jueves, 14 de enero de 2010

OÍDO COCIÑA: ¡UNHA DE PINCHOS PARA Ó RÍO MORTO E OS VECIÑOS!

Oído cociña: O Sr. Isaac tomou nota das reclamacións efectuadas polas reiteradas queixas do PSdeG-PSOE referidas ó lamentable estado do río Morto e da Pontenaveira e Devesa (denunciadas neste blog e que pódense ver) e que, a través de continuas mocións e reunións coa vecindade e mesmo roldas e notas nos medios, fomos facéndoo público ó longo de 2009. Así, o pasado martes 12 achegouse ata A Pobra o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández con dous propósitos. O primeiro darlle unha oportunidade mais a Maceiras de mergullarse nun baño deses dos que tanto lle gustan, ou sexa, un baño das súas masas, con toda esa pompa e boato trasnoitado e cursi, con que sempre adorna as súas aparicións públicas ao lado dos gobernantes (sabemos que a cor política para el non foi nunca un impedimento); sabe el moi ben que a esquerda - afortunadamente en algo sí nos distinguimos deles - non actúa discriminadamente e trata a todos os concellos por igual, porque todos son cidadáns de iguais dereitos e iso soubo aproveitalo moi ben o Sr. Isaac na etapa de Touriño. Tan ben o facía que os veciños asistíamos atónitos as "verbenas" que organizaba ou intentaba organizar cando un "director/a" ou conselleiro/a socio-nacionalista, aceptaba a inaugurar unha actuación. Claro que, co tempo, fóronlle collendo o "aquel" e viñan ás agachadas procurando, iso si, non ter que facer a dixestión de tanto fasto na Pobra, co cal íanse pitando e cás comilonas xa non tragaban. O martes pasado, da man dos seus, Isaac volveu a tomarlle o pulso aos baños populares e populistas ao mais puro estilo peronista.

O segundo propósito de Agustín Hernández era dar a coñecer o proxecto de paseo fluvial para esa parte do pobo abandonada dende que o Sr. Isaac apareceu na escena disposto a poñer pedras e flores por todo o casco urbano. Á visita asistiu Teresa García, a nosa portavoz e secretaria xeral que estivo aguda e ollo avizor para facer as oportunas reclamacións que non figuraban no proxecto e comprometer que sexan contempladas as servidumes das fincas da Pontenaveira e da Devesa. Un compromiso dos socialistas e da propia portavoz con eses veciños, aos que en setembro acompañou a presentar as demandas ao Alcalde.
O noso propósito é que no pleno seguinte o PP SÍ VOTE FAVORABLEMENTE a MOCIÓN presentada por Teresa García onde solicita que se atendan esas demandas dunha vez por todas. A moción a tendes colgada neste blog na entrada anterior.
Pero xa sabemos que van dicir o de sempre: Sra. Teresa, iso xa está feito.... e os pichos comidos.