria e contribuíndo a que non se saturen as listas de espera en atención primaria”.
O deputado socialista dixo que “na Pobra só teñen un pediatra a tempo parcial e carece de enfermeiro/a de pediatría, polo que entendo que é preciso ter un pediatra a tempo completo, e reforzar deste xeito unha área na que se precisa atención especializada”.
Lage Tuñas considerou “satisfactoria” a reunión co colectivo de nais e pais da Pobra que comezaron fai uns días unha recollida de firmas entre a poboación para demandar da Xunta un novo pediatra para o centro de saúde.

DEFICIENCIAS NO ACTUAL CENTRO DE SAÚDE

O PSdeG pobrense tamén denunciou hoxe a “lamentable situación na que se atopa o centro de saúde da Pobra do Caramiñal”.
Os socialistas pobrense transmitíronlle ó deputado do PSdeG a situación do centro de saúde e explicaron as deficiencias existentes.
Non funciona axeitadamente o sistema de calefacción, o que nesta época do ano ten consecuencias para a poboación en xeral e para o persoal do propio centro. En varias salas de espera do centro hai goteiras e cando chove, a auga penetra no interior do centro, e os aseos públicos non teñen as condións hixienico-sanitarias mínimas para un centro de saúde”.

NOVO CENTRO DE SAÚDE

“O PP falou de facer un novo centro de saúde pero os orzamentos do ano 2010 non contemplan un só euro para un centro de saúde na Pobra e o que é peor : teñen o actual centro de saúde nunhas condicións lamentables, o que dificulta o traballo dos profesionais sanitarios”.
Lage Tuñas interesarase pola mellora do equipamento do actual centro de saúde ó igual que preguntara ao goberno galego polos plans que ten para dotar a Pobra dun novo centro de saúde, “xa que nos orzmentos do ano 2010 non aparece un só euro para este fin”.
“Si o PP promete un centro de saúde teremos que saber con que cartos se vai construir, cando se vai facer, cómo se vai facer e con que tipo de dotación e persoal vai a contar. Todo son interrogantes e será bó que lle poñan claridade a este asunto”

PEDIATRÍA, UN SERVIZO NECESARIO PARA AS PERSOAS.

“Dende o PSdeG apostamos polo mantemento dos servizos públicos e vemos con preocupación a falta de recursos da Xunta de Galicia para a sanidade, a educación ou os servizos sociais.”

Lage Tuñas
recordou como “xa durante o verán comprobamos como o goberno do señor Feijóo decidiu non cubrir baixas nos centros de saúde e na atención especialidade, como é o caso de pediatría, e iso lévanos a exemplos graves como o caso de Monte Alto na cidade da Coruña con máis de 1000 nenos e nenas sen atención especialidade, ou como en cinco concellos do Barbanza (Rianxo, A Pobra, Porto do Son, Carnota y Lousame) cunha poboación de máis de 4.000 nenos que non contaron cun pediatra en ningún destos concellos”.
“Xa dixemos daquela que estas situacións non deberían volver a repetirse para que os cidadáns non volveran a padecer unha diminución nas prestacións públicas, pero a nosa advertencia caeu en saco roto e na Pobra seguen sufrindo a carencia dun pediatra, o cal hai que resolver con urxencia e inmediatez”.

miércoles, 19 de agosto de 2009

INICIATIVA DE LAGE EN FAVOR DOS BENS CULTURAIS DA POBRA

O grupo parlamentario do PSdeG presentará unha Proposición Non de Lei instando á Xunta a que faga cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, aprobada en 1995, polo goberno Fraga establece a obrigatoriedade de abrir ó público durante determinados días ó mes aquelas construcións declaradas como Ben de Interese Cultural (BIC)

Xa denunciamos en maio que os propietarios do pazo Torre Xunqueiras, non están a cumprir coas súas obrigas legais. Ante as queixas recibidas, entre elas as dun colexio de Santiago, que a pesar de ter unha cita concertada atopou o pazo pechado, decidimos trasladar a nosa preocupación ó concello. Sen embargo, o executivo desbotou a moción que presentamos e que podedes atopar neste blog no arquivo (na etiqueta "mocións" con data de 21 de maio).

Por este motivo o compañeiro e deputado autonómico, Xosé Manuel Lage, presentará unha proposición non de lei para o seu debate a partir do mes de setembro. No texto insta ó goberno galego a facer cumprir a legalidade de xeito que tódolos cidadáns poidan desfrutar destes espazos nos que se teñen investido fondos públicos para a súa restauración.

Dende o PSOE apostamos por impulsar un programa de difusión dos bens culturais así como por facer compatibles os dereitos dos lexítimos propietarios co interese xeral.

TVSB Noticia completa

miércoles, 22 de julio de 2009

VIDEO ROLDA PRENSA

O PSdeG-PSOE insta ao goberno local a cumprir a normativa medioambiental Imprimir Correo electrónico

O PSdeG-PSOE presentou unha proposición non de lei para controlar os vertidos industriais no municipio.


Redacción Barbanza TVSB

INICIATIVA DE LAGE NO PARLAMENTO CONTRA OS VERTIDOS

O deputado socialista José Manuel Lage ven de presentar unha iniciativa parlamentaria na que solicita á Xunta que «deseñe un plan de control e erradicación de vertidos do concello de A Pobra» co propósito de «afrontar dun xeito decidido un mal endémico que se vén padecendo dende fai moitos anos».
A proposta se fundamenta, según Lage, nas denuncias dos vecinos e do PSdeG pobrense que afirma que «os vertidos non son unha cuestión puntual, senón que se teñen detectado todo tipo de produtos químicos que incluso queiman as colleitas».

O parlamentario referiuse ás denuncias sobre vertidos procedentes de A Tomada e tamén da Baiuca que, " teñen contado co amparo do Valedor do Pobo, pero que seguen sen ter solución". Ó mesmo tempo, Lage Tuñas incidiu nas queixas dos veciños afectados polos cheiros que se produce na zona do río Morto.


"Existe unha falta de conciencia absoluta por parte das autoridades ao non ter en conta o dano irreparable que se lle causa ao medio ambiente, ademais dos prexuízos económicos que pode ter para os mariscadores", xa que indicou que a contaminación afecta ós cauces fluviales e á ría


Teresa García
tamén sinalou que, a raíz dunha denuncia sobre as emisions en A Tomada presentada por seu partido, a fiscalía de Medio Ambiente decidiu abrir unha investigación.

Esta noticia foi publicada onte no diario La Voz de Galicia.