lunes, 18 de enero de 2016

PREGUNTA SOBRE A TRAMITACIÓN DA AUDITORIA DE CONTAS


Desde que se formou o novo goberno de A Pobra xa han transcorrido varios meses. O longo de estes presentamos en todos os plenos mocións relativas a múltiples temas as cales foron todas aprobadas. Como todo o mundo pode supoñer isto supuxo unha gran satisfacción para todos nos. Pero ahi quedou a cousa.
A día de hoxe so temos noticias de que dúas das nosas iniciativas están sendo levadas adiante a elaboración dunha ordenanza sobre a circulación e o trafico nas rúas peonís e o establecemento de unha liña de axudas o transporte para estudantes pobrenses.
Do resto das iniciativas, mocións, aprobadas non temos ningún tipo de noticias. Ninguén sabe se se están tramitando, se están en fase de estudo ou qué e o que pasa con elas. Temémonos que estean gardadas no fondo dun caixon xunto cas mocións presentadas polo resto dos partidos.
Hai que recordar que entre as mocións aprobadas están a petición do arranxo do camiño que comunica o Polígono da Tomada ca Mirandela; a petición dunha auditoría das contas do Concello; a que solicitaba a creación dun portal da transparencia; a que solicita a modernización da banda ancha no rural; outra na que se solicitaba que se instase tanto a Xunta como o Goberno Central a vacina da meninxite B no calendario de vacinas, etc.
Repetimos que de todas estas iniciativas non temos ningunha noticia. Temémonos que este Goberno estea dando largas a estes asuntos por ver si nos esquecemos deles. E mais dalgúns destes temas, como é o caso da auditoría, fixeron o posible por facelos desaparecer. Así agora non aparecen no facebook do Goberno de A Pobra. 
Lembremos o alboroto que levantou a presentación desta moción que sirveu para que o actual Goberno saíra nos medios para informar da débeda municipal. Desde entón e ata de agora ningunha noticia mais da situación económica na que se encontra o Concello.
Por todo isto imos presentar una serie de peticións para que se aclare a situación da tramitación dos acordos plenarios alcanzados, porque como tales acordos plenarios teñen que ser cumpridos, sempre e cando sexan legais.