Unha vez máis, onte volveuse a desbordar o río Morto o seu paso pola Pontenaveira. O pasado domingo, antes do peche dos colexios electorais, tivemos que chamar á policía local para dar conta do desbordamento do río no mesmo lugar. Este río nunca deu problemas ata que se canalizaron as augas do polígono e se permitiu modificar a canle augas abaixo, polo que fai embudo e desbordase pola zona máis chan.O equipo de goberno do PP ten que tomar medidas e buscarlle solucións a este problema, porque a pouco que chova o río desbordase. Produce perxuicios nas casas, e nas fincas que as inunda, provocando o depósito de sedimentos e noutras arrástralle a terra, deixándoas infértiles.
Pedímoslle eficacia ó Sr. Isaac na resolución dos problemas que afectan gravemente ós cidadáns, que se deixe de propagandas inútiles, que non diga que co paseo fluvial xa ten o río saneado. Que o futuro paseo fluvial polo río Morto está bastante máis abaixo que a Pontenaveira, e esa obra millonaria non soluciona o problema dos asolagamentos.
Medidas que permitan que aínda que chova, as persoas podan circular libremente polo estrada, tanto si van en coche como si prefiren ir andando.


No hay comentarios:
Publicar un comentario