sábado, 26 de noviembre de 2011

SOLICITAR CAMBIO DE TRAZADO DA ESTRADA EP-8001

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o cambio de trazado da estrada EP-8001 entre Catoira e o enlace da autopista do Atlántico (AP-9).

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Diferentes accidentes de tráfico se producen decotío neste tramo dependente da deputación de Pontevedra que conecta a comarca do Barbanza coa autoestrada AP-9 e a zona sur de Galicia.

Este tramo presenta diferentes problemas de seguridade que esixe unha actuación de mellora decidida e urxente para eliminar a súa perigosidade.

Temos coñecemento que a Deputación de Pontevedra vai facer uns arranxos de urxencia pero insuficientes para a fluidez e seguridade das comunicacións entre o Barbanza e o sur da nosa Comunidade Autónoma.

É este un vial de interese prioritario para os particulares e para os transportes comerciais que a empregan, que representan un 15% dos usuarios.

As patronais que integran a Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) veñen demandando dende fai anos actuacións ao respecto. Pola súa banda, as patronais de Arousa Norte mantiveron recentemente unha xuntanza na que acordaron solicitar á Xunta de Galicia (e en apoio desa demanda aos concellos da comarca) para que sexa transferida á Xunta e inclúa a obra entre os seus proxectos de interese prioritario.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO

Instar a que a Xunta de Galicia, (ou ben asumindo esta as competencias), para que en colaboración ca Deputación de Pontevedra, cambien o trazado da estrada EP-8001.

A Pobra do Caramiñal, 02 de novembro de 2011.

martes, 22 de noviembre de 2011

O MANTEMENTO E A CONSERVACIÓN DAS PISTAS DEPORTIVAS NO CONCELLO





O deporte está presente nas máis diversas facetas da vida cotián. Asegurar o desenrolo deportivo dos cidadáns implica necesariamente fomentar a práctica deportiva a través dunha maior oferta e de novos equipamentos deportivos.

O Concello, como entidade sobre a que descansa gran parte de todo o deporte que se realiza na localidade, e que é da súa competencia, ten a obriga e a necesidade de que unha vez construídas as instalacións deportivas encargarse do seu mantemento e conservación. Resaltar a importancia de manter en perfectas condicións todo o patrimonio deportivo para, de esta forma, protexer a inversión pública realizada e prolongar a vida útil de estas o longo dos anos, garantindo unha utilización segura e confortable. O seu alto grado de utilización, estar permanentemente sometidas as inclemencias do tempo, e tamén, aínda que lamentable, o mal uso que con frecuencia se ven sometidas, non exento de vandalismo, fan que requiran un tratamento e unha dedicación constantes, preferentemente preventiva, pero tamén correctivo de reparación e reposición.

É unha constante o abandono que sofren tódalas pistas deportivas do municipio, consecuencia de iso é que moitos mozos deste concello van a practicar deporte ó veciño concello de Boiro.

-As pistas do Castelo teñen dúas canastras cos aros soltos, oxidados, a punto de caer, igual que o resto da estructura e apartadas nunha esquina. Dúas porterías de balonmán ou fútbol que carecen de redes e sen estar ancoradas o chan. A rede perimetral está esnaquizada por todos lados.

-A pista deportiva de Santa Cruz ten unha portería e canastra soldada, que pon en risco a integridade física dos xogadores de baloncesto. Non existe un peche que impida que os balóns vaian fora do recinto.

-A pista do Camiño Ancho ten unha canastra sen aro, dúas porterías sen redes e sen fixación e a rede perimetral dun lado a punto de caer.

-No polideportivo de Venecia, os pais dos deportistas, veñen reclamando desde fai anos fundas acolchadas para protexer a base das canastras, xa que se reduciría o número de lesións.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Que se acondicionen e facilite a practica deportiva nas pistas do Castelo, Santa Cruz, Camiño Ancho e polideportivo de Venecia con canastras regulamentarias e ancoradas ó chan e porterías cas debidas medidas de seguridade ademais de reparar ou repoñer as redes perimetrais das mesmas.

2º- Dotar de fundas acolchadas as bases das canastras no polideportivo de Venecia.

3º.- Difundir e promover actividades en tódalas pistas deportivas do Concello.

jueves, 17 de noviembre de 2011

O PP QUERE DESAPARECER O PLAN CONCERTADO DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS


Criticamos que este ano, o concello da Pobra, percibirá 30.000 euros menos para axuda a domicilio e programas de atención social.

denunciamos que o PP quere facer desaparecer paulatinamente o Plan Concertado para a prestación de Servizos Sociais a través dos concellos.

Mentres a conselleira de Benestar promete que “non haberá recortes e en ningún caso afectarán á asistencia domiciliaria” e mesmo comprometía o pago por adiantado, a realidade é que no ano 2010 este Concello obtivo unha subvención polo Plan Concertado por valor de 99.169,96 e para este ano 2011 se abonarán 69.715,95, notificándose a resolución o día 25 outubro cando o servizo xa está prestado. Si no ano 2010 a axuda a domicilio foi subvencionada por 27.139 euros, este ano 2011 percibiremos unicamente 3.567 euros e 0 euros para programas.

Acusamos ao PP de “deixar de lado, abandonados” a centos de persoas dependentes en “situación tráxica” que precisan da axuda pública e apelou á súa “conciencia” e á “obriga legal, moral, constitucional e estatutaria” para prestar estas axudas.

Lamentamos que a resposta da Xunta teña sido facer desaparecer programas de axuda a persoas con exclusión social, mentres reducen os programas de axuda no fogar.

Sen Plan concertado non poderían existir os servizos públicos sociais que existen na actualidade.

Os recortes que se teñen experimentado, están a asfixiar aos concellos, e, o máis importante, a persoas que precisan deste plan para vivir nunhas mínimas condicións de benestar.

domingo, 23 de octubre de 2011

ISAAC ARRANXA O PROBLEMA DUN AMIGO E A XUNTA SOAMENTE DISPÓN DE 60.000 EUROS PARA O MACROPOLÍGONO

A decisión de ampliar o polígono industrial da Tomada está tomada para legalizar unha instalación industrial construída no seu día en chan rústico de protección forestal e que ten orden de demolición polo Tribunal Supremo (25-noviembre-10), e que agora paradoxicamente, según as alegacións feitas polo empresario no que solicita a exclusión da súa parcela do proceso expropiatorio comprometéndose a participar no proceso de execución do plan e que se lle estima a alegación nos termos que propón, o cal é gravísimo porque esta decisión é unha burla aos cidadáns xa que en vez de o infractor adaptarse ó ordenamento xurídico, se adaptan as leis ó infractor. Inaudito e vergonzoso.

Vulnera a igualdade entre todos os administrados é unha clara discriminación as clases traballadoras. Unha actuación cun custe de 4.388.000 euros, dos que como mínimo 226.000 euros serán de beneficio industrial, non se levaría a cabo para a legalización dunha obra irregular realizada por outro veciño calquera.

Unha edificabilidade de 62.000 m2, dos que 20.000 xa están ocupados polas obras ilegais, non colma as necesidades futuras de chan industrial no pobo.

O custe da ampliación, que se ve beneficiada polas conexións e infraestruturas do actual polígono (accesos, sumidoiros, instalacións eléctricas e de auga), é un 10% máis cara do que custaría o macropolígono que sería un 1.000% máis grande.

-A omisión no planeamento do río de xunqueiras pode provocar a nulidade radical do Plan Parcial así como do PXOM, e algunhas alegacións advirten disto, o que pode supoñer responsabilidades administrativas para o concello graves.

Saneamento das augas residuais e pluviais

As solucións aportadas para o tratamento das augas pluviais e residuais resultan ineficaces e insuficientes, causarán serios problemas aos veciños por onde discorren.

Temos un gran problema co tratamento das augas residuais xa que os vertidos son continuos e permanentes a través da rede de augas pluviais cara o río Morto, aparecendo as augas con tinxes de varios cores.

Hai contaminación atmosférica, non hai máis que acercarse ó polígono para percibir os cheiros nausebundos.

Non se proxecta a construción dunha depuradora que axude a corrixir estes problemas, ó contrario, a ampliación aproveitará os servizos existentes para obter máis rendemento económico, sendo este goberno municipal consentidor e a promotora insensible co coidado ambiental e co sector produtivo dependente do mar.

É previsible o desbordamento e asolagamento dos terreos augas abaixo á Tomada debido o destino das augas pluviais cara o río Morto, procedentes da impermeabilización de 100.000m2. A Pontenaveira agora mesmo ten un serio problema de asolagamentos que se agravará no futuro.

miércoles, 19 de octubre de 2011

UNS POUCOS PROVEDORES DO CONCELLO COBRARÁN, O RESTO EN LISTA DE ESPERA

O Real Decreto ó que se acolleu o goberno de Isaac Maceiras, de data do 1 de xullo, é unha medida extraordinaria e urxente como a do ano 2009, que se facilitaba as Entidades Locais o saneamento de débedas pendentes de pago con empresas e autónomos. Esta norma ofrecía a oportunidade de concertar operacións de endebedamento para financiar remanente de tesourería negativos e obrigacións vencidas.

Como a difícil situación económica se mantén e persisten as dificultades do acceso ó crédito se adoptan con este Real Decreto novamente medidas urxentes e de carácter extraordinario para que as Entidades locais podan cumprir cas obrigacións das empresas e autónomos que contratan.

En xullo do ano 2009 convocouse e desconvocouse un pleno para acollerse ó R/D 5/2009 e pedir un crédito por 1 millón de euros para facer fronte as débedas cos provedores. Deron marcha atrás porque según dicían daquela “iso nun concello pequeno, hipoteca o futuro”. Naquel momento os técnicos disque lle dixeran que acollerse ó decreto era sinónimo de “ter que subir impostos” e que “o concello quedaba hipotecado”. Dicían que o cambio de idea era porque optaban a outro tipo de operación para pagar débedas.

Declaraban entonces que cando se dera conta da liquidación do ano 2008 poñerían en marcha un plan de saneamento financieiro para os próximos 3 anos do que nunca nada se supo.

Alardeaban de que o máis fácil sería optar por ese decreto, “pero con iso hipotecamos o concello” dicían.

Todo isto chámase coherencia, “donde dije digo ahora digo diego”. No ano 2009 descartaban a opción de acollerse ó R/D por ter 6 anos de vixencia e que o concello quedaría hipotecado si o remanente de tesourería fose negativo.

Pois ben cúmprense as mesmas premisas, o remanente de tesourería de 2008 é: -1.714.000 euros; 2009: -2.024.000 euros: 2010 -2.009.000 euros e si a liquidación do ano 2011 presenta un remanente de tesourería negativo, (como parece ser salvo que este concello xogue a lotería e lle toque), tampouco poden hipotecarse durante os anos que dura o crédito (2012, 2013, 2014).

Isto chámase falta de rigor e de coherencia cas contas. Perdemos dous anos e case 700.000 euros que podían estar solucionándolle a vida a moitas destas pequenas empresas. Agora solo lle permiten endebedarse por 321.000 euros , se hipotecan por case 318.000, e no 2009 podían solicitar ata 1 millón de euros.

Os que realmente están financiando a este concello son eses autónomos que resisten facturas sen pagar desde o ano 2004, 2006, 2007, 2009, 2010 e 2011. O noso recoñecemento a estes heroes por soportar tanto tempo sen pechar a porta dos seus negocios e ser eles os que realmente sofren a crise porque a Administración non os ten en consideración e opta por outras prioridades.

Coherencia e rigor é o que pedimos.