sábado, 26 de septiembre de 2009

O PP DI NON AOS VECIÑOS DA DEVESA


O que parecía ia ser un pleno de mero trámite o pasado xoves, sen embargo para nós foi todo un acontecemento porque, ao fin puiderónse tratar todas as mocións que levabamos. E ademais foron causa de debate, aínda que o PP sempre fai o mesmo, é dicir non as debate: primeiro as vota en contra e logo, logo....¡EXOLICA O MOTIVO DO SEU NON!. Pois agora que saiban os veciños da Devesa que presentaron ao Concello as súas peticións, que o equipo de governo votou en contra. Xa en entradas anteriores vos informabamos das mocións que fomos presentando e que se debatiron no Pleno, e faltábanos ista que vos reproducimos a continuación:

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a dotar de servidume as fincas da Devesa.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Os socialistas da Pobra apoiamos as demandas dos propietarios das fincas da Devesa, situadas aos marxees do río Morto e que carecen de acceso as súas propiedades, polo menos dende hai dez anos.

O lugar semella unha selva, é dun abandono total, o río xa non circula polo seu cauce a pesares de que hai uns meses a empresa Tracsa procedeu a súa limpeza. Tratábase de fincas de labor e de prados. A día de hoxe os propietarios son incapaces de recoñecer cal é a súa propiedade.

Semellante abandono ven propiciado pola falta de servidume. O deterioro do lugar é indescritible.

Os sedimentos do río e a contaminación ambiental que trae consigo, fai imposible acceder ó lugar nunhas condicións mínimas de seguridade para as persoas. Incluso hai lodos que si se pisan se pode afundir unha persoa, semellando areas movedizas.

O pasado mes de xuño o equipo de goberno, volveu a presentar un proxecto para a construcción dun paseo fluvial entre a Figueira e a Devesa. Esa actuación terá unha inversión de 1,2 millóns de euros e contempla a instalación dunha plataforma de 450 metros de largo, dos que 200 discorrerán xunto o afluente. Diferenciarase de maneira clara distintos materiais a empregar, e haberá partes destinadas ó tráfico rodado e outra para peóns. En ningún momento fala dos propietarios nin do acceso as fincas do entorno.

Por todo elo, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO:

1.- Que polo Sr. Alcalde se proceda a rectificación do proxecto de construcción dun paseo fluvial entre a Devesa e a Figueira, contemplando a servidume as fincas da Devesa ou Travesas.

2.- Que se soliciten as autorizacións pertinentes para sanear e limpar o cauce do Río Morto dende a Pontenaveira ata as Travesas.

3.- Que se amplíe o leito do río para exercer de servidume as mencionadas fincas, tal e como tiña no pasado.

Pobra do Caramiñal, a 11 de setembro de 2009.

miércoles, 23 de septiembre de 2009