miércoles, 2 de septiembre de 2009

A DEIXADEZ DE MACEIRAS Á VISTA.


TVSB. Solicitamos o arranxo urxente do acceso a escola infantil de Monte Carmelo e o camiño de O Couto que une a igrexa do Dean e o cemiterio.

Teresa García presentou unha moción na que insta ao executivo local a arranxar a pista do Campo da Feira e camiño de O Couto, ámbolos dous viais moi utilizados por peóns e vehículos porque dan acceso a escola infantil Monte Carmelo e conectan a igrexa do Dean co cemiterio municipal

Os socialistas de A Pobra denunciamos que o acceso a gardería Monte Carmelo presenta un aspecto lamentable, cun camiño cheo de fochancas e pedras soltas de gran tamaño. O goberno de Maceiras debería arranxar con urxencia o vial dado que o curso escolar está a piques de iniciarse. Na moción tamén solicitamos o asfaltado do coñecido como camiño do Couto, que conecta a igrexa do Dean co cemiterio municipal.

Pedimos tamén a reparación da fonte do Castelo para que non continúe rebordando a auga.

O abandono destes camiños e da fonte son tan só unha mostra máis da falta de coidado e da deixadez que vén caracterizando ao executivo municipal do Sr Isaac nestes últimos anos. que se dedica a primar as actuacións no casco urbán, malia non ser prioritarias, fronte as necesidades do rural.

Teresa García puxo como exemplo o acondicionamento dos xardíns Valle-Inclán, nos que se investirán preto de cento trinta mil euros ( case 30 millóns de pesetas).

No hay comentarios: