sábado, 16 de enero de 2016

¿Con esta bagaxe pode seguir dicindo Nos Pobra que son de esquerdas?

Durante anos fomos testemuñas do acoso permanente no que vivía o persoal de policías municipais do Concello. Durante anos vimos como Maceiras xudicializou as relacións laborais con estes funcionarios evitando, en todo momento, o diálogo e a negociación, buscando impoñer as súas políticas laborais por medio sentenzas xudiciais, e que agora ten continuidade co Goberno de Nos Pobra que anunciou o recurso contra un axente da policía municipal nun xuízo por unha débeda salarial....


Tras as eleccións creimos que este tipo de actitudes desaparecerían xa que un novo goberno de esquerdas cambiaría as formas de facer e de vivir a política municipal. Pero a falta de diálogo, os intentos de imposición dunha determinada forma de facer política, quitounos a venda dos ollos. É evidente a traizón manifesta aos desexos dos pobrenses, expresados nas votacións das últimas eleccións municipais, que deron maioritariamente o seu apoio á esquerda. 


Na actualidade, o goberno minoritario de Nos Pobra está a demostrarnos a súa falta de acción xa que a súa incapacidade de interlocución está a verse trasladada ás relacións coas Administracións provinciais e autonómicas traducíndose isto nunha falta de investimentos. A isto hai que sumar a súa falta de atención ao traballo esquecéndose de temas tan importantes como a tramitación da Bandeira Azul de Cabío tal e como recoñeceu Xosé Lois Piñeiro nas súas declaración "Chegou a data, non se moveu ou tema e decidiuse non solicitalas..." (Voz de Galicia 13/01/16).


Agora tentarán xustificar o tema dicindo ou poñendo desculpas pero seguimos vendo que o seu sinal é a improvisación, a desculpa e a falta de efectividade. Asumen unilateralmente decisións que debesen estar sustentadas por unha maioría cualificada e non soamente polos catro concelleiros que forman este goberno.


No sua deriva ideolóxica suman agora mais dislates que nos aclaran a súa falta de criterio político ao seguir as políticas herdadas do Goberno de Isaac Maceiras. Primeiro ao recorrer a sentenza dun contencioso presentado por un axente da policía municipal que reclama uns salarios, ao non reclamar ás empresas que fixeron unha vertedura a multa que agora debe de pagar o Concello e ao incumprir as súas promesas de aforro xa que coa dedicación exclusiva de Miguel Alamancos póñense case nos mesmos niveis que o anterior goberno do PP.


Por último, preguntamonos ¿con esta bagaxe poden seguir dicindo que son de esquerdas?