jueves, 8 de abril de 2010

O QUE DEBÉDES DE SABER SOBRE O PLAN DE ORDDENACIÓN DO LITORAL.


O día 11 de marzo presentamos a través do rexistro unha solicitude ao alcalde solicitando unha reunión informativa co fin de analizar en profundidade e clarificar os niveis de afección do novo Plan de Ordenación do Litoral.

O Concello da Pobra do Caramiñal, como os demais concellos costeiros de Galicia, recibiron a primeiros de febreiro o avance previo e o documento inicial do Plan de Ordenación do Litoral.

Pasaron dous meses e o escurantismo entorno as afeccións do Plan de Litoral e o único que fomenta o Sr. Isaac, dado que está promovido pola actual Xunta de Galicia, gobernada polo PP.

Ante esta opacidade e co fin de informar aos veciños da Pobra das gravísimas afeccións, encargamos a un estudio técnico os planos da Ordenación do Litoral incluíndo a superposición dos planos do noso PXOM.

A magnitude das afeccións son de incalculable perda económica para as familias do pobo. En primeiro lugar quedamos asombrados ca cantidade de territorio que abarca a mellora ambiental e paisaxística, na que soamente se permite:

· Obras de rehabilitación e cambio de uso residencial, agrícola, gandeiro, forestal e outros análogos,...

· Instalacións e construccións que sexan necesarias para as explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e outras análogas, ....

· Construccións necesarias para as explotacións de acuicultura e marisqueo.

· Actividades de caracter deportivo, sociocultural, recreativo e de baño, que se desenrolen o aire libre, con obras mínimas e imprescindibles para o uso de que se trate.

· Poderanse localizar espacios libres que pola súa natureza sexan compatibles ca natureza do paisaxe.

· Construccións e instalacións como: cementerios, escolas agrarias, centros de investigación e educación ambiental, entre outros.

· Construccións e rehabilitacións destinadas o turismo no medio rural.

Temos catalogado como mellora ambiental e paisaxística, case toda a parroquia do Maño, desde o marxe dereito da estrada AC-305 en dirección Ribeira-Pobra, empezando en Caíños, Cercias, todo o Campiño, Devesa, Bandaseca, o Castro, Ponte de San Antonio, Vilariño, Pedriñas, Arzobispo, Outeiro, Laxe, Costa, Garita, Áreos, ...todo o territorio que abarca desde o marxe dereito da estrada comarcal ata a praia da Lombiña.

Ca mesma catalogación está parte da Angustia e afecta principalmente a Crocha de Levante e Inferniño.

Estes lugares perden a clasificación de area de ampliación de núcleo rural, é dicir onde se podía edificar en 600 metros, co Plan de ordenación do Litoral, pérdena. Nestes lugares se extingue a posibilidade de edificar novas casas, soamente queda permitido dentro dos núcleos rurais. As persoas que teñan a súa vivenda situada na área de expansión de núcleo soamente lle van a permitir rehabilitala, sen tan sequera poder modificar o volume do inmoble se o precisara no futuro.

Hai outra nova catalogación denominada protección de corredor que ten as mesmas limitacións que a anterior, tamén se perde a área de expansión de núcleo e quedan prohibidos tódolos usos, excepto os suxeitos a explotacións agrarias.

Esta protección de corredor está vinculada aos espacios por onde pasan os ríos, ou zonas como vaguadas que cualifican de interese paisaxístico, aínda que estean emprazadas dentro da zona de ordenación.

Lugares que quedan dentro desta calificación aínda que non perdan na totalidade a clasificación de expansión de núcleo, entre outros están:

Rosamonde, Tarrío, A Granxa, Paio, Colo de Arca, Lesón, Gonderande, Rego, Cortizo, Baiuca, Devesa, Banda o Río, A Canisa, San Isidro, Crocha de Poniente, ...

A protección de corredor afecta gravemente a un polígono en San Roque que estaba clasificado como chan urbanizable delimitado.

Estamos perplexos ca actitude do Sr. Isaac, acusándonos de estar mal informados sobre as afeccións do Plan do Litoral no noso concello. Pese a que toda a península do Maño, é dicir, a maior parte desta parroquia está afectada pola denominada mellora ambiental e paisaxística, e que outros moitos lugares están afectados igualmente polo denominado protección de corredor, o noso alcalde permanece en silencio, negando as evidencias, e sen facer nada polas persoas as cales afecta este Pol.

Nós non mentimos aos veciños, nos asesoramos e lemos a normativa que a propia Xunta dispón ó efecto.

Nestes intres estamos na fase de audiencia cos concellos, para definir os usos e os desenvolvementos e a ordenación da costa de cada concello. Tras o período de audiencia, está previsto aprobar o plan de xeito inicial no mes de maio. As previsións da Xunta son que a aprobación definitiva sexa unha realidade en decembro de 2010.

É evidente que hai superficie do Concello de Pobra do Caramiñal que se encontra dentro do ámbito de xestión do Plan de Ordenación do Litoral, polo tanto es esa superficie será de aplicación o art. 3 da normativa do POL que di o seguinte:

Hasta que o planeamento urbanístico se adapte ó presente plan quedarán excluídos da súa aplicación os chans clasificados a súa entrada en vigor como urbanos consolidados, núcleos rurais ou aqueles que conten con instrumento de desenrolo e de xestión aprobado definitivamente

Ó resto do chan aplicaráselle directamente.

O Alcalde, como máximo responsable do concello debería ler minimamente a normativa, o art. 6.1 di “As determinacións do Pol prevalecerán sobre as establecidas no planeamento municipal”. Quere dicir que si non defende aos veciños teremos que adaptar o PXOM ao POL nas condicións que a Xunta ten a exposición.

Dadas as circunstancias de negación absoluta da realidade sería un momento excepcional para solicitar un Pleno extraordinario para que quedara constancia da ineficacia e desinterese deste equipo de goberno polos seus veciños, os socialistas non temos os concelleiros necesarios para poder solicitalo. Fan falta Sentimos que esta opción non sexa posible.