Mostrando entradas con la etiqueta Espacios Públicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Espacios Públicos. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de noviembre de 2012

O DETERIORO DO CAMPO DA ALTA


Estas obras tiveron un custe de 260.000 euros pagados exclusivamente pola Deputación.









 
Como vimos dicindo dende hai anos, o mantemento das instalacións municipais é deficiente, cortase a herba soamente unha vez ó mes, o rego continúa funcionando aínda que chova e ninguén o vixía, non se trincha o terreo de xogo, a varanda que circunda o campo está apuntalada para que non caia, a rede perimetral para evitar que os balóns saian fora está rota ou non existe, o pintado do campo o teñen que facer os equipos, …
Os clubs levan anos queixándose e advertindo dos problemas do campo aos responsables do goberno municipal para tratar de evitar o deterioro, sen que os responsables municipais fagan algo ó respecto. Como é costume deste equipo de goberno non se adoptan medidas correctoras e continua un ano máis o deterioro do campo.


Tal abandono está permitindo que os arredores, e mesmo o campo, sexan utilizados como almacén de sinais, vallas e de outros materiais do Concello, que non deberan estar no interior dun recinto deste tipo.




O mesmo abandono sofren as pistas de atletismo con vallas rotas, as vallas de obstáculos cheas de lixo,a escala dos xuíces destruída, ….
 

viernes, 5 de octubre de 2012

A INDIFERENCIA POLO PATRIMONIO HISTÓRICO



Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o coidado e preservación do patrimonio histórico.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O patrimonio histórico dun pobo é unha parte da súa memoria e a conservación forma parte da conservación do patrimonio de toda a humanidade.
O coidado e a preservación de todos os xacementos  nunca foi unha tarefa tomada ca debida seriedade e responsabilidade por parte deste goberno local. Sempre mostraron indiferenza, falta de atención e vontade, abandono, complicidade e falta de interese en evitar a destrución de todo o patrimonio relacionado ca arqueoloxía.
Xa hai algún tempo, a Mancomunidade de Arousa Norte dedicouse a colocar unhas sinais polo municipio, tales como: “Necrópole romana e medieval”, “Petróglifo Pedra de Gonderande”, “Mámoa da Fornela”, … que non levan a coñecer ningún resto arqueolóxico e que unicamente causan enfado e confusión aos turistas, algún accidente cos vehículos ao meterse en camiños intransitables e molestias aos veciños do lugar.
O lugar de Quintáns conta con indicadores que teoricamente levan a unha necrópole romana e medieval e o que se encontran é unha parcela municipal chea de maleza chamada Detrás do muro da Fraga. Este enclave municipal conta con dúas pontes unha de pedra e outra de madeira que permite atravesar o río das Almas e o que antigamente era un lavadoiro público e que aínda quedan restos e que a vez comunica o Camiño Sacramental ca parcela municipal.
O lugar de Quintáns é merecedor dun coidado especial para protexer os restos arqueolóxicos que por certo están nun pinar de titularidade privada cheo de vexetación e sen ningún indicador que permita coñecer o lugar exacto onde se atopa a necrópole.



 

No Petroglifo da Pedra de Gonderande é imposible localizar o gravado rupestre, acceder ó lugar e atopar a pedra que está cuberta case na súa totalidade con plantas de kiwi e que se permitiu fai anos movementos de terras que fixeron que desapareceran algunhas das pedras. O que si encontramos, son pintadas feitas de non hai moito tempo.
A mámoa da Fornela atópase nunha situación semellante. Preguntando aos veciños do lugar, algúns son incapaces de indicar o lugar onde se ubica.
A protección do patrimonio cultural é unha obriga para tódalas administracións contemplada na Constitución e na lexislación do patrimonio cultural galego.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS
1º.- Limpar da maleza a parcela municipal situada en Quintáns chamada pinar de Detrás do Muro da Fraga solicitando para elo, a autorización previa de patrimonio, xa que é preceptivo para todos os ámbitos de protección arqueolóxica.
2º.- Xestionar ante outras administracións fondos públicos que permitan a conservación e posta en valor de todo o patrimonio arqueolóxico municipal.
A Pobra do Caramiñal, 03 de outubro de 2012



Ubicación da necrópole romana e medieval


martes, 28 de agosto de 2012

AS PRAIAS DO CONCELLO EN TEMPORADA ESTIVAL


Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a limpeza das praias do municipio.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O turismo é unha actividade de gran importancia económica. Non é soamente o responsable de xerar riqueza a hostalería e o comercio senón que tamén de crear postos de traballo, dar a coñecer a nosa riqueza natural, gastronomía e costumes. Por iso cada día que pasa debemos de loitar para mellorar co fin de asegurarlle aos turistas e a sociedade en xeral un excelente servizo e lograr fidelidade a favor do noso pobo.
Ven sendo costume que tódolos anos lle temos que solicitar ao equipo de goberno a limpeza dos areais e enclaves turísticos por mor do abandono que sofren. Este pasado 14 de agosto houbo temporal e as praias quedaron cheas de argazo. Outros Concellos se afanaron por retirar os restos. A Pobra do Caramiñal é un municipio de interese turístico, (tal e como reza nos membretes do concello), conta con persoal para a limpeza de praias mediante subvención doutra administración e unha máquina limpapraias, que o concello anunciou nos medios de comunicación, e que lle supón un gasto as arcas do concello para este ano 2012 de 10.000 euros. 
A praias do municipio están totalmente esquecidas ca excepción de Cabío e a Illa. A Corna, os Raposiños, a Punta da Mercé, …,  acumúlanse todo tipo de residuos sen que podan ser utilizadas nas mellores condicións polos residentes e turistas.
Nos Raposiños hai un cartel do Servizo Galego de Saúde que indica que a calidade da auga é excelente, con tres estrelas, pero a praia está chea de argazo.
Na Punta da Mercé hai un pequeno vertedoiro con reumáticos, restos de redes, tubos de plástico, latas, …
Na Corna hai toneladas de argazo, seco e recente, ademais de bolsas con lixo nos areais. Contrasta a parte de Ribeira, (do mesmo areal), que está totalmente limpo e con coidados esmerados.
Estamos en plena temporada estival e o obxectivo é atraer o maior número de turistas, para elo, o longo do ano,se realizan e subvencionan iniciativas turísticas pero si a administración local non se implica resultan estériles e inútiles.
A estas praias acoden multitude de persoas que visto o seu estado teñen que darse a volta, o mellor para non volver nunca máis polo noso pobo. Con vontade, eficiencia e eficacia pódense limpar os areais xa que temos o persoal e as máquinas para poder facelo.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO:
Que se leve a cabo a limpeza de tódalas praias do municipio ca finalidade de que estean nas mellores condicións para o disfrute dos veciños e turistas.
A Pobra do Caramiñal, 27 de agosto de 2012
 

viernes, 13 de enero de 2012

O CAMPO DA ALTA ABANDONADO


Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o arranxo do campo da Alta.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Con data do 17 de setembro do ano 2007, o alcalde Isaac Maceiras, e o entonces presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, acompañados por unha ampla comitiva inauguraban o campo da Alta. As obras consistiron na renovación por completo do terreo de herba natural, se dotou o estadio dun novo sistema de rego e drenaxe, ademais da instalación dunha barandilla, o pintado de muros e campo, e reformas nos vestiarios.
Estas obras tiveron un custe de 260.000 euros pagados exclusivamente pola Deputación.
Pasaron catro anos e tres meses e o campo de fútbol xa non se pode usar. O Concello comunicou, a mediados de decembro de 2011, os clubs Puebla CF e Crocha Balompé CF que ata marzo de 2012, xa non se lle permitía xogar ó fútbol no campo da Alta. O día 11 de xaneiro de 2012, baixo a presión dos clubs, o Alcalde rectifica e déixaos xogar pero baixo a responsabilidade dos mesmos. Pese a todo, é unha auténtica lameira, aínda que non chova ó pisar a herba hai auga ou simplemente con pisala de maneira suave xa desprende cheiro.
Como vimos dicindo dende hai anos, o mantemento das instalacións municipais é deficiente, cortase a herba soamente unha vez ó mes, o rego continúa funcionando aínda que chova e ninguén o vixía, non se trincha o terreo de xogo, a barandilla perimetral está apuntalada para que non caia e o pintado do campo o teñen que facer os equipos.
Xa no ano 2010, os clubs advertiron do problema que tiña o campo aos responsables do goberno municipal encargando estes un presuposto para tratar de evitar o deterioro, que ascendía a 7.000 euros. As obras consistirían en limpar drenaxes, levantar a herba e incorporar area e turba. Como é costume deste equipo de goberno non se adoptaron medidas correctoras e continuou un ano máis o deterioro do campo.
Tal abandono está permitindo que os arredores, e mesmo o campo, sexan utilizados como almacén de sinais, vallas e de outros materiais do Concello, que non deberan estar no interior dun recinto deste tipo.
Mención a parte merecen as instalacións deportivas de Cadreche. Ditas instalacións adoecen dunha falta total de material e de condicións axeitadas para práctica deportiva.
É preciso dar solucións a unha serie de carencias que deben de corrixirse é que xa foron denunciadas polo Grupo Municipal Socialista, entre estas están:
• Falta de porterías móbiles, dotadas de rodas para evitar danar a herba artificial.
• Mellora da rede perimetral, para evitar a saída dos balóns, xa que cada equipo perde diariamente un número importante deles. Neste punto hai que destacar que xa houbo algún accidente cando os rapaces caeron polos desniveis ó ir buscar os balóns.
• Vestiarios pequenos e insuficientes.
• Iluminación insuficiente para a práctica deportiva.
• Falla de auga quente suficiente para o aseo dos xogadores.Temos noticias de que un acumulador avariouse en novembro e aínda está sen arranxar.
• A masificación das instalacións; xa que están adestrando en Cadreche uns 40 mozos o mesmo tempo, 20 en cada metade do campo.
• O campo de Cadreche carece de gradas e os banquillos adquiriunos de segunda man un equipo recentemente.
• Vestiarios insuficientes, chan deslizante, un calentador con pouca capacidade.
• O acceso ó campo é unha lameira, que se non se ten coidado terminará por danar o céspede artificial.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Que de maneira urxente se proceda a reparación dos danos que ten o céspede e os drenaxes do campo da Alta.
2º.- Que se dote das melloras necesarias, en canto a material deportivo e das instalacións, o campo de Cadreche.
3º.- Que se faga un mantemento continuo e adecuado para evitar o deterioro das instalacións deportivas do Concello.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

¿CON QUÉN CUMPRIMOS?


O 31 de xullo de 2008 este goberno municipal levou á Pleno o proxecto de reforma e acondicionamento da edificación da antiga sede social da asociación de veciños do Camiño Ancho para local de ensaio.

En dito Pleno o voceiro do PP, según consta en acta, dixo que a asociación de veciños do Camiño Ancho reubicarase na antiga escola e que será obxecto dunha remodelación.

O Presidente da Corporación tamén agradeceu as facilidades dadas pola asociación de veciños para poder levar adiante dito proxecto, destas palabras e boas intencións pasaron máis de tres anos.

Pese o tempo transcorrido a asociación de veciños aínda non ten a chave do local porque o concello non cumpriu co compromiso de acondicionamento.

En maio cando se cedeu o local para os actos electorais presentaba un estado de abandono e sucidade propios de practicar vandalismo e botellón dentro do inmoble tal e como demostran estas fotografías. A día de hoxe non nos consta que se ordenara e procedera a facer unha limpeza máis que necesaria, e que xamais debería presentar semellante aspecto un local público.

Por outra banda, antes de acceder ao local temos unha pista deportiva o aire libre que ten dúas porterías sen anclaxes, unha canastra sen aro e as redes laterais de protección a punto de derrubarse. Ante tan lamentable abandono nos preocupan os rapaces que van a xogar alí porque vemos con frecuencia nas noticias accidentes por caídas de porterías enriba de nenos con resultados de mortes.

Esta pista deportiva o aire libre debería poder ser utilizada para o deporte recreativo e útil para o máximo número de especialidades compatibles para alcanzar unha rentabilidade maioritaria.

O abandono é visible e debería ser prioritaria a seguridade das persoas que frecuentan o lugar e que se recuperaran espazos en desuso e infrautilizados para a práctica deportiva.