miércoles, 22 de julio de 2009

INICIATIVA DE LAGE NO PARLAMENTO CONTRA OS VERTIDOS

O deputado socialista José Manuel Lage ven de presentar unha iniciativa parlamentaria na que solicita á Xunta que «deseñe un plan de control e erradicación de vertidos do concello de A Pobra» co propósito de «afrontar dun xeito decidido un mal endémico que se vén padecendo dende fai moitos anos».
A proposta se fundamenta, según Lage, nas denuncias dos vecinos e do PSdeG pobrense que afirma que «os vertidos non son unha cuestión puntual, senón que se teñen detectado todo tipo de produtos químicos que incluso queiman as colleitas».

O parlamentario referiuse ás denuncias sobre vertidos procedentes de A Tomada e tamén da Baiuca que, " teñen contado co amparo do Valedor do Pobo, pero que seguen sen ter solución". Ó mesmo tempo, Lage Tuñas incidiu nas queixas dos veciños afectados polos cheiros que se produce na zona do río Morto.


"Existe unha falta de conciencia absoluta por parte das autoridades ao non ter en conta o dano irreparable que se lle causa ao medio ambiente, ademais dos prexuízos económicos que pode ter para os mariscadores", xa que indicou que a contaminación afecta ós cauces fluviales e á ría


Teresa García
tamén sinalou que, a raíz dunha denuncia sobre as emisions en A Tomada presentada por seu partido, a fiscalía de Medio Ambiente decidiu abrir unha investigación.

Esta noticia foi publicada onte no diario La Voz de Galicia.

No hay comentarios: