Mostrando entradas con la etiqueta Barbanza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Barbanza. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de julio de 2010

A SAÚDE DAS MULLERES DO BARBANZA EN RISCO

Coa saúde non se xoga, non é saúdable nin para as persoas nin para os políticos.

A sanidade pública é a encargada da protección da saúde de toda a poboación. Debe buscar mellorar as condicións da saúde mediante as campañas de concienciación, a promoción de estilos de vida saudables, a educación e a investigación.

O desenrolo da sanidade pública depende dos gobernos, que elaboran os distintos programas de saúde para cumprir cos mencionados obxectivos.

A Conselleria de Sanidade debe avaliar as condicións de saúde da poboación, investigar a aparición de riscos para a saúde e analizar os determinantes de ditos riscos. De acordo co detectado, deben establecer as prioridades e desenrolar os programas e plans que permitan responder as necesidades.

A Consellería de Sanidade do PP nos daba en maio unha noticia na que o Sergas habilitaba no ambulatorio de Ribeira unha consulta de Xinecoloxía. Según nos relataban a finalidade era xestionar a lista de espera en Xinecoloxía polo que designaron unha matrona para que realice a toma de mostras de citoloxía do cuello do útero.

O día 16 de xullo, en tódolos medios de comunicación, o actual equipo directivo do Hospital da Barbanza nos di que una das grandes melloras que se rexistraron por especialidades foi a de xinecoloxía, onde se reduciu drasticamente as listas de espera.

Desde o Grupo Municipal Socialista esperamos que a redución drástica das listas de espera en xinecoloxía non teñan consecuencias dramáticas para algunhas mulleres, por non diagnosticar de forma precoz patoloxías graves que poñan en risco a vida das mesmas, (referímonos a neoplasias de ovarios, corpo de útero e trompas).

A matrona é unha enfermeira especializada a través da realización dunha residencia clínica, sempre sole traballar acompañada por outros profesionais da medicina, (xinecólogo e obstetra) e en ningún caso pode substituílos.

Queremos recordar que unha matrona non ten a formación suficiente para suplir a consulta en saúde dun médico especialista en Xinecoloxía, nin dispón dos medios complementarios adecuados para unha exploración xinecolóxica.

Unha exploración xinecolóxica se compón ademais da citada citoloxía, da exploración de mamas e axilas, da exploración da vaxina, do corpo do útero, das trompas e dos ovarios co fin de diagnosticar as patoloxías inflamatorias, infecciosas e tumorais que poidan aparecer.

Como recomenda a SEGO (Sociedad Española de Ginecología y Obstetricia), as mulleres deben facer un exame xinecolóxico completo anualmente, polo tanto poñer unha matrona a disposición das mulleres do Barbanza non é máis que unha mínima e incompleta revisión que non suple a do Xinecólogo. Únicamente sirve aos responsables da sanidade pública do PP para pulir e maquillar o número de persoas en lista de espera.

Por elo pedímos que o Concello da Pobra do Caramiñal inste a Consellería de Sanidade a dotar ao Hospital do Barbanza co persoal especializado en Xinecoloxía e Obstetricia necesario, para prestar unha adecuada prestación asistencial e preventiva a poboación de referencia do mesmo

sábado, 29 de agosto de 2009

MANUEL TEIRA, UN ARTISTA PERO ANTE TODO UN AMIGO








La Voz de Galicia publica hoxe esta entrevista co noso querido amigo e artista Manolo Teira.

O artista afirma que as salas de exposicións teñen horarios aos que a xente non pode ir

Autor:
E. Otero.

Dende pequeno, Manuel Teira (Palmeira, 1954), tivo claro que quería ser artista, unha vocación que xurdiu, segundo el explica, para contrarrestar a gris sociedade de posguerra na que lle tocou pasar a súa infancia. Así, buscando un xeito de escapar da falta de motivación, atopouse coa literatura, a pintura e a escultura, as tres disciplinas que agora practica.

-¿Cómo foi o seu proceso de aprendizaxe?

-Aprendín de maneira autodidacta, con libros. Empecei por escribir, que é o que estaba máis a man; compoñía poemas. Un pouco máis tarde apareceu a pintura, que tamén era fácil de adoptar como elemento artístico. Foi a partir dos 18 anos cando empecei a tomalo todo máis en serio.

-¿Era difícil atopar libros de arte cos que guiarse?

-Imposible. Non había bibliotecas públicas na zona e as das escolas tiñan todas un corte político. Apañábame co que me traían os amigos e ía a Santiago ás exposicións. Tamén había un pintor na Pobra, Gono, que me causou gran impresión. Eu quedaba fascinado mirando a aquel home que non traballaba na fábrica, nin era obreiro; só pintaba nos seus lenzos.

-¿Cal é a súa disciplina favorita?

-A escultura converteuse na miña principal forma de expresión a partir de 1988, pero fago tamén algo de pintura. Na literatura publiquei sobre todo poesía, aínda que hai un tempo que empecei a explorar o mundo da narrativa.

-¿Que estilo artístico seguen as súas obras?

-Eu sempre tiven moi presente a figuración, aínda que con compoñentes abstractos e irónicos. Agora, en cambio, noto que a estou abandonando, tanto en pintura como en escultura, en favor dun expresionismo abstracto.

-¿Que materiais usa para as esculturas?

-Empecei con granito, que é o material máis abundante por aquí. Logo paseime ao mármore, que é o que máis uso actualmente, aínda que teño unhas poucas obras feitas de bronce.

-¿Está preparando algunha mostra?

-Traballo nunha para homenaxear ao escritor Anxo Rey Ballesteros. Tamén participarei na feira internacional de arte de Murcia.

-¿Canto lle leva organizar unha exposición?

-Para 15 pezas de escultura calculo que tardo uns 6 meses, a pintura vai máis rápido. É difícil facer máis de dúas exposicións ao ano.

-¿É posible vivir das súas obras?

-Non. Os artistas de Barbanza somos utilizados polos concellos, que nos usan como reclamo e logo abandónannos, porque ás salas de exposicións danlles horarios cos que a xente non as pode visitar. Tampouco hai tendencia a adornar as rúas e, cando se fai, as esculturas públicas elíxense a dedo. Debería haber un concurso público para os escultores, onde un xurado formado elixa ao artista que faga a obra.

domingo, 9 de agosto de 2009

OS AREOS.....OU... ¿OS LODEIROS? ¡PRAIA LIMPA XA!

El PSOE denuncia que el emisario de la depuradora vierte sobre la arena de la playa de Os Areos
Diario de Arousa. Redacción


El PSOE de A Pobra denunció ayer que el emisario de la depuradora está al descubierto en la playa de Os Areos en el puente de San Antonio, que debería estar enterrado y por lo cual critican duramente el protocolo de seguimiento de los vertidos llevado a cabo por el Gobierno local.

Los socialistas explicaron que en el arenal también se vislumbra una especie de géiser que suponen se produce porque hay una fuga en la tubería. Insisten en que si el emisario vierte en el arenal en lugar de en el mar se produce un grave problema que afecta a todo el ecosistema, pasando porque “os mariscadores quéixanse de que o marisco non medra porque as augas pluviais arrastran area e se asfixia”.

Para ellos estas cuestiones “os que nos dan un saneamento integral do concello da Pobra “excelente” e o que demóstranos, unha vez máis que O ALCALDE MINTE AOS VECIÑOS DUNHA MANEIRA DESCARADA”.

Aseguran los socialistas estar “moi preocupados” porque insisten en que existe “deixadez, desidia e ineficacia por parte do Goberno local en cuestións de medio ambiente”, además de tachar a los responsables municipales de “incapaces” de resolver los problemas de vertidos contaminantes.

miércoles, 5 de agosto de 2009

DA EDUCACIÓN E DO PP

Sr Isaac, a acta terá que recoller os seguintes insultos: manipuladora, ignorante e mentireira. Foron pronunciados así de contundentes e si non son insultos que veña a RAG e o diga. Si non é insultar decirlle a alguen a berros que está dicindo tonterías e estupideces, si eso non é chamar tonta e estúpida a unha concelleira que veña a RAG e nolo diga., pero chámase perífrase ou circunlocución......hay que saber gramática tamén Sr Isaac. Pero vostede está a darnos a razón porque está a defender a actitude de insulto e falla de respecto que consinteu co seu silencio. Polo tanto é CÓMPLICE.
TVSB Video

Vostede, tan "educadiño" debería de saber que esas non son formas de dirixirse a ninguén. As formas "acaloradas", como dí vostede, estaban moi pasadas de voltas. Non hai máis que ver a foto do Sr Lago que publicou La Voz de Galicia para comprobar que estaba a piques do infarto, sudoroso e crispado. Debeu de sufrir unha subida da tensión e iso Sr Isaac é perigoso..vostede mesmo debería coidarse nese sentido; non lle convén nadiña esas situacións e esos debates tan "acalorados". Algo anormal debeu pasar nese Pleno cando o BNG saiu en contra desa "actitude" que lle producíu vergonza allea ata o funcionariado presente na sala.
Claro que vostede o ten fácil.... despois fincará de xoellos no reclinatorio, darase un par de golpes de peito, entoará un mea culpa, e ¡¡listo!!. A conciencia limpa e a pola seguinte. Así funciona vostede.

lunes, 3 de agosto de 2009

NOTA DE PRENSA SOBRE A INFAME ACTITUDE DO ALCALDE E DO PP...¡¡MAIS!!

O PSdeG DA POBRA ACUSA Ó

ALCALDE DE CRISPAR O DEBATE POLÍTICO


Os Socialistas da Pobra calificamos a actitude do voceiro do PP Sr Lago Simil como impropia dun debate político sereno e riguroso e lamentamos profundamente que dende a Alcaldía se fomente a CRISPACIÓN.

A actitude “insultante” e prepotente que mantivo no transcurso do último Pleno o Sr Lago coa portavoz socialista Teresa García non é propia dun partido que presume de demócrata e tolerante.

É absolutamente IMPRESENTABLE dende calquera óptica a agresión verbal como instrumento para argumentar posturas políticas.

Unha vez máis o Alcalde CONSINTE e polo tanto é CÓMPLICE da actitude irrespetuosa que ven sendo habitual nas intervencións do Sr Lago. Un Alcalde que presume de ser home de boas e exquisitas formas, demostra en realidade a súa falsedade ao TOLERAR semellante falta de EDUCACIÓN rachando coas mais elementais normas de comportamento tanto dende o punto de vista político como persoal.

Un deber fundamental da oposición é “fiscalizar” a acción dun goberno e facer propostas presentando mocións. Non é de recibo que se cuestione por que o PSdeG neste caso presenta unha u outra moción e que esto sexa causa dunha profunda CRISPACIÓN. Moito lles debe molestar ó Alcalde e ó Sr Lago e ó PP que a oposición faga limpamente o seu traballo e moi molesta lles debe de resultar Teresa García cando son incapaces de manter a debida compostura.

Esiximos a Isaac Maceiras que adopte as medidas oportunas e que lle “lea a cartilla” ao Sr. Lago, en aras dunhas relacións cordiais dende a discrepancia política, para que sucesos como o do derradeiro pleno non volvan a ocurrir e demostre así que é certo iso de que o PP practica a TOLERANCIA e observa as mais ELEMENTAIS NORMAS DE EDUCACIÓN que deben rexer a vida democrática no noso Concello.

domingo, 26 de julio de 2009

DA INXURIA E DO PP







NOTA DE PRENSA

OS SOCIALISTAS DA POBRA REXEITAN A MALEDICENCIA COMO INSTRUMENTO POLÍTICO.


Ante as acusacións vertidas polo PPdeG contra unha militante da nosa agrupación pola súa implicación na defensa da gratuidade dos libros de texto, os socialistas da Pobra queremos deixar claro o seguinte:


· A utilización da mentira como ferramenta para defender o indefendible é propia do PPdeG, e por extensión, propia do PPdeG da Pobra e do Sr Isaac Maceiras, que a utilizaron durante anos para denostar e desprestixiar ós nosos compañeiros concelleiros e mesmo a un Alcalde socialista.


· Non nos sorprende nada que así actúen, xa que o están a facer a diario cos nosos compañeiros concellais. É a única forma que coñecen ben de facer política: enchéndoa de lixo e utilizando a MALEDICENCIA.


· A militante aludida polo PPdeG, na súa nota,, NON É CONCELLEIRA NIN OSTENTA NESTES INTRES CARGO ÓRGANICO ALGÚN, polo que é unha FALSEDADE MAIS do PPdeG..


· Aludir as rendas persoais, gañadas co traballo propio, É UNHA INDECENCIA E DEMOSTRA A BAIXA CATADURA MORAL DO PPdeG E DO PP DA POBRA que coñece perfectamente aos veciños e veciñas deste pobo e saben perfectamente de que viven.


· O PSdeG da Pobra defende a gratuidade dos libros de texto que puxo en marcha o Goberno de Touriño, e estará nesa defensa permanentemente e en todo momento por riba de cuestións de carácter persoal como o salario de cada quen ou o partido no que militen

viernes, 24 de julio de 2009

DÍA DE GALICIA, O SOCIALISMO GALEGO EN RIANXO

Os socialistas galegos conmemoramos o 25 de xullo, Día de Galicia cunha homenaxe a Castelao. Estaremos mañá, como todos os anos, en Rianxo, onde naceu este ilustre galego. Alí, ás 12:30 horas no Paseo da Ribeira, o Sº Xeral do PSdeG-PSOE Pachi Vázquez, o Alcalde de Rianxo e todos os cargos políticos e institucionais de Galicia, militantes e simpatizantes faremos unha ofrenda ante a estatua do escritor.
¡¡Esperámoste!!