sábado, 26 de noviembre de 2011

SOLICITAR CAMBIO DE TRAZADO DA ESTRADA EP-8001

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o cambio de trazado da estrada EP-8001 entre Catoira e o enlace da autopista do Atlántico (AP-9).

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Diferentes accidentes de tráfico se producen decotío neste tramo dependente da deputación de Pontevedra que conecta a comarca do Barbanza coa autoestrada AP-9 e a zona sur de Galicia.

Este tramo presenta diferentes problemas de seguridade que esixe unha actuación de mellora decidida e urxente para eliminar a súa perigosidade.

Temos coñecemento que a Deputación de Pontevedra vai facer uns arranxos de urxencia pero insuficientes para a fluidez e seguridade das comunicacións entre o Barbanza e o sur da nosa Comunidade Autónoma.

É este un vial de interese prioritario para os particulares e para os transportes comerciais que a empregan, que representan un 15% dos usuarios.

As patronais que integran a Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) veñen demandando dende fai anos actuacións ao respecto. Pola súa banda, as patronais de Arousa Norte mantiveron recentemente unha xuntanza na que acordaron solicitar á Xunta de Galicia (e en apoio desa demanda aos concellos da comarca) para que sexa transferida á Xunta e inclúa a obra entre os seus proxectos de interese prioritario.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción do seguinte

ACORDO

Instar a que a Xunta de Galicia, (ou ben asumindo esta as competencias), para que en colaboración ca Deputación de Pontevedra, cambien o trazado da estrada EP-8001.

A Pobra do Caramiñal, 02 de novembro de 2011.

No hay comentarios: