miércoles, 14 de septiembre de 2011

¿CON QUÉN CUMPRIMOS?


O 31 de xullo de 2008 este goberno municipal levou á Pleno o proxecto de reforma e acondicionamento da edificación da antiga sede social da asociación de veciños do Camiño Ancho para local de ensaio.

En dito Pleno o voceiro do PP, según consta en acta, dixo que a asociación de veciños do Camiño Ancho reubicarase na antiga escola e que será obxecto dunha remodelación.

O Presidente da Corporación tamén agradeceu as facilidades dadas pola asociación de veciños para poder levar adiante dito proxecto, destas palabras e boas intencións pasaron máis de tres anos.

Pese o tempo transcorrido a asociación de veciños aínda non ten a chave do local porque o concello non cumpriu co compromiso de acondicionamento.

En maio cando se cedeu o local para os actos electorais presentaba un estado de abandono e sucidade propios de practicar vandalismo e botellón dentro do inmoble tal e como demostran estas fotografías. A día de hoxe non nos consta que se ordenara e procedera a facer unha limpeza máis que necesaria, e que xamais debería presentar semellante aspecto un local público.

Por outra banda, antes de acceder ao local temos unha pista deportiva o aire libre que ten dúas porterías sen anclaxes, unha canastra sen aro e as redes laterais de protección a punto de derrubarse. Ante tan lamentable abandono nos preocupan os rapaces que van a xogar alí porque vemos con frecuencia nas noticias accidentes por caídas de porterías enriba de nenos con resultados de mortes.

Esta pista deportiva o aire libre debería poder ser utilizada para o deporte recreativo e útil para o máximo número de especialidades compatibles para alcanzar unha rentabilidade maioritaria.

O abandono é visible e debería ser prioritaria a seguridade das persoas que frecuentan o lugar e que se recuperaran espazos en desuso e infrautilizados para a práctica deportiva.