martes, 20 de julio de 2010

SUSPENSO Á SANIDADE DO PPdeG.

A secretaria de Sanidade da agrupación provincial do PSdeG-PSOE, Natividad González Laso, á vista dos datos do 2ª trimestre do ano 2010, denunciou hoxe que o hospital do Barbanza “ocupa o cuarto posto no inaceptable ránking de peores indicadores dos hospitais galegos”.

González Laso afirmou que, co goberno do Partido Popular, a espera media de Galicia, para unha intervención cirúrxica, empeorou en 4 puntos pasando de 67 a 71 días.

Tamén creceu, en 2.000, o número de pacientes en espera cirúrxica, incrementándose en 8 dos 14 hospitais públicos, e dicir en máis da metade, e xa chegan a 36.180 persoas pendentes dunha intervención.

Respecto das consultas, empeoraron 27 dos 34 servizos, é dicir o 80% e se incrementou en 10.183 o numero de pacientes que esperan por unha consulta,respecto aa xuño de 2009, e chegan xa a 203.753 pacientes.

Por outra parte un terzo dos hospitais públicos empeoraron os seus resultados( 4 dos 14 hospitais) sendo o H. do Barbanza o que ocupa o 4º posto no triste ranking de indicadores.

Segundo a responsable de sanidade da executiva provincial dos socialistas, o número de pacientes que esperan por unha intervención cirúrxica no Hospital do Barbanza, incrementouse un 6% respecto a xuño do ano 2009.

Destacan os datos do servizo de Oftalmoloxía que incrementou a espera nun 56% respecto do ano 2009, ou a cirurxía dixestiva cun incremento da espera do 16%.

Os socialistas criticaron a inequidade no acceso aos servizos para as persoas que teñan este Hospital de referencia, xa que espera con respecto a 2009, medrou en 5 dos 7 servizos ofertados, e mesmo se ten duplicado o tramo de espera entre 3 e 6 meses.

Respecto das consultas,máis xente espera máis tempo así o H. do Barbanza esta 11 puntos por riba da media galega os pacientes teñen que esperar 72 días fronte aos 61 da media galega.

Empeoraron 7 servizos, nomeadamente nefroloxía que incrementou a espera nun 170%, cardioloxía, 135%, traumatoloxía nun 120%, otorrinolaringoloxía nun 92% cirurxía dixestiva nun 80% sorprende a maquillaxe de xinecoloxía respecto ao de fai 3 meses.

Todos estes datos apuntan, segundo os socialistas coruñeses, “a un vertixinoso deterioro da calidade asistencial na sanidade pública galega, nun só ano, debido ao abandono e incapacidade do goberno da Xunta”, que está a propiciar “un panorama desalentador e inaceptable”

“Hoxe en Galicia hai máis xente( 2.000 pacientes máis) esperando durante máis tempo para ser intervida cirúrxicamente, ou para dispor de diagnóstico e tratamento para a súa enfermidade ( 20.000 pacientes máis)”, afirmou González Laso que considerou que, en materia sanitaria, o balance do primeiro ano de goberno de Núñez Feijoo “é nefasto, pois está a producir un profundo deterioro do sistema público de saúde.

No hay comentarios: