A portavoz do grupo municipal socialista da Pobra, Teresa García, denunciou as condicións absolutamente LAMENTABLES nas que se atopa o paseo marítimo de Cabío, concretamente no tramo que abarca dende o Cámping ata a súa finalización no merendeiro, e pode observarse como pola maioría do tramo mencionado as silveiras e a maleza xa empezan a subirse pola plataforma de madeira, tanto por debaixo como polos lados.
Non para o Sr. Isaac de anunciarnos paseos marítimos por todo o territorio do municipio, incluso chegou a dicir que íamos a poder pasear desde a Ribeiriña a Palmeira por esas pasarelas de madeira. Pasarelas que outras Administracións subvencionan pero que o mantemento e a conservación correspóndelle ó concello. Por elo é necesario priorizar as necesidades dun pobo, ¡¡non construír para logo abandonar!!
O Concello non para de facer requirimentos aos particulares para que manteñan limpas as súas fincas de acordo ca lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais, pero esquecese de limpar a maleza dos espazos públicos como é o paseo marítimo preto do cámping de Cabío.
Algúns turistas mostraron a preocupación que teñen si se chega a producir un incendio nas inmediacións do cámping. Si chegara a ocorrir algún sinistro a responsabilidade caería sobre o concello, pois o Sr. Isaac non pode mandar resolucións ós veciños instando a manter limpas de maleza as propiedades particulares e a Admistración local obvia cumprir cas leis.
Neste mes de agosto hai unha gran afluencia de turistas no noso municipio e a imaxe que lle estamos a dar non é a que o Sr. Isaac nos di: “somos as praias de compostela”. A enorme praia da Corna está abandonada, as pasarelas cheas de maleza, non se limparon as herbas desde que a demarcación de costas fixo a obra, non hai papeleiras, os recipientes que se usan para o lixo tardan en desocuparse. Pola contra a Corna de Palmeira posúe bandeira azul. A nosa Corna, ten máis lonxitude e máis valor paisaxístico pero a este goberno municipal non lle interesa poñer en valor este areal.
En definitiva, a coherencia debe ser a única forma de gobernar, e non hai relación entre as manifestacións que fai o noso mandatario dicindo ata a saciedade que “é imprescindible o fomento do turismo para o desenrolo do noso pobo” e logo teña en semellante estado de abandono un dos principais reclamos turísticos.
O turismo Sr. Maceiras non empeza nin remata nos Xardíns Valle-Inclán, e algo tan sinxelo coma o mantemento non pode ser esquecido. Logo pasa o que pasa cando non se mantén a natureza limpa de maleza. Desgraciadamente estámolo a ver estes días nos montes galegos novamente.
Aproveitamos este espazo para dedicarlle un recordo e expresar as nosas condolencias polo falecemento dos dous brigadistas en Fornelos de Montes cando estaban realizando a tarefa de sofocar un incendio ¡¡NUNCA MÁIS LUME NOS NOSOS MONTES!!
1 comentario:
E unha pena que teñan tan abandonada esa zona , co bonito que é...cando fun eu en xunio xa estaba bastante desdeixada..esperemos que cambie a situación..saudiños!!!
Publicar un comentario