viernes, 10 de abril de 2009

Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos....

Hai xa días que o vimos. Teresa García non tardou en reaccionar e coa cámara na man, tomou estas imaxes e tamén o video que vedes a continuación e que onte colgamos en Youtube.
Chámase Morto, o río, coma se tratase dun presaxio, dunha maldición.... e por riba alguén debe querelo mal, meu probe, e bótalle escabeches e sustancias de cores contaminantes e velenosas, como si do sangue dun horrendo crime se tratara, pensando, sen pensar tal vez, cunha ignorancia ou unha maldade sen límites, que así o río está máis fermoso e a súa fábrica máis limpa. Quizá esa mente enferma, malévola ou ruín, non se entera que o que está a facer é un dano enorme e irreparable ao ecosistema. ¡¡¡Que mágoa tan grande sentimos algúns, que tristura de que non haxa unha autoridade neste pobo para lle poñer freo a este crime!!!
Foi Teresa García, coas fotos e co video á Policía local a poñer unha denuncia. Este asasinato do río foi denunciado onde hai que facelo: ante as autoridades competentes e ante os medios públicos e , dese xeito, onte o viades na prensa.
Ao responsable debería quedarlle a cara da cor do escabeche, aínda que o que debe de ocorrer é que o/os responsables/s deben ter a cara de formigón e por iso non lles queda desa cor vermella. E ó Magnífico Isaac tamén a ten así. Isaac, unhas preguntiñas só.... ¿non sentes dor de ver estas imaxes no teu pobo, non sentes un noxo profundo que che incha a vea do pescozo, non sentes que alguén lle está a facer unha guerra de sangue á nosa natureza, non sentes rabia, non che sae un sarpullido pola pel, non se che eriza coma nós? Máis simple, máis fácil...¿non che da pena ver agonizar ó río?
¿Qué fai o noso Alcalde ante tamaño crime?
Pasear e rir, que o pobo está moi decente e moi bonito, empedrado de boa pedra das mellores canteiras do pais e cheo de tulipáns de variadas e infinitas cores ó estilo dunha fermosa cidade flamenca , e agora cos novos xardíns que imos ter,..... eses tan necesarios....aínda poderá pasear e encher o peito máis que no noso pobo non hai nin malos cheiros nin paisaxes lixentas.


A noticia da Voz dicía o seguinte:

"Los vertidos amenazan al río Morto de A Pobra. Desde hace unos días, los vecinos no dejan de observar cómo el cauce se va tiñendo de blanco, rojo o incluso negro y el olor de la zona se vuelve nauseabundo. Ayer, a media tarde, el color encarnado de las aguas llamaba la atención de los viandantes. La concejala socialista Teresa García, que lleva tiempo alertando del mal que padece el río, denunció ayer lo sucedido en las oficinas policiales. «O outro día era escabeche, e hoxe está tinxido de negro», enfatizó la edila"

¡Ogallá que non lle teñamos que recitar o poema de Rosalía e ogallá tamén que o nome do río non sexa coma un presaxio maldito. Ogallá haxa alguén que lle poña remedio!

miércoles, 8 de abril de 2009

Un Concello endebedado = un Alcalde ¡IRRESPONSABLE!

Onte fixemos outra rolda de prensa que podedes ver no enlace de TV Salnés xa que fomos noticia de portada e no que, a nosa portavoz Teresa García Gillán, enumerou todo o relativo ós "números" do Sr. Emperador da Vila, Isaacc O Magnífico. A continuación, o resumo do que foi a rolda de prensa. O dos "números" refírese aos números do Concello, non confundir cos "numeritos" do PP.

O ano pasado o informe do Consello de Contas nos informaba do estado case de ruína do noso Concello, agora o Ministerio de Economía e Facenda nos di que do ano 2008, debémoslle os bancos 3.305.000 euros.

Fai uns días foi publicado polo Ministerio de Economía e Facenda a relación da débeda viva dos concellos españois. Ao consultala vemos que unha vez máis a Pobra do Caramiñal salienta entre un mar de concellos endebedados. A gran xestión do PP pobrense, Cun Magnífico Maceiras ó fronte lévanos de cabeza ó fracaso económico.

Estiveron recorrendo irresponsablemente a créditos, para pagar outros créditos. Pero claro volverán a botarlle a culpa a Rego. Aumentaron a débeda de tal forma que calquera goberno que lles suceda vai ver moi comprometida a súa actuación.

A relación do Ministerio de Economía infórmanos que a débeda viva, o que lle debe o Concello aos bancos, é de 3.305.000 € (550.800.000 ptas). Esta cantidade convértenos no ¡¡¡¡segundo concello máis endebedado do Barbanza e o 35 de toda Galicia dun total de 316 concellos!!!. Entre os concellos de entre 5000 e 10000 habitantes somos os segundos máis endebedados. Gracias a esa xestión tan exquisita temos o dubidoso honor de ocupar postos de saída en tódolos informes oficiais.

Esta débeda cando a calculamos por habitante dános como resultado que cada pobrense débelle 332,7 € aos bancos. Este nivel de endebedamento nos pon por diante de cidades como A Coruña 316, Vigo, Pontevedra 299, Ferrol 305, Ribeira 237, etc.

A incapacidade que están demostrando na área económica raia o indecente, en vez de facer caso aos interventores, ao Consello de Contas, aos expertos, eles continúan ca súa deriva ascendente nos gastos, rozando unhas recadacións por impostos da construcción que ninguén os cre, incluíndo nos orzamentos partidas de diñeiro que nin saben si llas van conceder.

Os orzamentos son todo fume, pero a realidade dánola os entes fiscalizadores que cada día que publican un novo informe económico déixanos claro que nos estamos afundindo, que nos están arruinando e que cada día que pasa Maceiras endebédanos máis.

Non queremos alarmar, senón que estamos poñendo de manifesto o descontrol no que estamos mergullados os veciños da Pobra. Estes datos están dispoñibles na páxina oficial do Ministerio de Economía e Facenda, co título “deuda viva de las entidades locales”

Non nos esquecemos dos informes que fai a intervención do Concello, os cales son demoledores ano tras ano, se nos ven recordando que arrastramos un remanente de tesourería para gastos xerais de -1.814.087,17 euros. É dicir, arrastramos un capital constante acumulado de números vermellos e non hai vontade por corrixir a situación. A propia intervención do Concello lle di que a situación precisa ser depurada e que non foi adoptada ningunha medida en todos estes anos de goberno. Quere esto dicir que a prudencia, a cautela ca que se deben manexar os cartos de todos, non existe nos responsables deste goberno. Non somos os socialistas os que calumniamos ou mentimos, son as Administracións Públicas as que lle recriminan a súa xestión.

Lembrar que os gastos de persoal ascenden a 3.114.774,36 euros, que representa o 44,49% dos gastos totais do concello da Pobra do Caramiñal. Incrementan a plantilla do persoal do concello en base a criterios CLIENTELARES, E DE AMIGUISMO, cando o número de habitantes baixa. Unha vez máis, os organismos oficiais falan dunha poboación de 9.934 habitantes. Son datos alarmantes que nos van facer baixar a categoría do concello e vamos a percibir menos cartos do estado. Pedimos ó “Magnífico”, que se adopten criterios de eficacia, eficiencia, de administración racional dos ingresos e dos gastos, de distribución dos mesmos.

O criterio non pode ser a estética dunha fonte ou dun xardín, cando aos veciños de Sende xa non lle levan o pan a casa, ou os da Pedreira tapan eles mesmos as covas da estrada para poder gardar os coches nos garaxes. Estes son uns exemplos de actuacións de primeira necesidade. O equilibrio, en función das necesidades debe ser o que debe primar para calquera goberno que se precie en ser o de todos. Que por certo, a día de hoxe, temos claro que este non o é.



martes, 7 de abril de 2009

Un novo impulso e máis fortaleza


UNHA EXCELENTE NOTICIA E UN EXCELENTE NOMEAMENTO.

Dende a Agrupación do PSdeG da Pobra do Caramiñal felicitamos e animamos ó Vicesecretario Xeral do PSOE, galego de pura crin, para que esta nova andaina estea xalonada de éxitos. Por España e por Galicia.

Como tamén é excelente noticia o nomeamento dunha muller admirable, que caladiña, caladiña, vai facendo grandes tareas por onde pasa. Unha ENORME XESTORA, iso é a ourensá Elena Salgado: eficiente, tenaz e brillante. Podedes comprobar o seu dilatado currículo nas crónicaa de hoxe e onte na prensa, accedendo a treavés dos enlaces deste blog. A súa xestión ó frente de dous ministerios que deron excelentes resultados, unha Lei Antitabaco controvertida, pero finalmente aceptada e o Plan Estatal para o fomento de emprego dotado con oito mil millóns de euros.

Noraboa por suposto á compañeira Trini, que xa se tiña merecido un cargo tan relevante. O seu labor non vai ser fácil, pero ter ó fronte de Asuntos Sociais a alguén do seu perfil otorga moita tranquilidade.

Un cambio nun momento complicado, para dar “un novo impulso e máis fortaleza ó país. Un Gabinete pensado para vencer a crise económica e favorecer a recuperación”.

Os novos nomeamentos e os perfís de cada un deles e delas podédelo seguir a través dos enlaces http://www.psoe.es/ambito/saladeprensa/news/index.do?id=278267&action=View e http://www.elpais.com/

¡¡NORABOA A TODOS E TODAS!!


lunes, 6 de abril de 2009

O Emperador e as súas loucuras


La Voz de Galicia 2 de abril Na nota de prensa dese día (a podédes ler pinchando no enlace), o Alcalde insiste en que non pudo “paralizar unhas obras que non ordenó executar”..... ¿¿¿ ???? ....¿¿Que demo quer dicir esto??.
Sinceramente non entendemos nada. Resulta que segundo o magnífico alcalde da Pobra, unha empresa decide comezar unhas obras no seu concello e ¡¡NON PASA NADA!!. O SEÑOR MACEIRAS NON A DENUNCIA NIN FAI ABSOLUTAMENTE NADA, ¡NON SE ENTERA DE QUE SE ESTÁN ACOMETENDO!

Resulta moi estraño que despois de que nós sairamos nos medios denunciando a execución irregular desas obras, as mesmas fosen paralizadas.

Botar a culpa ó constructor dicindo que foi cousa del é unha tolería e non hai por onde coller semellante argumento. Imos crer agora que un contratista decide comezar a traballar nunha rúa e ¿¿non llo comunica ó Alcalde??. Menuda barbaridade. ¡¡¡Ay, ay, ay !!!....o que ocorre é que o Sr Isaac, xa o sabemos di SiSi a todo o mundo ¿ou non nos soa isto??.E claro, debeu dicirlle ó tal Fermín Simal, “SíSí, comeza cando queiras”

En fin que en adiante o chamaremos Isaac “O Magífico SiSí, Emperador da Vila do Caramiñal”, quen ó parecer non se entera do que acontece no seu concello. Non vos preocupedes que estamos en boas mans (ejem, ejem).

Por certo que seguemos sen saber cantos postos de traballo creáronse no pobo. E o Ministerio de Administracións Públicas tampouco o sabe.

Clocks ¡¡Impresionantes Coldplay !!

domingo, 5 de abril de 2009

Obama e Zapatero: primeiro encontro bilateral.


O PP e os seus altavoces mediáticos levan ¡¡moitos anos!! criticando a política exterior de Zapatero. Agora, despois do Cumio de Londres, e trala xuntanza mantida hoxe en Praga entre o Presidente Obama e o Presidente Zapatero, queda claro que comeza un novo tempo para as relacións entre España e EEUU.

"Estoy contento de poder llamarlo amigo", dixo Barak Obama despois do encontro.

Podedes ver toda a información ó respeto no Pais de hoxe,
A ver que di o PP.......... agora que ¡¡POR FIN!! botaron fora ó buitre Losantos. Benvida a súa marcha.

The Cure - Friday I'm In Love (Live)

Entrevista a Xaquín F.Leiceaga, portavoz no Parlamento de Galicia



Deixámosvos aquí este video do PSdeG TV cunha entrevista ó portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia.