miércoles, 5 de febrero de 2014

SOLICITUDE PLENO EXTRAORDINARIO ANTE O POSIBLE DESMANTELAMENTO DE 12 CAIIS EN GALICIA

María Teresa García Guillán, en calidade de concelleira do PSdeG-PSOE  e en representación do mesmo,  EXPOÑO:


Según o Informe da comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA) e a resultas das conclusións das Xornadas de Traballo de Informática Provincial da Seguridade Social organizadas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, celebradas en Pozuelo de Alarcón (Madrid) durante os días 26 e 27 de novembro de 2013, previse una redución estimada dun terzo dos Centros de Atención e Información do Instituto Nacional da Seguridade Social (CAIIS) durante a primavera de 2014.

A Comunidade Autónoma de Galicia conta nestes momentos con 36 CAIIS dos cales 6 son urbanos y 30 prestan servizos comarcais, cada un deles a varios concellos. Según as previsións de supresión, en Galicia se suprimirían 12 CAIIS, quedando reducida a prestación dos servizos de estes centros a 24 CAIIS.

Este grupo político ao que represento ten verdadeira preocupación polo posible desmantelamento do CAIIS no noso municipio que atende as persoas e empresas dos municipios de Ribeira, Boiro, Rianxo e Pobra. Xuntamente con este escrito veño de presentar unha moción para o vindeiro Pleno ordinario que se celebrará o 27 de marzo próximo, xa en primavera, cando se estima que se reducirán os CAIIS.

En definitiva, debido á vital importancia do tema a debater, antes de que sexa demasiado tarde, SOLICITO, que convoque un Pleno Extraordinario para que o equipo de goberno conte co respaldo da Corporación en todas as xestións que faga para evitar o posible peche do CAIIS.
É o único servizo de ámbito comarcal que prestamos, que trae xente ao pobo. Recordemos o triste dato: desde o ano 2001, sendo sempre o Alcalde Isaac Maceiras, o Concello da Pobra do Caramiñal ven perdendo poboación, evitemos todos xuntos continuar a liña emprendida.

Polo exposto, solicitamos respostas as seguintes preguntas:

1.     ¿Cales son os criterios que utilizará o Goberno de España para a supresión dos CAIIS?

2.     ¿Van a suprimir o CAIIS da Pobra do Caramiñal?


En caso afirmativo:

3.     ¿Van a paliar desde o Goberno de España a desaparición do CAIIS de maneira que os/as  usuarios/as no se vexan prexudicados/as pola eliminación do servizo?

4.     ¿Teñen en conta para a supresión do CAIIS criterios relacionados co acceso a transporte público da poboación afectada?


5.     ¿Teñen en conta para a supresión do CAIIS criterios relacionados ca situación socio-económica das zonas e a poboación afectada?

6.     ¿Cales son as razóns que xustifican o pretendido peche?

A Pobra do Caramiñal, 31 de xaneiro de 2014.


SUPRIMIRÁN 12 CAIIS EN GALICIA, ¿TOCARALLE A POBRA?

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a evitar o desmantelamento do Centro de Atención e Información da Seguridade Social que presta servizo comarcal.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


Según o Informe da comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA) e a resultas das conclusións das Xornadas de Traballo de Informática Provincial da Seguridade Social organizadas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, celebradas en Pozuelo de Alarcón (Madrid) durante os días 26 e 27 de novembro de 2013, prevese una redución estimada dun terzo dos Centros de Atención e Información do Instituto Nacional da Seguridade Social (CAIIS) durante a primavera de 2014.

A Comunidade Autónoma de Galicia conta nestes momentos con 36 CAIIS dos cales 6 son urbanos y 30 prestan servizos comarcais, cada un deles a varios concellos. Según as previsións de supresión, en Galicia se suprimirían 12 CAIIS, quedando reducida a prestación dos servizos de estes centros a 24 CAIIS.

A Pobra, no Centro de Atención e Información da Seguridade Social, CAISS, atende as persoas e empresas dos municipios de Ribeira, Boiro, Rianxo e Pobra que suman unha poboación de 68.369 habitantes. A súa ubicación neste Concello non foi aleatoria, nin  elixida ó azar, temos unha situación xeográfica privilexiada e envexable. Estamos equidistantes de Ribeira e Boiro e máis próximos para afrontar os veciños de Rianxo os desprazamentos.

De confirmarse esta medida que iría en contra dos intereses da cidadanía e provocaría un gran trastorno a empresarios, traballadores e pensionistas, que terían que desprazarse a Santiago de Compostela, onde hai soamente 1 CAISS. A poboación de Santiago é de 95.671 habitantes, atende ademais a Concellos limítrofes como Ames con 29.331 hab., e Teo con 18.454, polo que baixaría notablemente a eficacia e eficiencia do servizo.

Preocúpanos cómo se vai paliar este prexuízo que provocaría o peche do CAIIS para a cidadanía e solicitamos que se teñan en conta criterios tan relevantes para Galicia como a dispersión xeográfica, a dificultade de acceso aos recursos informáticos, a falta de transporte público de calidade e o envellecemento poboacional e o empobrecemento que sufre a comunidade.

Esta medida supón tamén unha privatización de servizos e máis recortes discriminados e discriminatorios do PP, porque todas as competencias dos CAIIS, que xestionan contratos, convenios, pensións e prestacións, se pechan 1/3 destes centros, se pretenden trasladar ao uso da consulta por teléfono e do ordenador sen ter en conta as dificultades que ten a maioría da poboación galega, moi envellecida, para empregar os sistemas de atención telemática.

O PP está degradando os servizos públicos, toman a crise como escusa para dar cabida ao seu afán privatizador, trátase dun servizo rendible, polo tanto alguén o vai dar. Todos estes servizos, co debilitamento do público, caerán en mans privadas, que se van lucrar co que é un dereito da cidadanía. Descoñecemos os criterios que se están a empregar para estes recortes.

Temos que recordar o Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as Directrices de Ordenación do Territorio deixou fóra da clasificación como cabeceira ou subcabeceira de comarca ao concello da Pobra do Caramiñal.

A normativa aprobada polo goberno galego esqueceu á Pobra do Caramiñal como concello e déixao relegado e nunha posición absolutamente secundaria alonxada da súa relevancia no plano territorial e económico.

A Pobra do Caramiñal  veuse completamente esquecida, pois A Pobra está no grupo de vilas consideradas como núcleo principal dos restantes concellos e parroquias rurais nos  que unicamente se concentrarán as dotacións básicas de tipo administrativo, docente, sanitario, cultural  de carácter local.

Polo tanto, é fundamental que se manteñan estas oficinas no noso Concello, é a única Administración que nos queda, e que se desmantela xamais volveríamos a prestar servizo en base a Normativa vixente. É prioritario un acordo  unánime de todo o Pleno da Corporación, ademais de contar co apoio de todas as forzas sociais e económicas do Barbanza co fin de reforzar a permanencia do CAISS na Pobra.
Non queremos que se nos acuse de alarmar á cidadanía, xa contamos con outro antecedente de desmantelamento dunha Administración estatal no Barbanza, a Delegación da Axencia Tributaria de Ribeira. Esta Delegación quedou unicamente como punto de información e asistencia, tendo que desprazarnos os veciños do Barbanza a Santiago, ou contratar os servizos dunha xestoría, para facer determinados trámites. Como exemplo que sirva as declaracións informativas que este mes de xaneiro a Axencia Tributaria obrigou aos usuarios a facer electrónicamente a través de internet. En Santiago habilitouse persoal para axudar aos contribuíntes a cumplimentar determinados formularios, se non se houbera desmantelado a Delegación de Ribeira, poderían os contribuíntes forrar tempo, cartos e desprazamentos.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:


1º.- Solicitar o apoio de todas as forzas sociais e económicas dos municipios afectados co fin de reforzar a permanencia do CAISS na Pobra do Caramiñal.

2º.- Que os Grupos Municipais desta Corporación expresen o súa confirmación  a permanencia do Centro de Atención e Información da Seguridade Social ubicado na rúa Castelao, 25 deste Concello.

Aprobada esta moción darase traslado da mesma ós grupos políticos presentes no Congreso dos Deputados.

A Pobra do Caramiñal, 31 de xaneiro de 2014.

Moción relativa ao impacto da reforma laboral na muller

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa ao impacto da reforma laboral do Partido Popular na muller.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A reforma laboral posta en marcha polo Goberno do Partido Popular supuxo unha deterioración xeneralizada dos dereitos laborais porque opera sobre o modelo de contratación, abarata e facilita o despedimento, desregula as normas de garantía dos dereitos dos traballadores e traballadoras e reduce os custos laborais, a través da redución xeneralizada dos salarios. Créase así unha clase de traballadores pobres, onde as mulleres se levan, novamente, a peor parte.

A reforma laboral afectou gravemente ás clases traballadoras, golpeando con especial dureza os que se encontran en peor situación no mundo laboral, como é o caso das mulleres.

Hoxe podemos dicir, lamentablemente, que a reforma laboral acrecentou a discriminación por xénero no noso país. Os países que máis avanzaron nos últimos 50 anos son os que adoptaron políticas de igualdade, de formación e de saúde. O aumento da xornada, a redución do salario, a taxa de reposición cero, a precarización dos contratos para a formación, o denominado contrato para emprendedores e a precarización e desregulación do contrato a tempo parcial, xunto aos recortes en educación, en sanidade e en Dependencia afectan, grave e directamente, ao emprego das mulleres e ás súas condicións laborais.

A reforma laboral non só non afrontou os problemas de inestabilidade e temporalidade do mercado de traballo no noso país, senón que, pola contra, os ten vido a acentuar. A reforma laboral non só non evita o encadeamento de contratos con distintos traballadores e traballadoras para un mesmo posto de traballo, senón que supuxo a creación dun contrato indefinido con altas cotas de temporalidade, a eliminación, por desnaturalización, dos contratos de formación e aprendizaxe e a desregulación do contrato a tempo parcial.
O contrato para a formación quedou convertido nun contrato barato para o empresario,al supoñerlle un custo case simbólico, moi precario para o traballador e que vai afectar, en maior medida, ás mulleres, xa que o incentivo máis alto se dirixirá ás mulleres para condenalas a este tipo de contratación. Non só se aumenta a precarización do emprego das mulleres, senón que se intenta perpetuar esta precarización, podendo chegar a converterse nun caso de discriminación indirecta, xa que os datos veñen a confirmar que a reforma laboral supuxo a feminización deste contrato.

O denominado contrato de apoio a emprendedores é en realidade un contrato temporal encuberto de 364 días sen dereitos fronte ao despedimento; as bonificacións priman a contratación de traballadores que están a cobrar prestacións, especialmente se se trata de mulleres. Establécese así unha dobre discriminación aos que non perciben prestación, ás mozas que non tiveron aínda posibilidade de encontrar emprego, ou ás mulleres que esgotaron a prestación ou que traballaron de xeito intermitente sen chegar a poder cobrar a prestación por desemprego. Trátase dunha contratación feita case para as mulleres, que pode converterse nunha vía de contratación que máis que xerar emprego estable xere bonificacións indefinidas para o empresario por contratar, de forma temporal, as súas vítimas laborais, sen dereitos en relación coa extinción da relación laboral. Estamos a falar non xa de discriminación da muller no mercado de traballo, senón de discriminación superlativa recollida na propia regulación legal e contraria, ao artigo 14 da nosa Constitución.

A reforma laboral precariza tamén o contrato a tempo parcial, maioritariamente asinado con mulleres, sen cotización ao desemprego das horas extraordinarias, deixando, ademais, en mans do empresario un 5% da xornada para a súa distribución  irregular.

Ademais, a modificación substancial que se levou a cabo das condicións laborais e a mobilidade xeográfica se ben afecta a todos os traballadores, de xeito moi especial, faino respecto ás mulleres, e estase a utilizar como instrumento para expulsar de forma indirecta a traballadoras embarazadas ou durante a crianza.

Este Goberno e a súa reforma laboral deixaron sen contido nin función a negociación colectiva. Con iso, ademais de debilitarse a correlación de forzas na relación laboral, en prexuízo dos traballadores, de xeito moi especial para as mulleres, como traballadoras moi vulnerables, dinamitouse a Lei de igualdade no ámbito laboral. Unha realidade que, xunto ás políticas de recorte de gasto público e á diminución dos servizos públicos destinados ao coidado das persoas e ao fomento da corresponsabilidade, redundan nunha importante paralización e retroceso en materia de conciliación e por ende na situación das mulleres.

A incorporación das mulleres ao mundo laboral retribuído realizouse no noso país sen resolver o conflito que supón traballar fóra de casa e atender as responsabilidades familiares, sendo as mulleres que asumiron maioritariamente a dobre tarefa dende o principio. Durante os gobernos socialistas, e, particularmente, durante o Goberno do Presidente Rodríguez Zapatero producíronse importantes avances en corresponsabilidade e afondouse na imprescindible necesidade de contar con infraestruturas sociais que fixesen posible tal conciliación, evitando, sobre todo, a súa conversión, non só nun problema, sino, ademais, nun problema exclusivo das mulleres. Quedaba un bo camiño por percorrer para lograr o obxectivo de eliminar o problema da conciliación da lista de discriminacións que viñan sufrindo as mulleres no ámbito laboral, pero empezábanse a adoptar medidas moi importantes que apuntaban cara a ese obxectivo.

Hoxe, non obstante, nun prazo moi pequeno de tempo, encontrámonos cos resultados, unha vez máis demoledores para o social, dunha política máis do Partido Popular, neste caso, os derivados da aplicación da súa reforma laboral: empregos con baixos salarios, entre os que afecta, especialmente, o das mulleres.

Hoxe no noso país, un 16% das mulleres traballadoras cobra menos do salario mínimo interprofesional, fronte a un 6% dos homes. Un 39% das mulleres gaña entre unha e dous veces o salario mínimo interprofesional, fronte ao 29% no caso dos homes. As mulleres traballadoras supoñen o 70% dos que gañan menos do salario mínimo interprofesional e o 54% dos que gañan dunha a dous veces o salario mínimo interprofesional; iso si, só o 29% dos que gañan de sete a oito veces o salario mínimo interprofesional e só o 26% dos que gañan oito veces ou máis o salario mínimo interprofesional.

Galicia non é allea a esta clara e grave situación de desigualdade e, de feito, os últimos datos publicado polo INE relativos ás diferenzas salariais entre homes e mulleres son aínda máis preocupantes polo mero feito de que a nosa Comunidade Autónoma está a cola, xunto con Canarias e Extremadura, no que a salarios se refire dentro do conxunto do Estado. Polo tanto, a situación na que se atopan moitas mulleres é intolerable, ademais de profundamente inxusta, discriminatoria e aínda máis precarizada que no resto de España. E iso, sen falar do desemprego, que en Galicia segue a subir (un 0,15% en outubro e un 0,98% en novembro) fronte ao que acontece no conxunto do Estado no cómputo interanual, e cunha incidencia tamén maior no caso das mulleres (139.477 mulleres demandantes de emprego  fronte a 128.748homes).

O Goberno do Partido Popular e a súa reforma agravaron os factores laborais que determinan a priori o groso da desigualdade salarial indirecta a través da xornada, a ocupación laboral, o tipo de contrato, o sector ou a antigüidade. O recorte no gasto público sen plans de igualdade, sen negociación colectiva, cunha correlación de forzas completamente debilitada supón un grave retroceso na loita contra a discriminación de xénero no ámbito laboral.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º. Instar ao Goberno central a derrogar a Lei 3/2012, de 6 de xullo, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral.

2º. Esixir aos Gobernos central e da Xunta de Galicia que recuperen as políticas activas de emprego específicas para mulleres, tendo en conta os grupos de idade e situacións desfavorecidas, como o fomento da contratación en colectivos de mulleres formadas pero sen experiencia laboral, o desenvolvemento de prácticas non laborais asociadas á formación de empresas innovadoras ou a reciclaxe de mulleres con experiencia laboral pero que carecen da formación que hoxe se demanda, entre outras.

3º. Instar ao Goberno central e da Xunta a fomentar a elaboración de programas de formación en orientación e técnicas de busca de emprego.

4º. Esixir a todas as administracións, a través da negociación colectiva e mediante un Plan de Igualdade que corrixa as desigualdades existentes entre mulleres e homes, o estrito cumprimento da Lei de Igualdade no eido público correspondente.


A Pobra do Caramiñal, 08 de xaneiro de 2014.