jueves, 16 de agosto de 2012

CADRECHE: UN CAMPO DE FÚTBOL NOVO MOI DETERIORADO

 
En xullo do ano pasado o alcalde e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, inauguraban a bombo e platillo o campo de fútbol de Cadreche. A obra foi financiada na súa totalidade pola Deputación e a Xunta de Galicia cunha inversión de 776.950 euros. Estamos a falar dunha obra que soamente leva un ano en uso e presenta numerosas deficiencias que xa o verán pasado denunciamos e que se fai caso omiso as reivindicacións dos usuarios do campo.
As instalacións adoecen dunha falta total de material e de condicións axeitadas para práctica deportiva.

É preciso dar solucións a unha serie de carencias que deben de corrixirse:


· 
 
·         O acceso ó campo é intransitable no verán, no inverno é unha lameira, que se non se ten coidado terminará por danar o céspede artificial.



 
·         A valla que circunda o campo non conta con proteccións para evitar danos aos xogadores.



·         Falta de porterías móbiles, dotadas de rodas para evitar danar a herba artificial. As actuais son as que había no campo do Xobre, xa deterioradas.
     
   Mellora da rede perimetral, para evitar a saída dos balóns, xa que cada equipo perde diariamente un número importante deles. Neste punto hai que destacar que xa houbo algunhas lesións cando os rapaces van polos desniveis a recoller os balóns. Para elevar a rede perimetral o equipo de goberno pretende aproveitar uns postes da luz, (que xa están amoreados nun lateral do aparcadoiro), apaño insuficiente porque os balóns continuarían saíndo do recinto por non dar a altura necesaria. A rede perimetral debe ter unha altura duns 15 metros aproximadamente.

lunes, 13 de agosto de 2012

DIVIDE E VENCERÁS (Rotonda Escurís)

 


Hai uns anos, durante o goberno do bipartito, fracasou un proxecto de seguridade vial para A Pobra que incluía varias actuacións ó longo da AC-305. Este proxecto foi botado abaixo polo PP que, habilidosamente foron quen de manipular aos veciños e veciñas afectad@s polo mesmo. Este proxecto incluía unha rotonda para redistribuír o tráfico na zona da Devesa, (Escurís), e afectaba naquel intre a unha finca cuxos propietarios presentaron alegacións ó mesmo.

Agora o Sr. Isaac Maceiras aparece vendendo una “marabillosa” actuación que contempla a construción da mesma rotonda e con afección da devandita finca, cando no seu día prometeulle solucionarlle o asunto para no seren expropiados forzosamente. Unha vez máis, demostrase que cando na Xunta a goberna o seu partido Isaac di “Sí señor” e cando gobernamos os demais fai manipulación política e demagóxica para conseguir votos fáciles.

Ao respecto de dita actuación e ante a falta de información por parte do goberno local, o PSdeG a través dos deputados Pablo López Vidal e José Manuel Lage Tuñas presentaron no Parlamento de Galicia unha pregunta escrita sobre “as razóns, os datos e as previsións respecto da construción dunha rotonda glorieta na estrada AC-305 Padrón- Riveira no Concello da Pobra do Caramiñal (publicada no BOPG 734 o 18 de xullo de 2012”.