Xoves, 07 de xullo as 8 da tarde, así pasaba a esta hora o río Morto polo millonario paseo fluvial. Segue sen ser unha prioridade para este goberno municipal do PP a erradicación dos vertidos industriais, son unha lacra neste concello, onde os responsables municipais miran para outro lado esquecéndose dos danos irreparables que causan o medio ambiente e o sector produtivo dependente do mar.
Unha mágoa que todos teñamos que estar sometidos ante semellante desfeita, soamente podemos denunciar,os que teñen capacidade para poñerlle remedio fan caso omiso.