Mostrando entradas con la etiqueta PSdeG TV. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PSdeG TV. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de septiembre de 2010

INICIATIVA NO PARLAMENTO SOBRE O CENTRO DE SAÚDE NOVO


O deputado do PSdeG, Xosé Manuel Lage, presentou no Parlamento varias preguntas en relación ó futuro centro de saúde da Pobra.

Os socialistas da Pobra queremos coñecer cando está previsto iniciar esta actuación e en canto está presupostado o seu orzamento.Por elo pedímoslle a Lage que presentara unha iniciativa.

Unha das cuestións que máis preocúpanos aos socialistas é se o emprazamento escollido, a carón do cemiterio do Caramiñal, cumpre todos os requisitos legais establecidos.

Lage Tuñas entende que esta localización suscita dúbidas razoables, dado a existencia dun Decreto do ano 1998 da propia Consellería de Sanidade no que se esixe unha zona de protección de cincuenta metros nas construcións situadas a carón dun camposanto.

Os socialistas afirmamos que os accesos ó novo centro son deficientes e que na parcela non se contemplan a dotación de aparcadoiros.

Con todo, os socialistas consideramos que unha decisión como a de buscar unha localización para o novo centro de saúde era preciso consensuala, alomenos, cas formacións políticas da corporación local. En troques diso, sinalou Teresa García, o alcalde recorre á descalificación persoal como recurso para poñer en dúbida a xestión que está a realizar como integrante da oposición.

domingo, 15 de agosto de 2010

CAMIÑANTE NON HAI CAMIÑO, HAI SILVAS E ABANDONO.

A portavoz do grupo municipal socialista da Pobra, Teresa García, denunciou as condicións absolutamente LAMENTABLES nas que se atopa o paseo marítimo de Cabío, concretamente no tramo que abarca dende o Cámping ata a súa finalización no merendeiro, e pode observarse como pola maioría do tramo mencionado as silveiras e a maleza xa empezan a subirse pola plataforma de madeira, tanto por debaixo como polos lados.

Non para o Sr. Isaac de anunciarnos paseos marítimos por todo o territorio do municipio, incluso chegou a dicir que íamos a poder pasear desde a Ribeiriña a Palmeira por esas pasarelas de madeira. Pasarelas que outras Administracións subvencionan pero que o mantemento e a conservación correspóndelle ó concello. Por elo é necesario priorizar as necesidades dun pobo, ¡¡non construír para logo abandonar!!

O Concello non para de facer requirimentos aos particulares para que manteñan limpas as súas fincas de acordo ca lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais, pero esquecese de limpar a maleza dos espazos públicos como é o paseo marítimo preto do cámping de Cabío.

Algúns turistas mostraron a preocupación que teñen si se chega a producir un incendio nas inmediacións do cámping. Si chegara a ocorrir algún sinistro a responsabilidade caería sobre o concello, pois o Sr. Isaac non pode mandar resolucións ós veciños instando a manter limpas de maleza as propiedades particulares e a Admistración local obvia cumprir cas leis.

Neste mes de agosto hai unha gran afluencia de turistas no noso municipio e a imaxe que lle estamos a dar non é a que o Sr. Isaac nos di: “somos as praias de compostela”. A enorme praia da Corna está abandonada, as pasarelas cheas de maleza, non se limparon as herbas desde que a demarcación de costas fixo a obra, non hai papeleiras, os recipientes que se usan para o lixo tardan en desocuparse. Pola contra a Corna de Palmeira posúe bandeira azul. A nosa Corna, ten máis lonxitude e máis valor paisaxístico pero a este goberno municipal non lle interesa poñer en valor este areal.

En definitiva, a coherencia debe ser a única forma de gobernar, e non hai relación entre as manifestacións que fai o noso mandatario dicindo ata a saciedade que “é imprescindible o fomento do turismo para o desenrolo do noso pobo” e logo teña en semellante estado de abandono un dos principais reclamos turísticos.

O turismo Sr. Maceiras non empeza nin remata nos Xardíns Valle-Inclán, e algo tan sinxelo coma o mantemento non pode ser esquecido. Logo pasa o que pasa cando non se mantén a natureza limpa de maleza. Desgraciadamente estámolo a ver estes días nos montes galegos novamente.

Aproveitamos este espazo para dedicarlle un recordo e expresar as nosas condolencias polo falecemento dos dous brigadistas en Fornelos de Montes cando estaban realizando a tarefa de sofocar un incendio ¡¡NUNCA MÁIS LUME NOS NOSOS MONTES!!

jueves, 18 de junio de 2009

Pablo García visita hoxe a nosa agrupación.



Hoxe a agrupación socialista pobrense celebra unha asamblea ordinaria na que nos acompañará o Sº de Organización da CENG, Pablo García. Estaremos na sede ás 20:30 horas

viernes, 27 de marzo de 2009

Entrevista aManuel Pachi Vázquez

Aínda que o podédes ver na páxina web do partido, déixovos colgado aquí o video cunha entrevista ó candidato á Sª Xeral do partido, Manuel Pachi Vázquez.

sábado, 21 de marzo de 2009

ENTREVISTA A MANUEL (PACHI) VÁZQUEZ


Entrevista a Pachi Vázquez hoxe na Voz de Galicia

Ola de novo, adxúntamos este enlace para que poidades ler no blog a entrevista que hoxe publica La Voz de Galicia ao Conselleiro de Medioambiente en funcións, quen se postula como candidato á Sª Xeral do PSdeG-PSOE, para o vindeiro Congreso Extraordinario do 25 de abril.

Entrevista a Mar Barcón 18/03/2009