sábado, 5 de septiembre de 2009

LEMBRADE, ¡ SÁBADO 12 DE SETEMBRO EN VILAGARCÍA!


Non esquezades que o vindeiro sábado 12 de setembro celebramos a Festa dos Socialistas de Galicia en Vilagarcía. No recinto ferial de FEXDEGA ás 12 horas.
¡Esperámosche!

miércoles, 2 de septiembre de 2009

A DEIXADEZ DE MACEIRAS Á VISTA.


TVSB. Solicitamos o arranxo urxente do acceso a escola infantil de Monte Carmelo e o camiño de O Couto que une a igrexa do Dean e o cemiterio.

Teresa García presentou unha moción na que insta ao executivo local a arranxar a pista do Campo da Feira e camiño de O Couto, ámbolos dous viais moi utilizados por peóns e vehículos porque dan acceso a escola infantil Monte Carmelo e conectan a igrexa do Dean co cemiterio municipal

Os socialistas de A Pobra denunciamos que o acceso a gardería Monte Carmelo presenta un aspecto lamentable, cun camiño cheo de fochancas e pedras soltas de gran tamaño. O goberno de Maceiras debería arranxar con urxencia o vial dado que o curso escolar está a piques de iniciarse. Na moción tamén solicitamos o asfaltado do coñecido como camiño do Couto, que conecta a igrexa do Dean co cemiterio municipal.

Pedimos tamén a reparación da fonte do Castelo para que non continúe rebordando a auga.

O abandono destes camiños e da fonte son tan só unha mostra máis da falta de coidado e da deixadez que vén caracterizando ao executivo municipal do Sr Isaac nestes últimos anos. que se dedica a primar as actuacións no casco urbán, malia non ser prioritarias, fronte as necesidades do rural.

Teresa García puxo como exemplo o acondicionamento dos xardíns Valle-Inclán, nos que se investirán preto de cento trinta mil euros ( case 30 millóns de pesetas).

martes, 1 de septiembre de 2009

TOD@S SOMOS LAURA ALONSO ¡TOLERANCIA CERO E A LEI!














Por ti Laura que tristemente eres outra víctima máis da criminal violencia machista.
Para que sexas a última da longa lista que atenaza o noso espíritu e o da sociedade enteira.
Para que JAVIER CRUZ, con nome e apelidos ben visibles, sexa condenado e o peso da Lei caiga coma unha lousa de pesada pedra sobre as súa inefable cobardía.
Para que ti poidas descansar en paz logo de serche arrebatada a vida de xeito vil e cruento.
Para que a túa familia recobre, si e que iso é posible, a paz e a alegría roubadas.
Para que NUNCA MAIS teñamos que escribir algo semellante ao de hoxe.
Para que as mulleres poidan decidir sen medo a ser asasinadas.
Para que a sociedade entenda que a TOLERANCIA CERO é unha arma imprescindible.
Por ti e por todas as Lauras, por todas as mulleres, dende o PSdeG-PSOE seguiremos loitando para que non haxa NINGUNHA MÁIS.