miércoles, 2 de marzo de 2011

SOS, PELIGRO NAS OBRAS PÚBLICAS DA POBRA

No colexio Fernández Varela estanse a realizar unhas obras de reparación do tellado. Obras demandadas pola comunidade educativa durante moitos anos e cas que estamos de acordo que se executen.

Numerosos pais nos trasladaron a preocupación que teñen de que se poda producir algún accidente pois non existen medidas de seguridade nin individuais nin colectivas. A este colexio de Educación Primaria acuden nenos/as de entre 3 e 6 anos polo que as medidas de protección deben ser rigorosas. Entendemos que a mellor época para facer estas obras son en períodos vacacionais ou polas tardes cando non hai ningunha actividade nese centro.

Non hai ningunha rede de protección, tanto para evitar caídas en alturas dos traballadores como para evitar que caía o chan algún cascote e poida lesionar aos rapaces, profesores ou calquera viandante.

Entendemos que a obra pública debe ser exemplarizante, non se lle pode exixir aos particulares que cumpran ca Lei de Riscos Laborais (Lei 31/1995) e as Administracións obviala. Tamén observamos que os traballadores non teñen ningunha suxeición, tipo arnés para amortiguar o golpe si se producira.

Segundo o Real Decreto 127/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, no anexo IV, parte C.3.b) di: “Os traballos en altura soamente poderán efectuarse en principio coa axuda de equipos concibidos para tal fin ou utilizando dispositivos de protección colectiva, tales como barandillas, plataformas ou redes de seguridade. Se pola natureza do traballo iso non fora posible deberá dispoñerse de medios de acceso seguros e utilizarse cintos de seguridade con anclaxe”.

Desde calquera administración se debe evitar os accidentes laborais pero parece que cas presas das eleccións os riscos xa non lle importan ó Sr. Maceiras.

martes, 1 de marzo de 2011

A DEPURADORA SOLTA AUGAS MARRÓNS A RÍA

Os socialistas da Pobra non paramos de asombrarnos cas falacias cas que pretende enganar o Sr. Maceiras á opinión pública en xeral. Recoñecer que as augas do emisario da depuradora son de cor marrón, e quedarse tan tranquilo, nos parece dunha enorme irresponsabilidade ou dunha manipulación extraordinaria. Agora resulta que unha fuga na tubaxe que leva a auga teoricamente “depurada” a Ría descubrimos que non é transparente. ¿Desde hai canto tempo está ocorrendo isto? O resultado é que a EDAR da Pobra depurar non depura a xulgar polas evidencias.

Meses atrás as Xuventudes Socialistas da Pobra denunciaban que o funcionamento da edar non era o correcto. Os cheiros que desprende son un claro sinal do mal funcionamento de esta. Aínda que está pensada para uns 30.000 habitantes está mal concibida pois un dos tratamentos mais importantes non está presente, trátase da decantación primaria.

Un auga depurada cos seus correspondentes pasos pola EDAR, nunca pode saír doutro cor que non sexa o da auga, é dicir incolora. Todo fai indicar que unha vez que a auga sae do tratamento biolóxico, non é tratada con tratamento de cloro para eliminar as bacterias do anterior tratamento nin algúns residuos que levan as augas residuais como patóxenos, sales disoltas ou afino.

Un auga marrón, aínda que o Sr. Alcalde diga que non é un vertido, é un auga que o saír contaminada ten efectos nocivos sobre todo na riqueza marisqueira, acuicultura e pesca.

Por outra banda sorpréndenos que se declare como algo normal que sigan chegando as augas do polígono industrial a unha EDAR deseñada exclusivamente para depurar augas residuais urbanas. Non nos cansaremos de repetir que estas augas ó ser moito más ricas en determinados nutrientes, e que existen distintos procesos de elaboración, polo tanto se xeran distintos produtos de desfeito, cuestión pola cal non se poden tratar nin mezclar na mesma depuradora.

Esta edar, esta deseñada para eliminar a auga residual dos veciños, non das industrias sen pre depuración. Parecerá que isto é unha nimiedade pero a realidade é que os vertidos e desfeitos que verten as empresas non son nin o mesmo nin na mesma cantidade que os usos domésticos.

Por todo isto esiximos que dunha vez por todas se acondicione a EDAR con todos os procesos dunha planta depuradora que cumpra ca súa función, con unha instalación de decantamento primario e que se lle esixa as empresas radicadas na Pobra unha pre depuración das augas xa que o medio ambiente non entende de aforrar e se está a prexudicar economicamente ó sector marisqueiro e pesqueiro.