miércoles, 4 de agosto de 2010
CARTA Ó SR. ALCALDE DA POBRA ACERCA DO POL.
Estimado Sr. Alcalde:
Deixe, por favor, de manipular os feitos.
1. Porque o PSdeG foi o ¡¡PRIMEIRO!! en solicitar que o POL se axustase ó Plan Xeral da Pobra. E o fixemos nun acto público na Pobra a través dos deputados José Manuel Lage e Mar Barcón no mes de abril.
2. Vostedes presentaron unha pequena alegación, na que en dúas follas se dedican a poñer recortes de prensa e inclúen a nosa revista informativa “Forte e Claro”. Choca ver que aparece un recorte de prensa do día 20 de abril pero non aparece o recorte do día 21 que textualmente dicía: “EL PSOE PIDE QUE EL PXOM DE A POBRA PREVALEZCA SOBRE EL PLAN DO LITORAL”
3. Non se esqueza vostede nin ese equipo de goberno que o Partido Socialista da Pobra, antes que ninguén, lle solicitou unha reunión con técnicos e con todos os grupos políticos da Corporación para analizar e clarificar os niveis e áreas de afección. Por suposto non fixo vostede caso.
4. Na súa alegación o PP da Pobra SOLICITA ÚNICAMENTE “ Que el Plan de Ordenación del Litoral incorpore las propuestas del Plan General de Ordenación Municipal de A Pobra do Caramiñal” (sic)
5. Vostede foi a remolque e copiando as boas iniciativas dos socialistas. Si o aportado foi para que non nos afectara o POL, benvido sexa, aínda que para ser inofensivo o POL levoulle ós técnicos meses resolver as afeccións que si había....
6. Polo tanto Sr Alcalde pregámoslle pida desculpas a este. grupo político e retire esa falcatruada que se lle ocurreu de pedir a dimisión da oposición. Son @s representantes electos do pobo Sr Maceiras, e con eso vostede demostrou que o concepto de DEMOCRACIA aínda non lle entrou ben nos miolos. Pero non resulta moi estraña esa actitude antidemocrática, cando un está educado nos principios sagrados do Movemento Nacional e de FE e das JONS.
7. Finalmente Sr. Maceiras, estamos á espera de visionar eses novos planos porque moito nos tememos que aínda haxa que volver á carga. Parece ser que o “axuste” non foi ao 100% e aínda queda algunha zona afectada.
8. Seguiremos informando á cidadanía que nos confiou o seu voto, mal que lle pese Sr. Maceiras, non facemos senón cumprir coa nosa obriga. Pero o facemos sen mentiras, coma as que facía vostede cando estaba na oposición que chegou a dicir que o pobo estaba invadido de ratos e vostede como o gran frautista de Hamelin que é as exterminou ¿verdade?. Agora tocaranos a nós limpar o pobo de gaivotas “carroñeiras”. As súas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario