sábado, 22 de agosto de 2009

INAUGURANDO OBRAS CON Z DE ZAPATERO

José Luis Rodríguez Zapatero inaugurou onte a primeira obra rematada do PLAN E na Pobra, ese plan que puxo en marcha, tan cuestionado polo PP, para xerar emprego e facer inversións nos concellos….e que tan chapuceiramente Isaac comezara a executar no seu día.

O Presidente do Goberno de España estivo moi ben representado, como se aprecia na fotografía, polo Subdelegado do Goberno na provincia, José Manuel Pose Mesura (compañeiro e amigo), e por Teresa García e Andrés Rey. Os tres na nosa imaxe moi ben situados ó carón do Presidente do Goberno






Grazas a esta obra, cun custe de 338 mil euros (56 millóns das antigas pesetas) a rúa Unión e a praza dos Irmáns Ageitos mellora ostensiblemente.

Aínda que o problema de aparcamento no concello é moito maior. A peonalización de todo o casco do concello fai que moitos veciños vexan cada día mais obstáculos á hora de deixar o coche ben aparcado.

Mal que lle pese ó Sr Isaac, coñecido tamén por “INAUGURATOR”, dado el a inaugurar a mesma obra varias veces, esta a inauguramos os SOCIALISTAS grazas a un Presidente que o é de TODOS, sen distincións de cores políticas e mirando exclusivamente polo interese xeral da cidadanía

“CHAPUZAS MACEIRAS & ASOCIADOS”


Co cargo ó erario público o magnífico “Mace”, alcalde da nosa querida Pobra ven de insertar na Voz de Galicia (edición impresa) do venres 21 de agosto un ANUNCIO a PÁXINA COMPLETA que a algúns nos fai pensar que, ou ben sufre trastorno bipolar, demencia xuvenil (non é tan vello) ou non sabe ler o que lle escriben. Ou ó mellor tamén esto vai ser culpa do PSdeG da Pobra......coma outras cousas que ó parecer o rumor "popular" nos sinala como culpables (ó estilo "marianista xenovés" con tramas de espionaxe polo medio, ¡¡sií síííí.!!...) e que é millor pasar de puntiñas e correr un tupido velo. Pero de verdade que isto ¡É ABSOLUTAMENTE INCRIBLE!. A páxina de PUBLICIDADE pagada con cartos públicos, posto que leva o escudo do Concello de A Pobra é un saúda do Alcalde para desexar Felices Festas ós veciños e veciñas. Isaac, cuio nome ven do hebreo e significa“risa” está facendo honor ó mesmo xa que se ríe de todo, das leis, das normas que él mesmo aprova, dos veciños… e ademais faríanos rir a moitos cos GAZAPÓNS que comete senón fose porque esto e unha CHAPUZA MAIS no seu dilatado curriculum de CHAPUZAS. E non é broma dado que este pobo non está para “chuflas”á hora de falar de gasto.


Pero ó que vamos:


O ASUNTO: un SAÚDA DO ALCALDE desexando Felices Festas do Carmen dos Pincheiros.


A MEGACHAPUZA: o texto do saúda que comeza decindo literalmente “Chegados como cada ano ao terceiro domingo de setembro celebramos no noso concello a festa do Divino Nazareno….” Segue todo o texto na mesma liña para rematar co xa tradicional “Que o Divino Nazareno nos protexa e axude”


Nós aproveitamos para pedirlle ó DiviÑo Nazareno e a Virxe dos PIncheiros, que nos protexa das falcatruadas do “Magnífico Isaac” e nos axude ós pobrenses a librarnos del.

Favores polos que anticipamos gracias.


Pincha na foto para vela mellor

miércoles, 19 de agosto de 2009

INICIATIVA DE LAGE EN FAVOR DOS BENS CULTURAIS DA POBRA

O grupo parlamentario do PSdeG presentará unha Proposición Non de Lei instando á Xunta a que faga cumprir a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, aprobada en 1995, polo goberno Fraga establece a obrigatoriedade de abrir ó público durante determinados días ó mes aquelas construcións declaradas como Ben de Interese Cultural (BIC)

Xa denunciamos en maio que os propietarios do pazo Torre Xunqueiras, non están a cumprir coas súas obrigas legais. Ante as queixas recibidas, entre elas as dun colexio de Santiago, que a pesar de ter unha cita concertada atopou o pazo pechado, decidimos trasladar a nosa preocupación ó concello. Sen embargo, o executivo desbotou a moción que presentamos e que podedes atopar neste blog no arquivo (na etiqueta "mocións" con data de 21 de maio).

Por este motivo o compañeiro e deputado autonómico, Xosé Manuel Lage, presentará unha proposición non de lei para o seu debate a partir do mes de setembro. No texto insta ó goberno galego a facer cumprir a legalidade de xeito que tódolos cidadáns poidan desfrutar destes espazos nos que se teñen investido fondos públicos para a súa restauración.

Dende o PSOE apostamos por impulsar un programa de difusión dos bens culturais así como por facer compatibles os dereitos dos lexítimos propietarios co interese xeral.

TVSB Noticia completa

martes, 18 de agosto de 2009

¿¿Xuíz de Paz??.....Non, perdoen vostedes... ¡XUÍZ E PARTE!

De maneira escandalosa o PP da Pobra acaba de saltarse á toreira e con tintes chapuceiros a Lei Orgánica do Poder Xudicial que PROHIBE expresamente que un xuíz poda ser eso, xuíz e... parte ¡¡Por todos os deuses!! ....Pois nada, van estes e montan de novo ochiringuito dos amiguetes nomeando Xuíza de Paz (titular) a unha amiga dunha concelleira moi popular, que é avogada e polo tanto incompatible; e por si non bastara coa chulería, eles, mais chulos cun oito, nomean xuíz sustituo.... ¡¡ó presidente do PP d'A Pobra!!...Dn Alvaro Vieitez quen fora Alcalde do PP neste concello e agora mesmo Presidente do PP d'A Pobra,....¿E que a palabra ética non está no diccionario que utilizan? ¿Non a coñecen vostedes? Está claro...Gürtel, Valencia, Bárcenas.....a política despoxada da ética, a política orfa de valores, a política en mans de caciques, de nepotes. Nin mais nin menos.


Produce sonroxo e vergoña allea comprobar que a eles o que diga a Lei lles trae sen coidado. Non se fixeron as leis para o PP. O nomeamento de xuíz de paz, aprobado en solitario polo Partido Popular no pleno de xullo, constitúe un novo motivo de denuncia para nós. No caso da xuíz titular, Elena García, denunciamos que existe incompatibilidade entre a asunción do seu novo cargo co seu traballo como avogada,. Con respecto a Álvaro Viétez, a súa afiliación ó Partido Popular o fai absolutamente incompatible. Lembremos que chegou a ser Alcalde da Pobra e foi anos concelleiro. A Lei nesto é clara: Os xuices de paz non poderán pertencer a partidos políticos. Só hai que ler e entender....enténdese á primeira.

¿E que o Sr Isaac aínda non aprendeu a ler? ¿En que emprega o seu tempo, como Alcalde, en actividades lúdicas? ¿Ou é que aínda segue a ser algo escasiño de luces?

Ante estes feitos tan GRAVES o PSdeG da Pobra vai efectúar a crrrespondente denuncia ante o TSXG