miércoles, 2 de marzo de 2011

SOS, PELIGRO NAS OBRAS PÚBLICAS DA POBRA

No colexio Fernández Varela estanse a realizar unhas obras de reparación do tellado. Obras demandadas pola comunidade educativa durante moitos anos e cas que estamos de acordo que se executen.

Numerosos pais nos trasladaron a preocupación que teñen de que se poda producir algún accidente pois non existen medidas de seguridade nin individuais nin colectivas. A este colexio de Educación Primaria acuden nenos/as de entre 3 e 6 anos polo que as medidas de protección deben ser rigorosas. Entendemos que a mellor época para facer estas obras son en períodos vacacionais ou polas tardes cando non hai ningunha actividade nese centro.

Non hai ningunha rede de protección, tanto para evitar caídas en alturas dos traballadores como para evitar que caía o chan algún cascote e poida lesionar aos rapaces, profesores ou calquera viandante.

Entendemos que a obra pública debe ser exemplarizante, non se lle pode exixir aos particulares que cumpran ca Lei de Riscos Laborais (Lei 31/1995) e as Administracións obviala. Tamén observamos que os traballadores non teñen ningunha suxeición, tipo arnés para amortiguar o golpe si se producira.

Segundo o Real Decreto 127/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, no anexo IV, parte C.3.b) di: “Os traballos en altura soamente poderán efectuarse en principio coa axuda de equipos concibidos para tal fin ou utilizando dispositivos de protección colectiva, tales como barandillas, plataformas ou redes de seguridade. Se pola natureza do traballo iso non fora posible deberá dispoñerse de medios de acceso seguros e utilizarse cintos de seguridade con anclaxe”.

Desde calquera administración se debe evitar os accidentes laborais pero parece que cas presas das eleccións os riscos xa non lle importan ó Sr. Maceiras.

No hay comentarios: