Parece que o señor Isaac Ventura gusta de aires fríos e marmóreos. Xa sabíamos da súa afección polas mortallas, misas de réquiem e outros eventos relacionados co culto aos mortos. Por iso, en armonía e concordancia coa Conselleira de Sanidade, tivo a espeluznante e macabra idea de anunciar a creación dun centro de saúde novo a carón do cemiterio parroquial de Sta. María a Antiga do Caramiñal.
Pero hai un problemiña, nada, de pouca monta... cousas legais das que o señor Isaac Ventura non se decata como cabria esperar. E a nosa voceira, Teresa García o facía público onte nos medios de comunicación:
A ubicación proposta correspóndese coa zona verde do polígono 9, polo tanto, dito polígono carecería de zonas verdes no futuro, cando se procedese a construción da citada parcela, principios estes contrarios o proposto no Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa que ó obrar desta maneira estarían limitando as zonas do ocio municipais. É dicir, fixeron un PXOM e non deixaron previstos espazos para dotacións públicas, e agora vense na obriga de facer convenios precipitados, ter que volver a modificar o Plan Xeral para poder edificar no lugar que corresponde a unha zona verde. Eles modifican cada vez que lles peta o PXOM, e ¿Por qué non fan o mesmo polos particulares que o precisan?
A información da que dispón este Grupo Municipal consiste en que para as construcións sitas a carón dun cemiterio establecerase como zona de protección unha franxa de
O regulamento de policía sanitaria mortuoria, no artigo 47 sobre zona de protección di: “en torno o chan dedicado á construción dun novo cemiterio establecerase como zona de protección unha franxa de
Dado que o señor Isaac Ventura négase a dialogar cos grupos municipais, os socialistas da Pobra, a través da súa voceira, remitímoslle unha carta á Conselleira de Sanidade co fin de que informe da idoneidade de dito emprazamento. Tendo en conta que existen dúbidas razoables de que a ubicación proposta para Centro de Saúde cumpra os criterios legais pertinentes e incluso os mínimos preceptos de saúde pública e de seguridade e hixiene, que non ofrece garantías de salubridade, que se están creando falsas expectativas, que é necesario un informe da inspección de saúde pública, informe xeotécnico cas características do terreo, e que é un problema de interese xeral, dedúcese que o único no que pensa o PP deste concello e en facer novas propostas, (viables ou non), ca mirada posta directamente nas vindeiras eleccións municipais.
O PSdeG da Pobra seguirá informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario