jueves, 11 de junio de 2009

A NOSA GRATITUDE A TÓDALAS PERSOAS ANÓNIMAS QUE DEPOSITARON A SÚA CONFIANZA NOS SOCIALISTAS


O PP da Pobra non consigue resultados espectaculares, mentres os socialistas pobrenses teñen a menor baixa, en puntos porcentuais, da comarca do Barbanza
A pesar da marea alcista do voto do PP en todo o estado, e especialmente en Galicia, o PP da Pobra non consigue os mesmos resultados que os concellos limítrofes.
O PP da Pobra soamente consigue unha subida de 1,7 de puntos porcentuais respecto ás eleccións do ano 2004.
Os Socialistas da Pobra, dentro da comarca do Barbanza, fomos os que mellor aguantamos a baixada progresista en nº de votos. No Concello da Pobra o PSdeG-PSOE resistiu esa baixa con 0,37 puntos porcentuais menos.

A participación no 2009, na Pobra, foi do 48,57%, mentres no 2004 foi do 53,24%, baixando a participación en 4,67.
Utilizamos os puntos porcentuais porque a participación foi menor o pasado 7 de xuño que no ano 2004. Si os socialistas perdemos 158 votos con respecto o ano 2004, o PP tamén perdeu 116 votos con respecto o mesmo ano 2004. Por tanto, os populares da Pobra tampouco teñen motivos de euforia respecto ós concellos limítrofes.

Das 13 mesas electorais, o PSOE ganou en 4: Na Ribeiriña, nas 2 da Angustia e na de Vilariño (Xobre).

Por todo esto, a Agrupación Socialista da Pobra quere mostrar a tódalas persoas que confiaron en nós a nosa gratitude máis sincera, esperamos corresponder con traballo co fin de axudar a mellorar a calidade de vida de todos nós.

Unha gratitude que queremos facer extensiva a tódalas persoas anónimas que fan posible, a través do compromiso co noso Partido, que se obtivera un amplío respaldo electoral. Gracias pola súa confianza e respaldo; e co noso compromiso de seguir traballando, si podemos con máis forza e dedicación a partir de agora. Estou segura de que non lle vamos a defraudar.

Unha vez máis, pedirlle a maioría de progreso que hai neste pobo, que confíen na nova dirección desta Agrupación, xa que estamos traballando con forza, e entusiasmo para defender os intereses de tódolos veciños e controlar a mala xestión e a ineficacia do actual equipo de goberno local.

Parécenos oportuno dar as gracias a todos e a todas os que facedes posible que este Partido Socialista poda xerar esperanza a unha maioría social progresista deste pobo. Facemos estas declaracións desde a prudencia máis absoluta e ca máxima cautela pero 1.391 persoas que confiaron na Pobra, no Partido Socialista, merecen o noso recoñecemento.

miércoles, 10 de junio de 2009

Sr Alcalde, menos mal que o chaman Morto...que si chega a estar VIVO....

Unha vez máis, onte volveuse a desbordar o río Morto o seu paso pola Pontenaveira. O pasado domingo, antes do peche dos colexios electorais, tivemos que chamar á policía local para dar conta do desbordamento do río no mesmo lugar. Este río nunca deu problemas ata que se canalizaron as augas do polígono e se permitiu modificar a canle augas abaixo, polo que fai embudo e desbordase pola zona máis chan.

O equipo de goberno do PP ten que tomar medidas e buscarlle solucións a este problema, porque a pouco que chova o río desbordase. Produce perxuicios nas casas, e nas fincas que as inunda, provocando o depósito de sedimentos e noutras arrástralle a terra, deixándoas infértiles.


Pedímoslle eficacia ó Sr. Isaac na resolución dos problemas que afectan gravemente ós cidadáns, que se deixe de propagandas inútiles, que non diga que co paseo fluvial xa ten o río saneado. Que o futuro paseo fluvial polo río Morto está bastante máis abaixo que a Pontenaveira, e esa obra millonaria non soluciona o problema dos asolagamentos.

Medidas que permitan que aínda que chova, as persoas podan circular libremente polo estrada, tanto si van en coche como si prefiren ir andando.