O grupo parlamentario do PSdeG presentará unha Proposición Non de Lei instando á Xunta a que faga cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, aprobada en 1995, polo goberno Fraga establece a obrigatoriedade de abrir ó público durante determinados días ó mes aquelas construcións declaradas como Ben de Interese Cultural (BIC)
Xa denunciamos en maio que os propietarios do pazo Torre Xunqueiras, non están a cumprir coas súas obrigas legais. Ante as queixas recibidas, entre elas as dun colexio de Santiago, que a pesar de ter unha cita concertada atopou o pazo pechado, decidimos trasladar a nosa preocupación ó concello. Sen embargo, o executivo desbotou a moción que presentamos e que podedes atopar neste blog no arquivo (na etiqueta "mocións" con data de 21 de maio).
Por este motivo o compañeiro e deputado autonómico, Xosé Manuel Lage, presentará unha proposición non de lei para o seu debate a partir do mes de setembro. No texto insta ó goberno galego a facer cumprir a legalidade de xeito que tódolos cidadáns poidan desfrutar destes espazos nos que se teñen investido fondos públicos para a súa restauración.
Dende o PSOE apostamos por impulsar un programa de difusión dos bens culturais así como por facer compatibles os dereitos dos lexítimos propietarios co interese xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario