Coa saúde non se xoga, non é saúdable nin para as persoas nin para os políticos.
A sanidade pública é a encargada da protección da saúde de toda a poboación. Debe buscar mellorar as condicións da saúde mediante as campañas de concienciación, a promoción de estilos de vida saudables, a educación e a investigación.
O desenrolo da sanidade pública depende dos gobernos, que elaboran os distintos programas de saúde para cumprir cos mencionados obxectivos.
A Conselleria de Sanidade debe avaliar as condicións de saúde da poboación, investigar a aparición de riscos para a saúde e analizar os determinantes de ditos riscos. De acordo co detectado, deben establecer as prioridades e desenrolar os programas e plans que permitan responder as necesidades.
A Consellería de Sanidade do PPnos daba en maio unha noticia na que o Sergas habilitaba no ambulatorio de Ribeira unha consulta de Xinecoloxía. Según nos relataban a finalidade era xestionar a lista de espera en Xinecoloxía polo que designaron unha matrona para que realice a toma de mostras de citoloxía do cuello do útero.
O día 16 de xullo, en tódolos medios de comunicación, o actual equipo directivo do Hospital da Barbanza nos di que una das grandes melloras que se rexistraron por especialidades foi a de xinecoloxía, onde se reduciu drasticamente as listas de espera.
Desde o Grupo Municipal Socialista esperamos que a redución drástica das listas de espera en xinecoloxía non teñan consecuencias dramáticas para algunhas mulleres, por non diagnosticar de forma precoz patoloxías graves que poñan en risco a vida das mesmas, (referímonos a neoplasias de ovarios, corpo de útero e trompas).
A matrona é unha enfermeira especializada a través da realización dunha residencia clínica, sempre sole traballar acompañada por outros profesionais da medicina, (xinecólogo e obstetra) e en ningún caso pode substituílos.
Queremos recordar que unha matrona non ten a formación suficiente para suplir a consulta en saúde dun médico especialista en Xinecoloxía, nin dispón dos medios complementarios adecuados para unha exploración xinecolóxica.
Unha exploración xinecolóxica se compón ademais da citada citoloxía, da exploración de mamas e axilas, da exploración da vaxina, do corpo do útero, das trompas e dos ovarios co fin de diagnosticar as patoloxías inflamatorias, infecciosas e tumorais que poidan aparecer.
Como recomenda a SEGO (Sociedad Española de Ginecología y Obstetricia), as mulleres deben facer un exame xinecolóxico completo anualmente, polo tanto poñer unha matrona a disposición das mulleres do Barbanza non é máis que unha mínima e incompleta revisión que non suple a do Xinecólogo. Únicamente sirve aos responsables da sanidade pública do PP para pulir e maquillar o número de persoas en lista de espera.
Por elo pedímos que o Concello da Pobra do Caramiñal inste a Consellería de Sanidade a dotar ao Hospital do Barbanza co persoal especializado en Xinecoloxía e Obstetricia necesario, para prestar unha adecuada prestaciónasistencial e preventiva a poboación de referencia do mesmo
No hay comentarios:
Publicar un comentario