viernes, 24 de mayo de 2013

LOMCE: CLASISTA, SEGREGADORA E EXCLUINTE

A reforma Wert é demoledora para a ensinanza pública, non consensuada ca comunidade escolar, feita as costas da comunidade educativa, que solo escoita aos obispos.

É o ataque máis tremendo que sufriu a educación desde o inicio da democracia.

Supón a ruptura do pacto educativo establecido na constitución e permite a introdución sistemática da discriminación.

É unha lei: clasista, segregadora e excluinte.

O que o goberno ten que saber é que xamais pode ser súbdito da igrexa porque a educación é o futuro e o están construíndo moi negro.

O goberno ten previsto pasar de inverter en educación o 4,9% do PIB en 2010 ao 3,9% no 2015. Fai 30 anos o gasto era do 5,35% do PIB. É un retroceso tremendo. Acabouse a educación compensatoria, a integración de nenos e nenas con necesidades especiais por problemas físicos ou psíquicos, acabáronse os programas masivos de becas.

Estes tres últimos días asasinaron a catro mulleres polo tanto a eliminación da educación para a cidadanía é moi grave porque educar para a cidadanía significa educar no respecto as desigualdades, a inmigración, a Constitución, as  institucións, …

MOCIÓN

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción sobre a retirada do anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A  educación en España mellorou extraordinariamente nos últimos anos, tal e como testemuñan os estudos  de organismos internacionais. Hoxe os niveis de escolarización son máis altos que nunca en todas as etapas educativas, a porcentaxe de abandono escolar prematuro diminuíu substancialmente, e somos un dos países que máis avanzou nos últimos anos en rendemento e  equidade. O resultado é que hoxe dispomos dun sistema educativo cun nivel crecente de calidade, organizado como un servizo público universal, que chega a toda a poboación en condicións de igualdade e de calidade. 

O último impulso a este avance prodúcese en 2006,    cando tras un intenso debate e un diagnóstico rigoroso,  apróbase a Lei Orgánica de Educación cun altísimo grao de acordo entre comunidade educativa, organizacións sociais e forzas políticas. Esta lei xunto ao aumento sostido  durante varios anos dos orzamentos para educación, permitiron un enorme avance nos obxectivos da estratexia da UE para o 2020.

Estes logros están agora en perigo ao presentar o Goberno de Mariano Rajoy un novo anteproxecto  de Lei  Orgánica de Mellora da Calidade Educativa de carácter extremadamente conservador, regresivo para a educación pública e que supón un cambio profundo na organización da educación en España. A realidade é que para a súa elaboración serviuse dos seus principios ideolóxicos, renunciando á elaboración dun diagnóstico rigoroso, compartido e coherente das necesidades e obxectivos educativos para os próximos anos. 

Esta nova reforma abre un camiño tan inxusto como ineficaz  posto que asume que segregando pronto aos mozos redúcese o fracaso escolar. As medidas propostas van claramente encamiñadas a excluír canto antes do sistema escolar precisamente a quen máis necesitan da escola, e a formar aos nenos e aos mozos expresamente con criterios competitivos.

Un Anteproxecto de Lei que se utiliza como elemento  arreboladizo entre españois e busca degradar as linguas cooficiais, á vez que promove un proceso de re-centralización que obvia a contribución das CCAA á mellora da educación en España. 

Desde logo, non se entende que razóns, fóra das puramente ideolóxicas, avalan o fortalecemento do ensino da relixión católica  e permiten eliminar a formación cívica da Educación para a Cidadanía  e os Dereitos Humanos.

Un anteproxecto de Lei que mostra unha desconfianza  preocupante cara ao docente e que pon toda a súa fe nas reválidas, as avaliacións e o rankings. 

En definitiva, unha reforma educativa que supón un menoscabo cara á escola pública e que demostra unha profunda desconfianza sobre o papel indispensable e positivo que esta xogou no desenvolvemento do últimos trinta anos en España.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:


1.            A retirada do Anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). 

2.          A apertura dun proceso de diálogo para a análise das necesidades e os obxectivos, mediante un documento aberto de traballo de obxectivos e diagnóstico. 

3.    No centro deste debate estará a Comunidade Educativa, Consello Escolar do Estado, os Consellos Escolares Autonómicos, expertos educativos, as Comisións de Educación no Congreso e no Senado, os Parlamentos Autonómicos, a FEMP e a Conferencia Sectorial de Educación.
A Pobra do Caramiñal, 06 de maio de 2013.


lunes, 20 de mayo de 2013

¿Os alcaldes de Arousa Norte coñecen o alcance da crises?

A finais de xaneiro os alcaldes de Boiro, Rianxo, Ribeira e Pobra acudían a Fitur para promover o turismo da comarca. O próximo día 30 de maio din que van a unha xuntanza na Casa de Galicia en Madrid para promocionar o plan de turismo para o ano 2013.

Con este argumento apraza o pleno ordinario o alcalde Isaac Maceiras previsto para o día 30 de maio que se celebrará o día 6 de xuño.

A pregunta é si estes alcaldes de Arousa Norte coñecen o alcance da crises porque a austeridade e o sacrificio nos afecta a todos menos a eles. Ningún se ruboriza. A representación política esixe exemplaridade moral. Non podes pedir o que non estás disposto a dar.

Solicitamos maior transparencia das xestións feitas con diñeiro público co fin de que estas sexan mais eficaces. A cidadanía non sabe de qué se compoñen esas xornadas, como se desenrolan, canto lle supoñen as arcas públicas e finalmente si o custe compensa os resultados obtidos.

Pode que con todas as promocións que fan non acudan mais turistas á comarca debido a situación económica e a 6.202.700 parados, o que si temos claro é que os alcaldes si fan turismo.